DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 6 de novembro de 2003, o alleamento en poxa pública dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Pontevedra como da propiedade do debedor Mondragón Romero, Salvador con CIF 35405630-M que a continuación se describen:

-Lote 1:

Rústica, sita no lugar de Canteira de Arriba, parroquia de Baión (Vilanova de Arousa). Superficie: 86 centiáreas. Estrema: norte, Juan Morrazo Oubiña; sur, camiño forestal; leste, Concello de Vilanova de Arousa, e oeste, camiño forestal. Referencia catastral: polígono 5, parcela 1.041.

Valor: 189,20 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 189,20 A.

-Lote 2:

Rústica, sita no lugar de Amillón, parroquia de Baión (Vilanova de Arousa). Superficie: 3 áreas e 11 centiáreas. Estrema: norte, Manuel Baños Mondrágon; sur, Antonio Mondragón Romero; leste, descoñecido, e oeste, pista. Unha vez medida a dita parcela compróbase que ten unha superficie de 1.267,5 m. Referencia catastral: polígono 1, parcela 872.

Valor: 43.619,50 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 43.619,50 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 1 de febreiro de 2005, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra; rúa Michelena 30, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise constar o seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Pontevedra o expediente de constrinximento no cal consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a exixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houber, ao crédito dos execu

tantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior ao da adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación, ou dentro dos cinco días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación, non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedir a adxudicación, para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º Este procedemento iniciouse antes do 1 de xullo de 2004, data de entrada en vigor da vixente Lei 58/2003, xeral tributaria, e segundo a súa disposición tributaria terceira, punto primeiro, os procedementos tributarios iniciados antes da data de entrada en vigor desta lei rexeranse pola normativa anterior á dita data ata a súa conclusión.

En aplicación do indicado, o procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei 230/1963, xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio observarase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2004.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos