DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 9 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as propostas de resolución formuladas pola instrutora, dos procedementos sancionadores de pesca CO-PES-2004-0057 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publicar as propostas de resolución dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), desenvolvida polo regulamento aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, (DOG nº 106, do 4 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Múltiples -Monelos- da Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con todos os documentos que constan nos expedientes, remitiranse á delegada provincial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 9 de novembro de 2004.

Ana Mª Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-PES-2004-0057.

Denunciado: José Manuel Rivas Rey.

CIF: 32820787-V.

Último enderezo coñecido: Lugar de Fontela, 22, Pravio-Cambre (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar nun tramo acoutado sen permiso nin licenza e non devolver ás augas unha troita de tamaño inferior ao regulamentario.

Tipificación: Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, artigos 34.10º, 34.1º e 33.9º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 301 euros de multa e inhabilitación dun ano.

Expediente: CO-PES-2004-0063.

Denunciado: Saúl García Mata.

CIF: 44822399-E.

Último enderezo coñecido: Rúa Lisboa, 3-3º B, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: pescar nun couto sen estar en posesión do permiso regulamentario.

Tipificación: Lei 7/1992, de pesca fluvial Galicia, artigo 34.10º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 301 euros de multa e inhabilitación dun ano.