DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 9 de decembro de 2004 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Por Orde do 24 de marzo de 2003 (DOG nº 67, do 6 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou normas para a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Visto o informe técnico emitido polo servizos provinciais de protección civil e a proposta da comisión

avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 24 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.03.231A.624.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil, aos concellos da provincia da Coruña: Boqueixón e Noia.

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta na que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO I

VehículoNº de bastidorConcello

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20U0566692Boqueixón

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20U0567088Noia