DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2004 pola que se anuncia contratación, por concurso público, sistema aberto, procedemento urxente e tramitación anticipada de gastos, da asistencia para o despregamento da rede DVB-T autonómica, planificación do desenvolvemento de diferentes servizos da Autoestrada Galega da Información, Rede Oficial de Comunicacións e Rede de Difusión Autonómica.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia para o despregamento da rede DVB-T autonómica, planificación do desenvolvemento de diferentes servizos da Autoestrada Galega da Información, Rede Oficial de Comunicacións e Rede de Difusión Autonómica.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse de mutuo acordo entre as partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Cincuenta e seis mil oitocentos euros (56.800), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisoria: está dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas delegacións provinciais correspondentes, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratos do Estado. Neste último caso, deberá envirase copia da imposición en correos por fax (981 54 48 02) antes das 14.00 horas da data límite de presentación de proposicións.

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: a solvencia económica e financeira poderá xustificarse por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do TRLCAP (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño). A solvencia técnica ou profesional acreditarase mediante os seguintes medios:

a) As titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

b) A relación dos principias servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e os beneficiarios públicos ou privados destes.

c) O persoal adscrito ao proxecto deberá estar composto por un enxeñeiro superior de telecomunicacións dado de alta no colexio oficial correspondente con coñecementos acreditados na planificación, realización de proxectos e dirección técnica en implantación de redes DVB-T, na planificación e realización de proxectos e dirección técnica na implantación de redes DAB, na planificación, realización de proxectos e dirección técnica na implantación de redes de radiodifusión de televisión, planificación, realización de proxectos e dirección técnica na implantación de redes de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na planificación, realización de proxectos e dirección técnica na implantación de redes ATM, SDH, PDH, Ethernet, WIFI, WDM, enlaces unidireccionais estudo-emisora, enlaces ENG e na planificación, realización de proxectos e dirección técnica en redes MPT1327.

8. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará ao dispor dos licitadores, para o seu exame, durante

o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=4722

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Data e hora: a partir das 12.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato. O importe derivado dos gastos de publicidade non superará a cantidade de 1.200 A.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo