DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo de subministracións para a adquisición de embarcacións de vela lixeira para levar a cabo unha campaña de promoción da vela en toda a comunidade autónoma.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 10 de decembro de 2004, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 85/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de embarcacións de vela lixeira para levar a cabo unha campaña de promoción da vela en toda a comunidade autónoma.

b) Lugar da entrega da subministración: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: quince (15) días, antes do 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos dezanove mil douscentos corenta euros, IVE incluído (219.240 A).

Lote I: 107.880 A.

Lote II: 111.360 A.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 35.1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación: oito mil setecentos sesenta e nove euros con sesenta céntimos (8.769,60 A).

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Infraestruturas Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26, fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na internet (www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=4734).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo (8) día natural posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación:

No rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou

poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prezo e co prazo de garantía da subministración.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Dirección Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: Estadio Multiúsos San Lázaro.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio.

Este anuncio e, de ser o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 2-8-2004)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Xuventude, Deporte e Voluntariado