Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.D. túnel Areal.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.V. de 16 m de lonxitude, con orixe na liña SDM 7.10, á altura do carril de saída do túnel Beiramar, na intersección da rúa Areal con República Arxentina, alimentando en bucle o centro de distribución que se proxecta, con celas SF6, situado en Vigo, na intersección das mencionadas rúas (Xardíns do Areal).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se
axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 29 de outubro de 2004.
P.D.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra