DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (579/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 579/2003 por instancia de Amelia Iglesias López contra Rubias y Pérez Asociados, S.L. e outros, sobre invalidez permanente, nos que recaeu sentenza o 22 de outubro de 2004 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por Amelia Iglesias López, declaro que non procede a súa declaración en situación invalidante ningunha ao non acreditar o período de carencia exixido, absolvendo da demanda as demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Rubias y Pérez Asociados, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de novembro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado