DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/723-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.S. praza de Compostela, 3.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.V. de 200 m de lonxitude, con orixe nun punto da L.M.T. SDM704, entre os CC.TT. Velázquez Moreno e López de Neira, e remate nel unha vez que entre e saia do centro de seccionamento proxectado, con celas SF6, situado na praza de Compostela, 3 de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de novembro de 2004.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra