DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 31 de marzo de 2004, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Pontevedra como da propiedade do debedor Lodeiro Muras, Isabel con NIF 35442505-C que a continuación se describen:

-Lote 1:

Predio rústico sito no lugar de Viña Río, na parroquia de Santa María, municipio de Caldas de Reis,

polígono 10, parcela 222, superficie 411 metros cadrados. Ortofoto: E5B1522412.

Valor: 945,30 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 945,30 A.

-Lote 2:

Predio rústico sito no lugar de Monte Aguerrios, lugar de Mezuro, na parroquia de Arcos da Condesa, municipio de Caldas de Reis, polígono 5, parcela 147, superficie 490 metros cadrados. Ortofoto: E5D1522614.

Valor: 1.303 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 1.323 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 1 de febreiro de 2005 ás 10.30 horas na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, rúa Michelena 30, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise constar o seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Pontevedra o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a exixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ao crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será

polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedir a adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º Este procedemento iniciouse antes do 1 de xullo de 2004, data de entrada en vigor da vixente Lei xeral tributaria 58/2003, e segundo a disposición tributaria terceira, punto primeiro, dela, os procedementos tributarios iniciados antes da data de entrada en vigor desta lei, rexeranse pola normativa anterior á dita data ata a súa conclusión.

En aplicación do indicado, o procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria 230/1963 e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio seguirase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2004.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos