A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense desta consellería.
b) Prazo de execución: doce (12) meses, desde febreiro de 2005 ata xaneiro de 2006, con posibilidade de prórroga por outro ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: urxente con expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: noventa e tres mil cento vinte euros (93.120 A), IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras e Contratación (teléfono: 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, e solicitarse no teléfono: 981 58 89 38.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4691.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica: informe emitido por institución financeira.
Solvencia técnica: relación dos principais servizos ou traballos realizados durante os últimos tres anos.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a exixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9.00 a 14.00 horas. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.
b) Data e hora: a partir das 11.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo