DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 9 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador de animais domésticos e salvaxes en catividade CO-PAD-2004-0017.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Múltiples-Monelos da Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con todos os documentos que constan nos expedientes, remitíranse ao alcalde do Concello de Ferrol para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 9 de novembro de 2004.

Ana Mª Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-PAD-2004-0017.

Denunciado: Manuel Landeira Serantes.

Último enderezo coñecido: Loureiro, 33, Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: non adoptar as medidas necesarias para impedir que un can da súa propiedade faga perigosa a circulación, ao deambular pola N-561.

Tipificación: Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, artigo 20 m) en relación co artigo 7 e 25 do seu Regulamento.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 30,05 A de multa.