DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 287/2004, do 2 de decembro, polo que se modifican o Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia, o Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia e o Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas aos concellos para a infravivenda rural.

En coherencia coa normativa estatal e autonómica reguladora do Plan de Vivenda 2002-2005, os ingresos familiares determinantes do dereito ás axudas previstas nos decretos 228/2002, do 20 de xuño, 295/2002, do 17 de outubro e 233/2003, do 3 de abril, fixáronse en función da contía, en número de veces o salario mínimo interprofesional, da parte xeral e especial da base impoñible reguladas nos artigos 38 e 39 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Con motivo das variacións introducidas na Lei 46/2002, do 18 de decembro, na que se reforma en parte o imposto sobre a renda das persoas físicas, reforma integrada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do dito imposto, tales variacións relativas aos ingresos familiares, adáptanse aos ditos decretos autonómicos. Por outra banda, inclúese unha disposición transitoria relativa ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), de conformidade co establecido no Real decreto-lei 3/2004, do 25 de xuño.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modificación do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabi

litación de vivendas no medio rural de Galicia e do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

A epígrafe 1º do artigo 7 do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia e a epígrafe 1º do artigo 7 do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia, quedan redactados do seguinte xeito:

«Por ingresos familiares a contía, en número de veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), da parte xeral e especial da renda do período impositivo reguladas nos artigos 38 bis e 39, e aplicando á cantidade resultante a redución prevista no artigo 46 bis da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas, modificada pola Lei 46/2002, do 18 de decembro (que se corresponde cos artigos 39, 40 e 51 respectivamente, do texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo), e correspondente á declaración do solicitante e ás declaracións de cada un dos demais membros da unidade familiar, presentadas no período impositivo inmediatamente anterior (con prazo de presentación rematado) á solicitude das axudas.

Se o interesado non tivera presentado declaración, por non estar obrigado a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante declaración responsable, relativa aos artigos antes mencionados da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sen prexuízo de achegar os documentos acreditativos que se establecen para a súa comprobación no artigo 8º desta disposición».

Artigo 2º

Modificación do Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas aos concellos para a infravivenda rural.

A epígrafe 1º do artigo 6 do Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas aos concellos para a infravivenda rural, queda redactado do seguinte xeito:

«Por ingresos familiares a contía, en número de veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), da parte xeral e especial da renda do período impositivo reguladas nos artigos 38 bis e 39, e aplicando á cantidade resultante a redución prevista no artigo 46 bis da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas, modificada pola Lei 46/2002, do 18 de decembro (que se corresponde cos artigos 39, 40 e 51 respectivamente, do texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo), e correspondente á declaración do solicitante e ás declaracións de cada un dos demais membros da unidade familiar, presentadas no período impositivo inmediatamente anterior (con prazo de presentación rematado) á solicitude das axudas.

Se o interesado non tivera presentado declaración, por non estar obrigado a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante declaración responsable, relativa aos artigos antes mencionados da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sen prexuízo da posible comprobación administrativa.

Descontaranse, en todo caso, os ingresos percibidos en concepto de pensións ou subvencións por invalidez ou minusvalidez».

Disposición transitoria

Primeira.-Referencias ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

As referencias ao salario mínimo interprofesional contida no Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia, no Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia e no Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas aos concellos para a infravivenda rural, entenderanse realizadas ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) a partir do día seguinte á data en que remate o prazo de presentación da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2004. Con carácter transitorio, ata a dita data as referencias ao salario mínimo interprofesional e ao indicador público de renda de efectos múltiples, entenderanse realizadas ao salario mínimo interprofesional vixente con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto-lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación

do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía.

Segunda.-Inclusión de solicitudes presentadas con prazo de presentación do imposto sobre a renda das persoas físicas rematado.

O establecido na presente disposición será de aplicación ás solicitudes de axuda presentadas a partir do día seguinte á data no que rematou o prazo de presentación da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2003.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda