DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/517-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mos.

Situación: concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con condutor tipo R.H.Z. de 656 m de lonxitude, con orixe no C.T. polígono industrial de Moraña e remate no C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV/400-230 V, emplazado en Moraña. Dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea, de 427 e 436 m de lonxitude respectivamente, ambas con orixe no C.T. en proxecto.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 2 de novembro de 2004.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra