DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 29 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa do ben inmoble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación da Coruña como da propiedade do debedor Souto Martínez, Manuel, con NIF: 32390924-R, que a seguir se describe:

Lote único:

Urbana a uso residencial correspondente a inmoble construído sobre terreo de 111 m, sumando unha superficie construída de 177 m de titularidade única, sito no lugar de Santo Antonio, municipio de Ponteceso, que linda por todas as súas frontes con predios que figuran a nome de José Souto Martínez. Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 14559, folio 223, tomo 1.178 e referencia catastral 002301700NH19B001TH.

Valor: 17.594 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 17.594 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 20 de xaneiro de 2005, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Con

sellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, teña lugar a poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise constar o seguinte:

Primeiro.-Que figura en poder da Zona de Recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a exixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ao crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podendo presentarlle ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedir a adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-Este procedemento iniciouse antes do 1 de xullo de 2004, data de entrada en vigor da vixente Lei xeral tributaria 58/2003, e segundo a disposición tributaria terceira, punto primeiro dela, os procedementos tributarios iniciados antes da data de entrada en vigor desta lei rexeranse pola normativa anterior á dita data ata a súa conclusión.

En aplicación do indicado, o procedemento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ao preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2004.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA