DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 9 de decembro de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 2004 establecidas pola Orde do 15 de decembro de 2003.

A Orde do 15 de decembro de 2003 (DOG nº 248, do 23 de decembro) establecía as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 2004. Á vista das solicitudes realizadas ao amparo desta orde é preciso incrementar a dotación económica prevista inicialmente para afrontar o gasto correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei

11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle no artigo 5 da orde desta consellería do 15 de decembro de 2003 (DOG nº 248, do 23 de decembro) pola que se establecen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 2004, tal como se detalla a continuación:

O importe inicial establecido para o financiamento desta orde incrementarase en 80.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.613-A.770.0 Programas sanitarios especiais, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación das solicitudes de axuda na dita Orde do 15 de decembro de 2003.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial e Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO