DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 285/2004, do 25 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental semienlace sentido Ourense de conexión da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense coa N-525 nas proximidades de Piñor. Clave: OU/03/042.01.3.

Con data 4 de novembro de 2004, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental semienlace sentido Ourense de conexión da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense coa N-525 nas proximidades de Piñor. Clave: OU/03/042.01.3.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial.

A declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras comprendidas no proxecto técnico sinalado considérase necesaria para completar a eficacia da rede viaria definida pola autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, incorporando a ela os tráficos existentes na N-525 dos núcleos do concello de Piñor. Así mesmo, mellora a seguridade vial nas travesías da estrada nacional.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de decembro, de estradas de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de novembro de dous mil catro

DISPOÑO:

Artigo único.

Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental semienlace sentido Ourense de conexión da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense coa N-525 nas proximidades de Piñor. Clave: OU/03/042.01.3.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda