DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 16 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador de residuos CO-RES-2004-0068.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non poder realizar a súa notificación.

Considérase aos denunciados responsables solidarios da infracción imputada ao abeiro do disposto no artigo 32.2º b) da Lei 10/1998, do 20 de abril, de residuos segundo o que existirá tal responsabilidade cando sexan varios os responsables e non sexa posible determinar o grao de participación de cada un na comisión da infracción.

Noméase instrutora do procedemento a Ana Mª Casas González e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, que poderán ser obxecto de recusación segundo o disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

A resolución será acordada pola delegada provincial de Medio Ambiente na Coruña, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos, en relación co artigo 45.2º a) da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, co Real decreto 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza e co Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de proba, estime convenientes para a defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de inciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos o importe da sanción en 300 A de multa.

Ao abeiro do disposto no artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña exclusivamente carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, porá fin ao expediente.

O prazo máximo para ditar resolución neste expediente é de seis meses a partir da data do acordo de incoación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non ditarse resolución no devandito prazo e, ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 16 de novembro de 2004.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2004-0068.

Denunciado: José Regueiro López.

CIF: 76346829-P.

Último enderezo coñecido: Castenda, 15683 Tordoia.

Feitos denunciados: eliminación incontrolada de residuos mediante queima.

Tipificación: Lei 10/1998, de residuos, artigo 34.4º c) en relación co 34.3º b).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 300 A de multa.