DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 9 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios forestais CO-INC-2004-0053 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publicar as propostas de resolución dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes (BOE nº 280, do 22 de novembro), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estime pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Múltiples -Monelos- da Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con todos os documentos que constan no expediente, remitiránselle ao director xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente e á delegada provincial da Coruña, respectivamente, para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 9 de novembro de 2004.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-INC-2004-0053.

Denunciado: Victorio Fernández Fernández.

CIF: 32561334-G.

Último enderezo coñecido: estrada da Palma, 19-Barallobre-Fene.

Feitos denunciados: realizar unha queima de restrollos sen gardar as debidas precaucións en relación con ela (non había persoal suficiente e había vento), incumprindo, polo tanto, as disposicións que regulan o uso do lume ditadas en materia de prevención e extinción de incendios forestais.

Tipificación: Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, artigo 67.e) e cos artigos 5.4º c) e 5.4º e) da Resolución do 13-1-2004, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2004.

Cualificacion: leve.

Sanción proposta: 350 euros de multa.

Expediente: CO-INC-2004-0096.

Denunciado: José Iglesias Fernández.

CIF: 32543277-W.

Último enderezo coñecido: Lugar da Barbeita-Callobre-Miño.

Feitos denunciados: realizar unha queima sen gardar as debidas precaucións (non tiña feita devasa).

Tipificación: Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, artigo 67.e) e cos artigos 68.3º a) e co artigo 5.4º b).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 200 euros de multa.