DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador de incendios CO-INC-2004-0118.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, por non poder realizar a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Ana María Casas González e secretaria a Ofelia Rivas Vázquez, funcionarias desta delegación, podendo promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Industrias Forestais, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza e Orde do 16 de xullo de 2003 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 150, do 5 de agosto).

O interesado diporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións e propostas de proba coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estos efectes o importe da sanción en 600 euros de multa.

O prazo máximo para ditar resolución no presente expediente é de seis meses a partir da data do acordo de incoación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non ditarse resolución no devandito prazo e ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 10 de novembro de 2004.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-INC-2004-0118.

Denunciado: Joaquín Romero Villaverde.

Último enderezo coñecido: Boel-Outes (A Coruña).

Feitos denunciados: facer unha queima en terreo agrícola en época prohibida, e sen gardar as debidas precaucións (de noite e con néboa).

Tipificación: Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, artigo 67.d) en relación cos artigos 3 e 5.4º da Resolución do 13-1-2004, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2004.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 600 euros de multa.