DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.409

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 9 de decembro de 2004 pola que se acorda a cesión en propiedade dun vehículo a favor da Cruz Vermella Española en Galicia.

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local asinou, con data do 26 de novembro de 2004, un convenio marco de cooperación coa Cruz Vermella Española en Galicia en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

En virtude do acordo segundo do dito convenio, na mesma data asínase o convenio específico anual de 2004 en que, no seu acordo 4 e 7, se prevé a cesión dun vehículo todo terreo á Cruz Vermella

Española en Galicia co fin de facilitar os desprazamentos do seu persoal aos lugares onde sexa precisa a súa participación.

Esta cesión de bens mobles está permitida pola Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, exixindo o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta á cal a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é acordar a cesión en propiedade dun vehículo todo terreo Nissan Terrano 2.7 Comfort, 5p, branco, número de bastidor VSKTVUR20U0560334 e matrícula 6391-DBR, a favor da Cruz Vermella Española en Galicia.

Artigo 2º.-Condicións da cesión.

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O ben cedido destinarase á colaboración e cooperación en materia de protección civil e xestión de emerxencias, establecida no convenio marco de cooperación asinado o 26 de novembro de 2004 entre a dita entidade e esta consellería, e no convenio específico anual que se asine cada ano, tal e como exixe o artigo 35 bis de Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento.

b) Os gastos de matriculación, seguros, impostos e outros gastos derivados do uso do vehículo serán por conta de Cruz Vermella Española en Galicia.

Artigo 3º.-Formalización da cesión.

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue e polo representante legal ou persoa en que delegue, da Cruz Vermella Española en Galicia.

Artigo 4º.-Facultades de control, vixilancia e reversión.

1. Se o ben non se aplicase co fin sinalado ou deixase de estalo con posterioridade, se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considérase resolta a cesión e os bens reverterán na Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou das detorioracións que experimentasen.

2. Á consellería cedente corresponderanlle as facultades de control e vixilancia da cesión, así como, se é o caso, a resolución dos expedientes de reversión.

Disposicións derradeiras

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA