DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/206-2, 6332 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en travesía Miguel Oliva Soto.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe na L.M.T.A. a C.T. mercado gandeiro, e final no C.T. proxectado en trav. Miguel Oliva Soto, cunha lonxitude de 688 m.

-C.T. prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de decembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO