O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ditou resolucións estimatorias dos recursos de reposición formulados por Victoria Eugenia Rivas Alejandro e Ana María Rodríguez Piorno contra a Resolución do 1 de outubro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), (DOG nº 194, do 5 de outubro).
Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións das interesadas, procede modificar a Resolución do 1 de outubro de 2004, no sentido de eliminar da relación de excluídos que figura publicada como anexo á dita resolución a Victoria Eugenia Rivas Alejandro e Ana María Rodríguez Piorno, incluíndoas na relación definitiva de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A).
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende a mesma data, de conformi
dade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.
Milagros Vázquez Tenorio
Directora xeral da Función Pública