DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/724-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Santa Eulalia, 5.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.V. de 87 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. VAR803A, entre os CC.TT. Ramón Cabanillas e Dr. Fleming, e remate no mesmo punto unha vez que entre e saia do C.T. proxectado de 250 kVA R.T. 20 kV/400-230 V, situado na rúa Santa Eulalia, 5 de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de novembro de 2004.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra