DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra de clave PO/02/048.03.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: vía de conexión do 2º cinto de circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos, convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Consorcio da Zona Franca de Vigo 6-maio-2004.

Clave do expediente: PO/02/048.03.

Orzamento base de licitación: catro millóns seiscentos cincuenta e tres mil cincocentos noventa e oito euros con cincuenta e tres céntimos (4.653.598,53 euros).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Grupo A, subgrupo 2, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: Edificios Administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas, do día 26 de agosto de 2004, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.1.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,75 euros.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda