DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se autoriza o programa de garantía social de auxiliar de perrucaría no centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra, para o curso 2004-2005.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio) pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais,

RESOLVE:

Autorizar o programa de garantía social de auxiliar de perrucaría no centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra, código 36024434, situado na r/ Calvo Sotelo nº 5, para o curso 2004-2005.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL