Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Regueiro, 5.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.V. de 105 m de lonxitude, con orixe na liña BAL 7.13, á altura do cruzamento das rúas Gran Vía e Regueiro, e remate nela, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta, de 630 kVA R.T. 15 kV/400-230 V, situado na rúa Regueiro, 5 de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 2 de novembro de 2004.
P.D.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra