DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 17 de novembro de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería Razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción ao prezo de 12 A.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2004.

José A. Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural