DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-INC-2004-148 e catro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 43/2003, 21 de novembro, de montes, e do Regulamento sobre incendios forestais.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servizo Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47-5ª planta (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 18 de novembro de 2004.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Precepto infrinxido-Precepto sancionador-Sanción

PO-INC-2004-148Benito Piñeiro Padín

Trigal-Donón-O Hío, nº 40

Cangas

Realizar unha fogueira sen autorización preto de masa forestal.Artigo 67 d) da Lei de montes Artigo 74 da Lei de montes 100 euros

PO-INC-2004-175José Julio Couto Costoya

Taboada, 18

36453 Silleda

Abandono dun vehículo próximo a masa forestal.Artigo 67 n) da Lei de montes Artigo 74 da Lei de montes 300 euros

PO-INC-2004-191Francisco Javier Janza Martínez

Rodrigo de Mendoza, 8-1º D

36600 Vilagarcía de Arousa

Abandono dun vehículo próximo a maleza.Artigo 67 n) da Lei de montes Artigo 74 da Lei de montes 300 euros

PO-INC-2004-198Domingo Rodríguez Bouzo

Barrio da Costa-Casteláns

36876 Covelo

Abandono dun vehículo en masa forestal.Artigo 67 n) da Lei de montes Artigo 74 da Lei de montes 300 euros

PO-INC-2004-222Juan Luis Rodríguez Rivas

Cardenal Cisneros, 16-2º B

28010 Madrid

Queima agrícola sen autorización.Artigo 67 d) da Lei de montes Artigo 74 da Lei de montes 100 euros