DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.411

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de outubro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ditou, resolucións estimatorias dos recursos de reposición formulados por Generosa Conde Torres, José Díaz Calvo, Manuela Fernández Fernández , María Rosa Fernández Vieites, María de la Paz Núñez Tourís, Alejandro Pazos Durán, María Aranzazu Puente Fernández e María Estrella Quintero Taboada contra a Resolución do 1 de outubro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), (DOG nº 194, do 5 de outubro).

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede modificar a Resolución do 1 de outubro de 2004, no sentido de eliminar da relación de excluídos que figura publicada como anexo á dita resolución a Generosa Conde Torres, José Díaz Calvo, Manuela Fernández Fernández, María Rosa Fernández Vieites, María de la Paz Núñez Touris, Alejandro Pazos Durán e María Aranzazu Puente Fernández incluíndoos na relación definitiva de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), e de incluír a María Estrella Quintero Taboada na quenda de discapacitados ás probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, poderase interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública