DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/81-2, 6210 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en estrada de Meira-Cospeito.

Situación: Cospeito.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a C.T. estrada de Meira con orixe na L.M.T. Vilalba-Meira e final no C.T. de estrada de Meira cunha lonxitude de 200 m. C.T. de estrada de Meira en caseta prefabricada cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/420-230 V. R.B.T., conexión R.B.T. existente do C.T. de estrada de Meira, con orixe no C.T. estrada de Meira e final en estrada de Meira, e unha lonxitude de 130 m. R.B.T. do C.T. de estrada de Cospeito, con orixe no C.T. estrada de Cospeito e final en estrada de Cospeito, cunha lonxitude de 850 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do

día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo