DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 16 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador de animais potencialmente perigosos CO-APP-2004-0052.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico de tenza de animais potencialmente perigosos (BOE nº 307, do 24 de decembro), por non ser posible a súa notificación.

Ademais, non constando na denuncia a circunstancia de se ten vostede identificado o can con microchip obrigatorio, deberá vostede acreditar a identificación no prazo de quince días desde o seguinte ao de recepción desta comunicación. Noutro caso, será incluída neste procedemento sancionador a infracción prevista no artigo 13.2º b) e c) da Lei 50/1999 como grave con sanción entre 300 euros ata 2.404 euros de multa.

Noméase instrutora do procedemento a Mª Jesús Budiño Rodríguez e secretaria a Ofelia Rivas Vázquez, funcionarias desta delegación, podendo promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Conservación da Natureza, segundo o artigo 20.3º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos, en relación co artigo 13.7º da Lei 50/1999, en virtude do Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e segundo a Orde do 16 de xullo de 2003 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias

en materia sancionadora nos directores xerais da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 150, do 5 de agosto).

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para achegar, por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción en 2.405 euros de multa.

Ao amparo do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución poñerá fin ao expediente.

O prazo máximo para ditar resolución nos presentes expedientes é de seis meses a partir da data do acordo de iniciación, o que lle notifico de acordo co artigo 42 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De non ditarse resolución no devandito prazo e, ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 16 de novembro de 2004.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-APP-2004-0052.

Denunciado: David José Núñez Vázquez.

CIF: 47364870-G.

Último enderezo coñecido: Ronda de Nelle, 12-2º B, 15005, A Coruña.

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso sen licenza. Ter un can potencialmente perigoso en lugar público, sen buceira e sen cadea.

Tipificación: Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico de tenza de animais potencialmente perigosos, artigo 13.1º b) e 13.2º d).

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 2.405 euros de multa.