DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.342

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 284/2004, do 18 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1712/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, así como as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e habilita, na súa disposición adicional segunda, os órganos competentes das comunidades autónomas para executar e desenvolver o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesorado de ensino secundario e de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e autoriza as comunidades autónomas, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que cumpran para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adaptaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender, que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e a destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a lograr as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, regulado polo Real decreto 1712/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación

e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Xestionar os recursos naturais e paisaxísticos, programando e organizando os recursos humanos e

materiais e os traballos necesarios para acadar os obxectivos de produción e de protección do medio natural.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Posuír unha visión global e integradora dos medios humanos, materiais e económicos que del dependen.

* Colaborar na realización de estudos de impacto ambiental e no control de vertedura de residuos e contaminación do medio.

* Analizar e valorar a información técnica sobre os plans de actualización, as actividades para desenvolver e os problemas que se presentan, adoptando as medidas adecuadas para acadar os obxectivos.

* Analizar e actualizar permanentemente a documentación e directivas sobre a política agraria comunitaria (Unión Europea) e a súa repercusión na estatal e na autonómica.

* Xestionar os espazos naturais, revisando e/ou executando os labores de control de flora e fauna, así como de vixilancia sobre a degradación do medio físico e de prevención e extinción de incendios nel.

* Supervisar e/ou manexar a maquinaria, as instalacións, os apeiros e o instrumental propios da actividade, e organizar o seu mantemento.

* Realizar a comercialización dos produtos e reunir información sobre mercados, prezos e distribución.

* Programar e/ou realizar actividades de desenvolvemento rural.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Relacionarse con entidades e organismos que realicen investigación para estar actualizado nas innovacións que se produzan e que lle poidan afectar á empresa.

* Detectar e transmitir con rapidez as anomalías observadas no espazo físico obxecto de actuación e adoptar as medidas correctoras oportunas, así como executar aquelas que se indiquen.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Distribuír, coordinar e supervisar, de ser o caso, o traballo dun grupo de técnicos de nivel inferior, comprobando que cumpren os criterios de seguridade, calidade e económicos establecidos.

* Decidir con rapidez as medidas para tomar ante unha avaría nos equipamentos e nas instalacións, ou ante circunstancias meteorolóxicas e ambientais adversas, realizar as modificacións que proceda e emitir o correspondente informe.

* Planificar e controlar sobre o terreo os traballos propios da restauración, o mantemento, a defensa e o aproveitamento dos recursos forestais, así como os de instalación e conservación de parques e xardíns, harmonizándoos co contorno ecolóxico do espazo obxecto de actuación e vixiando o cumprimento da lexislación vixente.

* Promocionar e controlar as actividades de protección e conservación do medio natural.

* Controlar e supervisar as operacións de reprodución, multiplicación e cultivo de diferentes especies vexetais.

* Controlar e supervisar as operacións de extracción dos produtos forestais.

* Xestionar, administrar e planificar ao seu nivel unha explotación forestal ou de xardinaría adoptando procedementos, programando actividades, elaborando instrucións e organizando e distribuíndo os recursos dispoñibles.

* Organizar e supervisar as instalacións de viveiros e invernadoiros con aplicación da tecnoloxía e información propias da xardinaría.

* Organizar e controlar as medidas de protección sanitaria e do medio natural, así como o cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, responsabilizándose da execución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten con actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das súas realizacións ou as dos seus subordinados no marco das normas e plans establecidos, e consultar cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, na organización laboral e nos aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización e xestión de explotacións forestais e empresas de xardinaría, así como de empresas de servizos vinculados co sector ou de comercialización en réxime empresarial ou cooperativo.

* Elección e supervisión dos materiais vexetais contemplados no proxecto de xardinaría ou forestal.

* Organización dos recursos da empresa, aplicando os métodos de xestión técnico-económica adecuados.

* Organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Supervisión e control das condicións e cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo.

* Resposta ante as continxencias, exposición de posibles solucións e resolución dos problemas ou as incidencias que xurdan na realización do traballo.

* Organización e control dos rendementos do traballo realizado polo persoal baixo a súa responsabilidade.

* Programación, organización e distribución dos traballos, cun óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles.

* Aplicación dos métodos de medida e control ás unidades de produción ao seu cargo.

* Planificación do mantemento e da xestión de parques de maquinaria e instalacións.

* Elaboración e execución de plans de loita integrada contra as pragas baixo a supervisión correspondente, con control da toma de mostras e o seu tratamento.

* Detección das desviacións cualitativas e/ou cuantitativas nas actividades sobre as que ten responsabilidade e sobre os parámetros de restitución previstos, tomando decisións concretas.

* Situacións ou elementos que afecten á seguridade ou ás condicións ambientais no ámbito da súa competencia.

* Supervisión da toma de mostras para o control do medio natural e sinalización do espazo natural obxecto de actuación.

* Análise e elaboración da información técnica e dos datos obtidos, así como da lexislación e a política agraria autonómica, estatal e comunitaria.

* Negociación das operacións de compra dos medios de produción e de comercialización dos produtos no ámbito da súa competencia.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar unha empresa agraria.

2. Programar e controlar o aproveitamento dos recursos forestais.

3. Programar e controlar as operacións de restauración, mantemento, defensa e ordenación dos recursos forestais.

4. Programar e controlar os traballos de instalación e mantemento de parques e xardíns, revexetación do medio natural e restauración da paisaxe.

5. Organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipamentos dunha empresa agraria.

6. Programar e controlar as actividades de uso público e de conservación do medio natural.

7. Programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha empresa agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obter, valorar e organizar a información necesaria para establecer os obxectivos, aplicando os procedementos e as técnicas adecuadas.* Identifícanse as necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afecte ao sector.

* Identifícanse e selecciónanse as fontes de información máis fiables e representativas que proporcionen datos para o estudo, a toma de decisións e o funcionamento normal da empresa.

* Identifícase a normativa que regule a constitución e a posta en marcha dunha empresa agraria, así como as organizacións oficiais que a xestionen, e establécese a documentación e os trámites necesarios.
* Realízanse as xestións necesarias para a obtención da documentación exixida pola lexislación vixente.
* Realízanse os trámites oportunos en tempo e forma ante os organismos públicos para iniciar as actividades, de acordo cos requisitos legais.
* Confecciónase, organízase, mantense actualizado e procésase adecuadamente un arquivo documental coa información e a documentación recollidas, e facilítase o acceso a elas, de xeito que se permita a súa interpretación e a posterior toma de decisións.
* Elabórase un informe que, de forma estruturada e homoxénea, presente as conclusións obtidas da análise da información recollida para establecer os obxectivos.

1.2.Definir o plan xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e os recursos dispoñibles.* Identifícase a regulamentación do sector relativa aos factores e aos medios de produción.

* Prevense os recursos dispoñibles de partida de carácter material, humano, territorial, pecuario e hidrolóxico, de ser o caso.

* Na planificación xeral defínense:-Os obxectivos que se pretenden acadar.

-As fases de desenvolvemento do plan.
-A temporalización das actividades, establecendo unha orde de prioridades e unha coordinación entre elas.
-A organización e recursos humanos necesarios.
-As necesidades de recursos materiais.
-O orzamento, consignando os recursos dispoñibles.
-A axuda técnica que se pode recibir.
-As axudas económicas.
* Realízase unha previsión dos custos de produción.
* Realízase un plan de viabilidade que ofreza unha garantía económica das actividades, valorando a demanda, as canles de comercialización e os custos previstos.
* Prevense posibles continxencias que se poidan presentar na execución do plan (limitacións climáticas, orográficas, edafolóxicas, etc.).
* Determínase a posible contratación de servizos e de seguros, e tramítase a documentación necesaria.
* Determínase a posible asociación, a través da fórmula xurídica máis conveniente con outras empresas para a xestión conxunta, a utilización de medios de produción en común ou a posta en marcha de servizos.
* Téñense en conta as directrices sobre política agraria española e da Unión Europea.

1.3.Organizar e xestionar os recursos materiais, económicos e humanos con criterios de óptima asignación, de acordo cos obxectivos xerais da empresa.* Determínase a estrutura organizativa segundo a orientación produtiva da empresa, fixando as funcións e actividades que se deben desenvolver para acadar os obxectivos previstos e tendo en conta as limitacións agronómicas.

* Establécense as necesidades de recursos humanos en función das actividades que se van realizar e os obxectivos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Establécese a distribución de traballo, a asignación de funcións e as directrices de funcionamento, tendo en conta as características dos medios dispoñibles e as actividades que se van desenvolver.
* Identifícanse os recursos financeiros dispoñibles e, de ser o caso, as necesidades de financiamento.
* Valóranse as subvencións e/ou axudas ofrecidas ou que teñen establecidas as diferentes administracións públicas para diferentes actividades.
* Selecciónase, de ser o caso, a fonte allea de financiamento máis axeitada ás necesidades previstas, tendo en conta a información recibida das diferentes entidades de crédito.
* Xestiónanse as compras ou o arrendamento de servizos, seleccionando provedores e decidindo o sistema de adquisición e de pagamento máis conveniente para a actividade que se vai desenvolver.
* Xestiónase a modalidade de contratación de persoal máis habitual no sector e conveniente á orientación produtiva da empresa, tendo en conta a lexislación laboral vixente.
* Establécense as necesidades de instalacións, maquinaria e equipamentos e as súas características en función da planificación establecida.
* Establécese o plan de situación dos medios de produción en que se verifique que, tras o seu uso, cada un deles se atope no lugar e nas condicións requiridas.
* Elabórase un plan de novos investimentos, tendo en conta a rendibilidade dos capitais amortizados, o investimento óptimo en inmobilizado e as características das actividades que se vaian desenvolver.
* Realízase o inventario en tempo e forma establecidos.

1.4.Xestionar e organizar a documentación necesaria para o desenvolvemento das actividades e da xestión técnico-económica.* Identificase e cúmprese o calendario fiscal e os impostos que afectan ás diversas actividades e á renda.

* Xestiónanse as obrigas legais da empresa canto a:-Altas e baixas laborais.

-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.
* Contrólanse as liquidacións dos gastos correntes e compróbase que os datos que conteñen os documentos de cotización á Seguridade Social sexan correctos.
* Identifícase a lexislación que regula os requisitos que deben cumprir a documentación e os impresos de xestión técnico-económica.
* Realízase o inventario en tempo e forma establecidos.
* Compróbase que a formalización dos documentos contables se realice de xeito periódico e dentro dos prazos establecidos.
* Establécense e revísanse os documentos que se deben enviar aos órganos de xestión técnica.
* Incorpóranse á nova planificación as orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión correspondente.

1.5.Supervisar e controlar a aplicación das medidas de seguridade e hixiene persoal e no traballo, segundo a normativa vixente.* Organízase o sistema de control de seguridade e hixiene no traballo, tendo en conta a normativa vixente.

* Verifícase que as actividades que se realizan se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade específicas.

* Compróbase que se cumpran as normas de hixiene canto a:-Locais e instalacións.

-Manipulación de produtos.
-Manexo de maquinaria, equipamentos e apeiros.
-Equipo persoal de traballo.
* Verifícase que os produtos e os materiais de refugallo se sitúen nos lugares asignados, e que se reciclen ou eliminen consonte a normativa vixente.
* Aplícanse con rapidez as técnicas de primeiros auxilios e as medidas sanitarias básicas.

1.6.Xestionar e controlar accións de promoción para a comercialización de produtos e servizos de acordo cos obxectivos establecidos.* Obtense e actualízase a información sobre custos, beneficios dos produtos, destino e clientes, e rexístranse os datos comerciais e financeiros.

* Valóranse e decídense os posibles compradores atendendo ás súas características, solvencia e interese da empresa.

* Identifícanse e propóñense accións de promoción para servizos dados e contratados, e establécense medidas de asesoramento técnico-comercial dos produtos e servizos que proporcione a empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

* Ao negociar cos clientes tense en conta:-O custo do produto ou servizo.
-Os prazos e condicións de entrega.
-A calidade.
-As condicións de pagamento.
-Os descontos.
* Establécense criterios comerciais para realizar servizos de utilización lúdico-cultural de áreas ou parques, preservando o medio.
* Organízanse e xestiónanse os servizos de utilización dos recursos da empresa (maquinaria, equipamentos, persoal, etc.) a terceiros, tendo en conta a dispoñibilidade, os custos e acordos previos con clientes.
* Realízase un documento que recolla informes de clientes, follas de pedidos, gastos e informes da competencia.
* Xestiónanse novas redes de comercialización para mellorar as condicións de venda e valórase a comercialización da produción vía asociativa.

1.7.Promover e organizar actividades de desenvolvemento rural tendo en conta os recursos ambientais do contorno.* As actividades de promoción axústanse ao tipo de actividade e ao contorno de actuación.

* A información programada ten en conta a poboación á que vai dirixida e os recursos dispoñibles.

* No desenvolvemento e no seguimento das actividades, compróbase que se acadan os obxectivos previstos no plan de actuacións.
* Establécense as actuacións que conducen a que as persoas implicadas no programa sexan protagonistas do seu propio desenvolvemento.
* Utilízanse as técnicas de animación e dinámica de grupos adecuadas para cada situación e actividade que se vaian desenvolver.
* Elabóranse informes destinados a grupos a partir da información obtida, co fin de asesorar o grupo e facilitarlle a toma de decisións.
* Aplícanse técnicas de traballo de grupo segundo o establecido na programación e adáptanse adecuadamente, co fin de favorecer a evolución do grupo.
* Aplícanse os procedementos de realimentación segundo criterios establecidos, para tomar decisións sobre a marcha da actividade co grupo.
* Realízanse as actividades de avaliación segundo o previsto, para incentivar a participación das persoas que interveñen na actividade.
* Establécese unha comunicación fluída cos integrantes do equipo de traballo.
* Elabóranse documentos didácticos que proporcionan información adicional dirixida á que directamente realizan.
* Colabórase con outros axentes socioculturais do medio rural en actividades como turismo rural.
* Establécense actividades para protexer e mellorar os recursos ambientais do contorno.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Documentación técnica, económica e lexislativa para a xestión, a organización e o mantemento dunha empresa agraria levada de forma directa, co asesoramento de técnicos superiores cando se requira. Equipamentos de oficina e informáticos. Equipamentos de tratamento da información. Lexislación xeral de empresas agrarias. Axudas. Préstamos. Subvencións. Documentación de carácter xeral: arquivos de clientes e provedores; información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén e plan de compras. Documentación contable: libros de contabilidade e xestión, facturas, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances e formularios contables. Documentación fiscal e de persoal: declaracións fiscais, nóminas, retencións e IVE. Estatísticas de medios de produción e demandas

de mercado. Contratos de persoal, de arrendamento, de parzaría, de compravenda e de seguros, e formularios laborais. Relación de equipamentos dispoñibles. Equipamentos de protección de instalacións. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Produtos ou resultados do traballo.

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria: contabilidade; declaracións e documentación fiscal. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axudas e subvencións. Accións de extensión e divulgación do medio agrario. Obtención de permisos. Programa xeral de actividades. Programas de loita contra doenzas e pragas. Fichas técnicas de cultivos. Programas de reprodución e saneamento do gando. Cadro anual de organización do traballo. Balance contable da explotación. Memoria económica anual con propostas de melloras.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos contables: plan xeral de contabilidade. Procedementos de xestión técnica. Método contable por marxes brutas. Análise de grupos de xestión de explotacións. Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de produtos. Técnicas estatísticas básicas. Procedementos de determinación de índices. Estudos de mercados agrarios. Técnicas de arquivo. Constitución e posta en marcha de empresas agrarias. Técnicas de comunicación e avaliación. Métodos de organización e control de recursos humanos. Técnicas de dinámica de grupos. Técnicas asociativas.

-Información utilizada e/ou xerada.

Información sobre o sector, sobre prezos e mercados e sobre recursos humanos e materiais (salarios, seguridade e, hixiene e contratos). Obrigas administrativas e fiscais. Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Regulamentación do sector, de asociacións, cooperativas e sociedades agrarias. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Impresos oficiais. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Dinámica de grupos. Técnicas de programación do traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Titulares de empresas agrarias. Cooperativas de explotación en común e de traballo asociado. Organizacións profesionais agrarias. Autónomos. Xefes de explotación. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivos e produción. Asociacións. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e maquinaria. Poboación do medio rural. Provedores e clientes. Xestorías. Organismos oficiais. Empresas ou organizacións de actividades de carácter social, cultural ou recreativo. Institucións locais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: programar e controlar o aproveitamento dos recursos forestais.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Establecer a programación interpretando o proxecto de aproveitamento dos recursos dunha área forestal, definindo os procedementos e utilizando optimamente os medios técnicos, para cumprir os obxectivos establecidos na planificación.* Identifícanse sobre o plano a superficie, as medidas e as cotas, así como o seu destino.

* Compróbase que a localización e as dimensións do proxecto se correspondan co replanteo.

* Establécese o ritmo de produción tendo en conta os criterios de selección e temporalización dos traballos, o estado do terreo, as continxencias e os rendementos medios dos equipamentos.

* Determínanse os procedementos de explotación e especifícanse os métodos concretos para cada aproveitamento, en función dos recursos dispoñibles (medios mecánicos e maquinaria asignada).

* Determínanse as necesidades de persoal canto ao número e á cualificación dos traballadores, así como a súa distribución nos diferentes postos e equipos, de acordo coas exixencias do plan de produción (aproveitamento) e os medios dispoñibles.
* Obtéñense e tramítanse nos organismos competentes na área forestal os permisos e informes preceptivos, e contrólase a súa execución.
* Realízase unha previsión dos custos totais e dos diferentes recursos da área forestal.
* Determínanse os prazos de finalización da produción total e os parciais dos diferentes aproveitamentos da área forestal.
* Verifícase se cumpren e se aplican as medidas de seguridade e hixiene no traballo forestal e ambiental.

2.2.Organizar e supervisar as operacións incluídas nas fases de corta de madeira, reunión e desembosque, así como as da súa carga e transporte, prestándolle asesoramento técnico ao persoal ao seu cargo.* Avalíanse correctamente as existencias de madeira e organízanse os labores de sinalamento e cubicación.

* Establécese e organízase o sistema de corta en función do ritmo de traballo establecido e da maquinaria e os equipamentos de desembosque dispoñibles.

* Distribúense os recursos dispoñibles en función do traballo que se vaia realizar, das características da actividade e do estado do terreo.

* Establécense para cada equipo de traballo as instrucións de uso da maquinaria e das ferramentas que se vaian utilizar, as ordes e os ritmos de traballo, os resultados que cumpra obter e a seguridade e hixiene no traballo.
* Coordínase o ritmo de traballo dos equipos de corta cos medios de desembosque e os de carga e transporte dos produtos.
* Establécense métodos fiables de medida e control das unidades de produción nas fases de corta, reunión, desembosque, carga e transporte.
* Organízase o fluxo da maquinaria de desembosque contemplando:-Distancia dos traxectos óptimos de carga e descarga.-Pendente de traballo adecuada a cada unidade de desembosque.
-Capacidade de amontoamento dos parques.
-Tránsito seguro da maquinaria.
* Contrólase que a produción programada se consiga nos tempos e cos custos previstos e, en caso contrario, detéctanse as causas e corríxese o que proceda.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.
* Verifícase o cumprimento da lexislación vixente en seguridade e hixiene no traballo en materia forestal e ambiental.
* Organízanse e contrólanse as operacións de carga e transporte de madeira, e asígnanselles a esas operacións os medios e a maquinaria adecuados.
* Coordínase cos representantes da Administración o control das operacións de corta, carga e transporte.

2.3.Organizar, coordinar e supervisar as operacións de aproveitamento de resina, cortiza, froitos silvestres, pastos e plantas aromáticas e medicinais, de acordo cos plans de ordenación e prestándolle asesoramento técnico ao persoal ao seu cargo.* Organízanse e coordínanse as operacións de aproveitamento de resina, cortiza, froitos silvestres, plantas aromáticas e medicinais, tendo en conta as técnicas e os procedementos establecidos.

* Avalíanse correctamente as existencias e os gastos de produción dos distintos produtos forestais que se vaian explotar.

* Establécense para cada equipo de traballo as instrucións de uso da maquinaria e das ferramentas que se vaian utilizar, así como as ordes, os ritmos, a seguridade e a hixiene no traballo.

* Establécense métodos fiables de medida e control das unidades de produción e aproveitamento dos produtos forestais.
* Contrólase que a produción programada se consiga nos tempos e cos custos previstos e, en caso contrario, detéctanse as causas e corríxese o que proceda.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verifícase o cumprimento da lexislación vixente en seguridade e hixiene no traballo en materia forestal e ambiental.
* Organízanse os procedementos administrativos para optar ás poxas de adxudicación de produtos forestais, e determínanse as canles de comercialización e venda deses produtos.
* Verifícase que a aplicación dos métodos de resinación e de descortizamento, clasificación, transporte e amoreamento da cortiza se realice segundo os plans técnicos de ordenación.
* Interprétase e aplícase correctamente o programa de aproveitamento anual incluído e previsto no plan de regulación do pastoreo nos montes.
* Establécense e organízanse a carga gandeira, o sistema de pastoreo e as melloras dos pastos dentro dunha área forestal, para cumprir os obxectivos establecidos na planificación.

2.4.Planificar e organizar os traballos relacionados coa xestión cinexética do espazo natural.* Avalíanse correctamente as distintas especies cinexéticas do espazo natural canto á súa identificación e densidade de poboación; planifícase o seguimento e a súa evolución e realízanse, se procede, repoboacións.

* Determínanse as técnicas de captura para as diferentes especies, así como as de protección das poboacións durante as épocas en que son máis vulnerables.

* Determínanse as técnicas para aplicar no control das especies prexudiciais para a caza, respectando a normativa legal e o equilibrio ecolóxico.
* Organízase a vixilancia do espazo cinexético canto á aparición de epizootia e indícanse, de ser o caso, os tipos de mostras que cumpra tomar para a súa avaliación e o seu seguimento.
* Organízanse e contrólanse os traballos necesarios para a mellora do hábitat das reses e das especies cinexéticas (cercados, sementeiras, comedeiros, bebedoiros, refuxios e mellora da vexetación).
* Realízanse as xestións burocráticas e os traballos previos para a organización das distintas modalidades de caza maior e menor, coordinando coas autoridades competentes as partidas de caza e valorando os distintos trofeos de caza segundo baremos oficiais.
* Verifícase o cumprimento da lexislación vixente nas actividades relacionadas coa xestión cinexética do espazo.

2.5.Planificar e organizar os traballos propios da xestión piscícola do espazo natural.* Avalíanse correctamente as distintas especies piscícolas do espazo natural canto á súa identificación e á densidade das súas poboacións, así como as súas áreas de distribución nos ríos do espazo natural, e contrólase o funcionamento dos ecosistemas fluviais nos que habitan.
* Determínanse as operacións que se vaian realizar para levar a cabo a repoboación artificial con distintas especies piscícolas.
* Organízanse e contrólanse oportunamente os traballos programados para a mellora do hábitat das especies de augas continentais (refuxios, tramos para reprodución, escalas salmoneiras e reixas).
* Supervísase a captura de exemplares reprodutores, técnicas de marcaxe e seguimento de peixes e, de ser o caso, o seu transporte.
* Supervísase a aplicación de técnicas de pesca con fins de estudo das poboacións, eliminación de competidores e de especies non desexables, para descastes, coa autorización oportuna da Administración competente.
* Organízanse os controis sanitarios que se vaian aplicar sobre as poboacións e sobre a calidade das augas, así como os traballos de plantación e/ou conservación da vexetación de ribeira e acuática.
* Verifícase o cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca continental.

2.6.Coordinar e controlar os recursos humanos en función dos obxectivos e das actividades que se estableceran.* Establécese a distribución dos traballos e as directrices de funcionamento, tendo en conta as actividades establecidas.

* Identifícanse e valóranse os problemas presentados canto a traballos realizados, persoal e medios de produción.

* Verifícase que todos os traballos realizados se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene e, en caso contrario, danse as instrucións necesarias para o corrixir.
* A distribución dos recursos humanos realízase adecuando as características e as cualificacións das persoas aos requisitos dos postos de traballo.
* Distribúense as tarefas e asígnanselle responsabilidades a cada traballador, de tal maneira que o grupo execute e finalice as operacións cumprindo os obxectivos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Nos casos de incorporación de persoal, asesórase tecnicamente nos aspectos relacionados co posto de traballo que se vaia ocupar.
* Mediante unha comunicación e motivación axeitadas, conséguese detectar e canalizar as actitudes negativas ou positivas.
* Créase un ambiente de traballo agradable para facilitar a implicación do grupo na consecución dos obxectivos fixados, valorando as actitudes de participación, iniciativa e creatividade dos traballadores ao seu cargo.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.
* Establécese a coordinación coa Administración forestal para a obtención dos correspondentes permisos e os controis que se vaian realizar.
* Establécense os informes e os partes de traballo que se vaian elaborar, controlando horas de traballo, ritmo e custos, e avalíanse os resultados das actividades realizadas.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Maquinaria pesada de obras públicas: bulldozer, pas cargadoras e motoniveladoras. Equipamentos e instrumentos topográficos: compases, teodolitos, nivel e marcos. Máquinas e ferramentas de corta de árbores: motoserras, procesadoras, cortadoras, desramadoras e descortizadoras mecánicas. Maquinaria de desembosque: tractores agrícolas e forestais, autocargadores, cables e teleféricos. Equipamentos de carga e transporte de madeira: camións, guindastres, equipamentos e maquinaria para o tratamento de residuos de corta (queimadores de facho, rachadoras e trituradoras). Ferramentas e equipamentos de resinación e de descortizamento: machados, alisadores, trazadores, escodas e rozadoras. Instrumental de medida e control: forcípulas, calibradores de casca e barrenas de crecemento. Equipamentos de protección persoal. Equipamentos para colleita de froitos e plantas aromáticas e medicinais. Equipamentos e materiais varios: prismáticos, emisoras, hydes e armas. Cartografía e aerografía: planos,

fotogramas aéreos, pares estereoscópicos e estereoscopios.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Obtención da infraestrutura viaria necesaria para o aproveitamento forestal e de acceso a montes. Explotación de materias primas, tales como madeira, leña, cortiza, resina, froitos e plantas medicinais e aromáticas, así como o seu traslado ao punto de destino. Adecuación e ordenación dos recursos cinexéticos e piscícolas para o seu aproveitamento racional.

-Procesos, métodos e procedementos.

Métodos de apertura de vías de saca, pistas forestais e puntos de reunión de madeira. Métodos de corta, desembosque, carga e transporte de madeira. Métodos de obtención de produtos forestais: cortiza, resina, froitos e plantas. Métodos de aproveitamento de recursos cinexéticos e piscícolas. Procedementos de seguimento e control de especies cinexéticas e piscícolas.

-Información utilizada e/ou xerada.

Plans de ordenación, proxecto de obra, información técnica sobre maquinaria forestal e o seu mantemento. Información técnica sobre aproveitamentos forestais, métodos e procesos. Tarifas de rendementos para dis

tintas operacións. Normas de aplicación de seguridade e hixiene no traballo. Táboas de cubicación e valoración de produtos forestais. Lexislación vixente en actividades relacionadas co aproveitamento dos recursos forestais: madeira, froitos, cortiza, caza e pesca. Cartografía e fotografía aérea.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Administracións con competencia en temas forestais (estatal, autonómica, provincial e local). Empresas forestais privadas e públicas. Propietarios forestais. Comunidades. Concellos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: programar e controlar as operacións de restauración, mantemento, defensa e ordenación dos recursos forestais.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Organizar e supervisar os traballos de restauración forestal e hidrolóxico-forestal, seguindo os plans de ordenación e restauración, e vixiando o cumprimento da lexislación sobre seguridade e hixiene.* Determínanse os tipos de tratamento conducentes á eliminación da cuberta vexetal competidora, controlando que o traballo realizado pola maquinaria e polas ferramentas propias da destrución da matagueira e do tapiz herbáceo se realice segundo o planificado.

* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos adecuados para a preparación do solo, en función do planificado e procurando a súa harmonización co contorno ecolóxico do espazo obxecto da actuación.

* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos adecuados para a corrección hidrolóxico-forestal (tales como muros de gabións, cachotaría seca, cachotaría hidráulica e cachotaría formigonada) e protección de terreos inestables e contraaludes, co fin de cumprir o programa establecido.
* Supervísase que a execución das técnicas e dos métodos para a implantación vexetal sexa a adecuada conforme o planificado.
* Supervísase o manexo da maquinaria e dos apeiros agrícola-forestais de acondicionamento do solo para a repoboación forestal.
* Organízanse os traballos de restauración forestal e hidrolóxico-forestal, aplicando as técnicas de implantación vexetal, de acordo co plan de ordenación.
* Verifícase o cumprimento e a aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene forestal e ambiental.

3.2.Organizar as operacións propias da inventariación para a ordenación das masas forestais.* Establécese o calendario de operacións para a inventariación das masas forestais, segundo o plan de ordenación.

* Interprétanse e aplícanse oportunamente os criterios de inventariación, mostraxe e sinalamento, segundo os plans técnicos de ordenación.

* Organízanse e contrólanse os traballos de toma de datos segundo o plan técnico de ordenación.
* Verifícase o cumprimento e a aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene forestal e ambiental.

3.3.Organizar os labores propios dos tratamentos silviculturais das masas forestais, respectando o medio e a lexislación vixente.* Establécese o calendario de operacións dos coidados culturais, segundo o plan establecido.

* Organízanse e contrólanse os labores culturais que se lles vaian aplicar ás masas forestais, mediante os tratamentos máis adecuados, aproveitando convenientemente os medios humanos e materiais dispoñibles tanto técnica como economicamente e harmonizándoos co contorno ecolóxico do monte e coa lexislación vixente.

* Supervísase o manexo da maquinaria e das ferramentas propias dos traballos específicos de coidado das masas forestais (laboreo do solo, fertilización, decapado, roza, poda, limpas, rareos e claras).
* Organízanse os traballos de detección e control das pragas, os parasitos e outros danos de procedencia biolóxica ou mecánica que lles afecten ás masas forestais.
* Supervísase que os procedementos de control e detección de pragas e doenzas se apliquen consonte o plan establecido.
* Verifícase que os equipamentos e a maquinaria de aplicación se regulen e manexen de xeito que se consigan os resultados previstos e se cumpra a normativa vixente en materia de seguridade e hixiene.

RealizaciónsCriterios de realización

* Supervísase e contrólase que a manipulación e o tratamento dos produtos sanitarios se leve a cabo tomando as medidas de protección prescritas.

3.4.Establecer, supervisar e organizar as tarefas de prevención e extinción de incendios forestais, de acordo co plan previsto.* Organízase e contrólase a execución dos traballos culturais preventivos aplicados sobre o solo e o voo para a construción e/ou o mantemento de áreas e faixas cortalumes, faixas auxiliares de pista e, en xeral, de ordenación do combustible forestal de alto risco.
* Obtense a información precisa da localización e do funcionamento da rede de vixilancia e detección de incendios, en postos tanto fixos coma móbiles, tendo unha visión pormenorizada de todo o sistema de alerta do que forma parte.
* Supervísase a loxística de provisión de materiais, equipamentos e ferramentas utilizados na extinción de incendios forestais, e avalíanse as incidencias.
* Mobilízanse os medios humanos e materiais dispoñibles baixo a súa responsabilidade, segundo o previsto, ante situacións de intervención en extincións, e establécese unha coordinación fluída e eficaz con outros equipamentos e medios de extinción.
* Organízanse as operacións tácticas de extinción adecuadas en cada situación, aproveitando convenientemente os recursos humanos e os medios materiais dispoñibles baixo a súa responsabilidade, aplicando criterios de seguridade para o persoal e de eficacia dos métodos de loita.
* Verifícase o cumprimento e a aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene forestal e ambiental.

3.5.Coordinar e controlar os recursos humanos en función dos obxectivos e as actividades que se estableceran.* Establécese a distribución dos traballos e as directrices de funcionamento, tendo en conta as actividades establecidas.

* Identifícanse e valóranse os problemas presentados canto a traballos realizados, persoal e medios de produción.

* Verifícase que todos os traballos realizados se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene e, en caso contrario, danse as instrucións necesarias para o corrixir.
* A distribución dos recursos humanos realízase adecuando as características e as cualificacións das persoas aos requisitos dos postos de traballo.
* Distribúense as tarefas e asígnanselle responsabilidades a cada traballador, de tal xeito que o grupo execute e finalice as operacións cumprindo os obxectivos establecidos.
* Nos casos de incorporación de persoal, asesórase tecnicamente nos aspectos relacionados co posto de traballo que se vaia ocupar.
* Mediante unha comunicación e motivación axeitada, conséguese detectar e canalizar as actitudes negativas ou positivas.
* Créase un ambiente de traballo agradable para facilitar a implicación do grupo na consecución dos obxectivos fixados, valorando as actitudes de participación, iniciativa e creatividade dos traballadores ao seu cargo.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.
* Establécese a coordinación coa Administración forestal para a obtención dos correspondentes permisos e os controis que se vaian realizar.
* Establécense os informes e os partes de traballo que se vaian elaborar, controlando horas de traballo, ritmos e custos, e avalíanse os resultados das actividades realizadas.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Maquinaria para o tratamento da matogueira e o tapiz herbáceo: angledozer, grade de desmonte, rozadoras mecánicas, trituradoras, motorrozadoras, calabozo e facho de goteo. Medios mecánicos para a preparación do solo: arados, subsoladores, angledozer, tilldozer, aixada e furadores de barrena. Maquinaria e medios para a implantación: aixadas de plantación, pottiputki (tubo plantador), plantadoras mecánicas, retroescavadoras, arados bisuco e furadoras. Instrumental de medida dasométrico: regra de Christen, hipsómetro, forcípulas, calibrador de cortiza, barrena

Pressler e relascopio. Instrumental de medicións sobre o terreo: cinta métrica, miras, telémetro, escuadra de agrimensor, prisma óptico, teodolito, nivel, compás, alidada de pínnulas, estereoscopio e clisímetro. Instrumental de medicións sobre o plano: curvímetro e planímetros. Maquinaria e equipamentos propios para labores culturais do solo: aixada, grades lixeiras, medias e pesadas, cultivadores, arados de veso e desmonte, tractores de rodas e eirugas, fertilizadoras. Maquinaria e equipamentos propios para labores culturais do solo: podón, rozadoras, tesoiras, serras de poda, podadoras hidráulicas e pneumáticas, motoserras, equipamentos para trepa, batelumes, machados, pas, motorrozadoras, motoserras, vehículos contra incendios, motobombas, mochilas, prismáticos e equipamentos de comunicación. Equipamentos de protección persoal. Equipamentos de tratamentos fitosanitarios. Material vexetal para a súa plantación e/ou sementeira. Protectores para plantación. Produtos fitosanitarios

para a loita contra parásitos forestais. Mástique protector de feridas de poda e enxerto. Materiais e ferramentas diversas de construción. Maquinaria, apeiros e ferramentas propias do traballo en viveiros: motocultores, sementadoras, arrincadoras, aporcadoras e grades, e mesturadora de substrato. Equipamentos e mesas de propagación: de enraizamento e de sementeira. Mantas e bandexas. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, e microinvernadoiros de propagación. Equipamentos de rega: sistemas de bombeo e distribución. Diferentes sistemas de rega: aspersión, goteo e nebulización; equipamentos de fertirrigación. Protectores e titores. Sementes. Material vexetativo: gallos, varas e xemas de enxerto. Elementos para composición dos substratos: perlita, vermiculita, casca de piñeiro, humus, turba e area de río. Produtos hormonais. Fertilizantes.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Produción de planta. Reforestación ou repoboación de superficies segundo plans previos. Ordenación e inventariación dos recursos forestais segundo os plans técnicos de ordenación. Tratamentos silviculturais para a mellora dos recursos forestais. Prevención, vixilancia e defensa contra os incendios das superficies forestais. Correccións hidrolóxicas e de terreos inestables. Loita e control de doenzas e pragas forestais no monte. Pés de distintas especies para repoboación forestal: árbores, arbustos e matogueira. Árbores e arbustos ornamentais para espazos naturais.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas e métodos de produción de planta. Técnicas e métodos de repoboación forestal. Técnicas silvícolas. Técnicas e traballos de inventariado e cubicación de masas forestais. Silvicultura especial aplicada á prevención de incendios forestais. Técnicas de detección e extinción de incendios. Técnicas de corrección hidrolóxico-forestal. Técnicas para o control de pragas e doenzas forestais. Procedementos de corrección, desinfección e fertilización de solos e substratos. Procesos de reprodución e propagación.

-Información utilizada e/ou xerada.

Proxectos e plans técnicos de ordenación. Proxecto de obra. Información técnica sobre maquinaria, instalacións, apeiros, equipamentos e ferramentas, así como sobre o seu mantemento. Tarifas de rendementos para distintas operacións. Cartografía e fotografía aérea. Manuais de doenzas e pragas. Normativa de seguridade e hixiene de aplicación. Partes e fichas utilizados nos traballos forestais. Reprodución vexetativa. Tratamento de sementes. Sistemas de rega. Detección e tratamentos de pragas e doenzas. Pés e material vexetativo. Fisioloxía das plantas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Administracións con competencias en temas forestais (estatal, autonómica, provincial e local). Empresas forestais privadas e públicas. Propietarios forestais. Comunidades.

2.5.4. Unidade de competencia 4: programar e controlar os traballos de instalación e mantemento de parques e xardíns, revexetación do medio natural e restauración da paisaxe.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Interpretar correctamente un proxecto de instalación dun xardín ou dunha área de recreo, definindo os procedementos de acordo cos orzamentos establecidos.* Lévanse a cabo as medicións comprobando que se axusten ao plano e que sexa posible realizalas.

* Valórase de xeito adecuado e actualizado cada unha das partidas do proxecto e das unidades que o conforman.

* Compróbase que as condicións técnicas incluídas no proxecto permitan o seu axeitado desenvolvemento canto a datas de plantación, tipos de especies, condicións particulares de contrato e garantías.
* Verifícase que todas as partidas, tanto de plantación como de movementos e infraestruturas proxectadas (electricidade, saneamentos e xogos infantís) se axusten á normativa legal vixente.
* Establécense as técnicas e os métodos adecuados para desenvolver os traballos de instalación ou implantación dun xardín.

4.2. Organizar o planeamento e o programa de deseño dun xardín, axustándose ao proxecto establecido. * Interprétase e valórase correctamente o proxecto de xardinaría en todos os seus elementos; detéctanse as posibles desviacións do proxecto orixinal e reúnese, cando proceda, a información necesaria.

* Levántase un plano topográfico do terreo atendendo ao proxecto orixinal.

* Realízanse as medicións e as correccións de medición sobre os planos existentes, e compróbanse as diferenzas de nivel e de estrutura visual do terreo, con aplicación das técnicas de medición adecuadas.
* Verifícase que os planos respondan a unha situación ordenada de plantas e elementos de moblaxe, rega, equipamento e infraestruturas.
* As escalas e os conxuntos de plantación responden a un criterio correcto canto a formas, distribución, cor e especies vexetais que se utilicen.
* Represéntanse do xeito máis normalizado posible todos os elementos, de maneira que o plano poida ser interpretado doadamente.
* Compróbase que o plano realizado se axuste ás características paisaxísticas do contorno e á funcionalidade perseguida.
* O proxecto elaborado conta con todas as unidades de medición para todos os elementos do xardín, por partidas (terras, movementos de terras, mellora de solos, plantacións, electricidade, saneamento, infraestruturas e xogos infantís).

4.3.Organizar e dirixir os traballos de execución dun proxecto de xardinaría, definindo e aplicando os procedementos e as técnicas adecuadas.* Establécese o calendario de traballos, de forma secuencial, para a execución do proxecto de xardinaría.

* Determínanse as curvas de nivel para formular os movementos de terra establecidos no proxecto.

* Establécense e organízanse os traballos de infraestrutura para o planeamento de camiños, estanques, rede eléctrica, drenaxe, pontes, nutrientes e instalación da rede de rega e auga potable.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse correctamente as técnicas de corrección do solo canto a proporcións de substrato e fertilizantes, tanto minerais como orgánicos, e emendas.
* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos adecuados para o planeamento e a plantación das diferentes especies vexetais, co fin de cumprir o programa establecido.
* Establécense e organízanse os traballos para a instalación do equipamento e a moblaxe do xardín establecidos no proxecto.
* Supervísase que a execución das técnicas e os métodos para a implantación vexetal, infraestrutura e equipamento sexa a adecuada segundo o planificado.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.
* Establécese unha planificación técnica e temporal dos traballos que se vaian realizar, que faga posible o cumprimento do establecido nos pregos de condicións do proxecto.
* Establécense e organízanse as operacións de mantemento primario que determine o prego de condicións para a entrega do xardín.
* Organízase e supervísase a execución dos traballos, así como o cumprimento e aplicación durante estes das normas de seguridade e hixiene.

4.4.Organizar e dirixir os traballos de execución dun proxecto de vexetación do medio natural e/ou restauración da paisaxe, definindo e aplicando os procedementos e as técnicas adecuadas.* Verifícase que o proxecto que se vaia executar defina, valore e cuantifique todas as partidas das sucesivas fases da obra, e que conte coa cartografía e os planos adecuados.

* Establécese unha planificación técnica e no tempo dos traballos que se vaian realizar, para os efectuar no momento máis axeitado, que faga posible o cumprimento do establecido nos pregos de condicións do proxecto.

* Compróbase que os materiais e os produtos que se vaian empregar reúnan as características previstas no prego de condicións técnicas do proxecto.
* Verifícase que o material vexetal que se vaia empregar se atope en perfectas condicións sanitarias, e que o seu aspecto exterior sexa o correcto.
* Organízanse e establécense as técnicas de actuación paisaxística nas obras públicas (noiros de estrada, autovía, vías férreas e canles de condución de auga).
* Establécense e aplícanse as técnicas de restauración paisaxística na recuperación de vertedoiros do entullo e de lixo, canteiras e minas.
* Establécense e aplícanse as técnicas de revexetación a zonas de montaña deforestadas, mediante a instalación previa do estrato herbáceo e arbustivo.
* Organízase e supervísase a execución dos traballos de preparación para a plantación, a sementeira e a hidrosementeira, e os propios da revexetación do medio natural ou restauración da paisaxe, así como o cumprimento e aplicación durante eles das normas de seguridade e hixiene.
* Verifícase que, unha vez acabados os traballos, a obra no seu conxunto responda ás condicións do proxecto e poida ser presentada á recepción.

4.5.Organizar e dirixar a conservación, o mantemento e a restauración dos elementos vexetais dunha área axardinada, definindo e aplicando os procedementos e as técnicas adecuadas.* Planifícase e realízase, se procede desde o punto de vista de xardinaría, o inventario do xardín ou da zona axardinada e de todos os seus compoñentes estruturais.

* Establécense os criterios de conservación para os distintos elementos vivos do xardín.

* Establécese e organízase unha planificación de conservación no tempo, tendo en conta tanto as especies vexetais como os seus coidados culturais.

* Danse as ordes oportunas e precisas para a execución dos labores previstos na planificación.
* Planifícase a variación do xardín canto a flor de temporada e elementos que cumpra restituír e/ou substituír ao longo do tempo, e vixíase o seu cumprimento.
* Estímanse axeitadamente as necesidades de novas plantacións e de restauración, tanto de sebes como de árbores e arbustos.
* Organízanse e contrólanse os labores culturais para aplicar (preparación do solo, cava, bima, sachadura, fertilización, estercado, rega e limpeza) empregando os métodos axeitados a cada operación e aproveitando optimamente os medios dispoñibles.
* Organízanse e contrólanse os labores de sementeira, plantación e transplante do material vexetal, así como as regas e cantidade adecuada a cada especie.

RealizaciónsCriterios de realización

* Organízanse e planifícanse os labores de podas e restauracións especiais de árbores e arbustos, fundamentalmente canto á poda e á cirurxía arbórea, formacións de copa e restauración de raíces.
* Verifícase que as medidas de detección e control de pragas e enfermidades se apliquen conforme o plan establecido, e valórase o seu alcance e a súa magnitude.
* Supervísase e contrólase que a manipulación e o tratamento dos produtos sanitarios se leve a cabo tomando as medidas de protección prescritas.
* Verifícase que os equipamentos e a maquinaria de aplicación se regulen e manexen correctamente de xeito que se consigan os resultados previstos, cumpríndose a normativa vixente en materia de seguridade e hixiene.
* Planifícase un seguimento no tempo das zonas conservadas.
* Elabórase un inventario do xardín e trázanse os planos do seu estado actual.
* Defínese a problemática existente na parte vexetal, a infraestrutura e a moblaxe (rega, iluminación, xogos infantís, de os haber, e resto de obra civil).
* Elabórase e valórase un programa de restauración de todos os elementos do xardín.
* Supervísanse e organízanse os labores de restauración definidos no proxecto.
* A restauración recíbese de acordo coa filosofía, os medios e as características definidas no proxecto.

4.6.Organizar e dirixir a conservación, o mantemento e a restauración das infraestruturas, o equipamento e a moblaxe dunha área axardinada.* Planifícase e realízase, de ser o caso, o inventariado do xardín ou da zona axardinada, así como de todos os seus compoñentes estruturais, desde o punto de vista de xardinaría.

* Danse as ordes oportunas e precisas para a execución dos labores previstos na planificación.

* Planifícase o seguimento no tempo das zonas conservadas.
* Elabórase un inventario de elementos de infraestrutura (camiños, moblaxe, regas, iluminacións e sinalizacións).
* Elabórase unha planificación de mantemento de todos os elementos de infraestrutura (vías, xogos infantís e redes de rega) que cumpra as funcións previstas en cada caso, así como as normas de seguridade e hixiene establecidas.
* Avalíanse e planifícanse as posibles melloras necesarias para o mantemento en estado óptimo do xardín ou da zona axardinada dos distintos elementos non vexetais.
* Elabórase un inventario do xardín e trázanse os planos do seu estado actual.
* Defínese a problemática existente, a infraestrutura e a moblaxe (rega, iluminación, xogos infantís -de os haber- e resto de obra civil).
* Elabórase un programa de restauración de todos os elementos do xardín, e efectúase a súa valoración.
* Supervísanse e organízanse os labores de restauración definidos no proxecto.
* A restauración recibiuse de acordo coa filosofía, os medios e as características definidas no proxecto.

4.7.Organizar e dirixir os traballos de execución e conservación dun proxecto de xardín interior, definindo e aplicando os procedementos e técnicas axeitadas.* Obtéñense fotografías e planos onde se definan as características propias do espazo que se vaia decorar.

* Reúnese a información necesaria para a elaboración do proxecto, relativa ás características do espazo e ao uso ao que se vai destinar.

* Elabóranse e valóranse os planos atendendo ás normas establecidas ao respecto.
* Téñense en conta as características climáticas, de orientación, estéticas, de uso e posterior mantemento do espazo que se vai decorar definidas no proxecto.
* Verifícase que o material vexetal empregado sexa o previsto no proxecto e estea debidamente formado e san.
* Os substratos empregados, artificiais ou non, son os axeitados para o cultivo de pequenas superficies ou contedores.
* Organízanse e contrólanse os labores culturais que se vaian aplicar (fertilización, rega, reposicións, humidificación e limpeza de plantas e do conxunto), empregando os métodos axeitados a cada operación e aproveitando convenientemente os medios dispoñibles.
* Determínanse os procedementos de detección de pragas e enfermidades, así como os de manipulación e tratamento dos produtos sanitarios, tendo en conta a normativa vixente en seguridade e hixiene.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os restantes elementos de decoración e iluminación (macetas, pequenas fontes e xardineiras) responden ás características previstas no proxecto desde o punto de vista estético, de medidas e de durabilidade, consonte o previsto.

4.8.Coordinar e controlar os recursos humanos en función dos obxectivos e as actividades que se estableceron.* Establécese a distribución dos traballos e as directrices de funcionamento tendo en conta as actividades establecidas.

* Identifícanse e valóranse os problemas presentados canto a traballos realizados, persoal e medios de produción.

* Verifícase que todos os traballos realizados se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene e, en caso contrario, danse as instrucións necesarias para os corrixir.
* Os recursos humanos organízanse axeitando as características e as cualificacións das persoas aos requisitos dos postos de traballo.
* Distribúense as tarefas e asígnanselle responsabilidades a cada traballador, de tal xeito que o grupo execute e finalice as operacións cumprindo os obxectivos establecidos.
* Nos casos de incorporación de persoal, este asesórase tecnicamente nos aspectos relacionados co posto de traballo que vai ocupar.
* Mediante unha comunicación e motivación axeitada, conséguese detectar e canalizar as actitudes negativas ou positivas.
* Créase un ambiente de traballo agradable para facilitar a implicación do grupo na consecución dos obxectivos fixados, valorando as actitudes de participación, iniciativa e creatividade dos traballadores ao seu cargo.
* Colabórase no asesoramento técnico do persoal ao seu cargo.
* Establécese a coordinación coa Administración forestal para a obtención dos correspondentes permisos e os controis que se vaian realizar.
* Establécense os informes e os partes de traballo que se vaian elaborar, controlando horas de traballo, ritmo e custos, e avalíanse os resultados das actividades realizadas.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Equipamentos de toma de mostras (de solos, de augas, de flora e de fauna), equipamentos de medida (teodolito, regras e escalímetros), equipamentos de fotografía e de proxección, material de debuxo e de planimetría, equipamento informático, manuais de botánica e catálogos de especies vexetais e as súas características, con lista de prezos. Manuais de decoración. Manuais de sistemas de rega, fertilización e cultivos en xeral. Manuais de ecoloxía vexetal. Manuais de xeografía. Aixadas, anciños, tesoiras, picos-pas, motoaixadas, motocultores, tractores de rodas de potencia inferior a 40 CV, guindastres, niveladoras, motoniveladoras e rozadoras. Equipamentos de fertilización mineral, repartidores de esterco, furadoras, bimadoras. Luvas, tesoiras de poda, tesoiras de forza, marcolas, sementadoras, rolos, grades, transplantadoras (manuais e automáticas), cortadoras de céspede, escarificadores e aireadoras. Formóns, martelos, motoserras, machadas, material para subir e de seguridade.

Motobombas, diverso material de rega, mangueiras e camións cuba. Varredoras, brochas e luvas. Equipamentos de soldadura, alicates e tenaces. Catálogos e manuais de especies vexetais. Fertilizantes líquidos e sólidos, turbas, areas e terras vexetais. Sementes e material vexetal: plantas de flor, céspedes e pradarías, bulbos, árbores e arbustos (coa raíz espida e en terrón). Macetas e contedores de diversos tipos, bandexas e mástiques. Equipamentos de detección de pragas e doenzas, e de tratamentos fitosanitarios. Produtos fitosanitarios.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Esbozos de deseño, anteproxectos de deseño e gravacións en vídeo. Proxecto con especificación en planos da vexetación, infraestruturas, moblaxe e instalacións. Plan de actuación. Proxeccións. Proxecto executado. Xardín novo, mellorado e/ou renovado. Xardín restaurado. Pradarías, árbores, arbustos, plantas de flor e doutros tipos en perfecto estado de formación, desenvolvemento, floración e estado sanitario. Infraestruturas do xardín. Plans de actuación de restauración de paisaxes, noiros de estradas, autovías, vías férreas, canles de condución de auga, vertedoiros de entullo, canteiras e minas.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procesos e métodos de toma de mostras. Obtención e tratamento da bibliografía para a elaboración do proxecto de xardinaría. Método normalizado de elaboración do proxecto. Método de interpretación e de planificación para o desenvolvemento do proxecto en función das especies, o medio e a lexislación. Método de medición e correccións de planos. Método de correccións de solos. Procedementos de deseño asistido por ordenador. Procedementos de nivelación do terreo. Procedementos de preparación e mellora de terras (procesos de arado, gradado, sachado, refinado e fertilización). Método e procesos de plantación e transplante de plantas de flor, arbustos, árbores, bulbos e gallos de pradarías. Métodos e procesos de sementeira, fundamentalmente de pradarías. Métodos de poda e cirurxía arbórea. Procesos de mantemento de pradarías: aireación, revestido, rulado, resementeira, segas e fertilización. Procesos de limpeza e mantemento de infraestruturas e da área axardinada. Métodos de rega e

automatización do proceso. Sistemas de fertilización en rega. Sistemas de drenaxe. Procesos de coidado de plantas e métodos de tratamento fitosanitario (en solo, en follas).

-Información utilizada e/ou xerada.

Información sobre solos (tipos e formas), climatoloxía, botánica, especificamente sobre plantas de xardinaría (árbores, arbustos e flor cortada), sobre formas, cor e tamaños das plantas, sobre flora e fauna autóctona do terreo obxecto de actuación e sobre rega (sistemas, características e utilización). Catálogo e instrucións de uso de iluminación, moblaxe e diverso material de infraestrutura de xardíns. Catálogos e listas de prezos de plantas de viveiro e demais material vexetal. Proxecto de xardinaría: medicións, planos e orzamentos. Información sobre análises de terras, augas, fertilizantes e pragas. Inventario de especies que contemple o seu desenvolvemento e estado fitosanitario. Catálogos de sementes, de especies vexetais, de fertilizantes e de produtos fitosanitarios. Bibliografía específica sobre pragas, parasitos e doenzas. Bibliografía botánica xeral e específica sobre as especies que se van cultivar. Revistas especializadas de xardinaría. Catálogos de utilización e

mantemento da maquinaria que se vai utilizar. Catálogos sobre uso e mantemento dos sistemas de rega. Catálogos de material de infraestrutura. Normas de seguridade e hixiene e de lexislación específica en materia de xardinaría.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Empresas de xardinaría, paisaxismo e ambiente. Urbanizadoras e construtoras. Servizos públicos de xardinaría, ambiente e urbanismo. Autónomos de xardinaría. Persoal baixo a súa responsabilidade en grandes empresas de xardinaría e en empresas e/ou servizos públicos de xardinaría. Urbanizacións e pequenas empresas especializadas en procesos concretos de xardinaría (pequenas empresas de poda e de rega). Concellos. Comunidades.

2.5.5. Unidade de competencia 5: organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, a maquinaria e os equipamentos dunha empresa agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Controlar e verificar o correcto funcionamento das instalacións, a maquinaria, os equipamentos e os útiles, así como a utilización correcta dos medios de explotación.* Prográmase o plan de limpeza das instalacións, os equipamentos e as áreas, establécense os procedementos que se deben aplicar e compróbase que estean dispostos para o seu funcionamento.

* Verifícase a correcta funcionalidade e, de ser o caso, o cumprimento dos criterios de homologación establecidos da maquinaria, os equipamentos e as instalacións, e realízase un control final.

* Establécense os procedementos que se deben aplicar para o control periódico da maquinaria, os equipamentos e as instalacións.
* Establécense criterios obxectivos para a correcta utilización dos tractores, a maquinaria e os equipamentos.
* Verifícase que todas as operacións se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene persoal no traballo e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.
* Verifícase que a maquinaria estea adaptada ao establecido no Código da Circulación e na normativa complementaria, cando se teña que circular polas vías públicas.
* Establécese un calendario de utilización da maquinaria de acordo co programa de produción establecido.

5.2.Controlar e avaliar avarías, reparacións e postas a punto do equipamento da explotación, e determinar o seu alcance e os custos das intervencións correspondentes.* Ordénase, actualízase e analízase a documentación técnica e a procedente doutras fontes dispoñibles, para determinar o alcance das avarías ou fallos e elaborar un plan de actuación.

* Emítese o informe técnico do diagnóstico realizado, coa información necesaria para identificar as avarías e as operacións que cumpra realizar, para o correcto funcionamento das instalacións, a maquinaria e os equipamentos, e para avaliar o custo da intervención.

* Verifícase que os elementos e as pezas avariadas se substitúan seguindo procedementos de traballo e medidas de seguridade correctas.
* Realízanse as reparacións nas instalacións tendo en conta o tipo de material utilizado.
* Compróbase que durante o traballo se utilicen a roupa e o calzado adecuados.
* Durante as operacións de manipulación das máquinas, as instalacións, os equipamentos e as ferramentas obsérvanse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas) que fan un traballo seguro.
* Contrólase e supervísase que as reparacións e as postas a punto se efectúen en tempo e forma segundo o calendario establecido, e rexístranse os gastos correspondentes.

5.3.Programar o mantemento diario e estacional das instalacións, as máquinas e os tractores segundo o plan de produción, e controlar a seguridade no traballo.* Establécense os programas de mantemento de primeiro nivel e contrólase a execución dos traballos neles indicados.

* Verifícase que as operacións de mantemento diario e estacional se leven a cabo de acordo co programa establecido nos manuais de operación e de taller, no tempo e na forma correctos.

* Elabórase o programa de mantemento de primeiro nivel a curto e a medio prazo de engraxes, limpezas, cambio de aceites e filtros, tendo en conta métodos e tempos de traballo e de ordenación das súas fases.
* Actualízanse e ordénanse as fichas de traballo, segundo o programa de mantemento elaborado.
* Compróbase que se revisen os equipamentos portátiles de extinción de incendios, que se asegure a correcta disposición para o seu uso inmediato e que se sinalicen correctamente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verifícase que a revisión de tractores, maquinaria, equipamentos e instalacións se efectúe coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento, e que se realicen as operacións de cambio e reposición de líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas, e de lastrado de rodas.
* Establécese e contrólase un parte diario de traballo dos tractores e das máquinas que indique tempos de funcionamento, consumos e interrupcións producidas, así como as súas causas.
* Organízase o plan de mantemento de instalacións, maquinaria e equipamentos, cumprindo as obrigas administrativas e o marcado polos manuais correspondentes e tratando de aproveitar convenientemente custos e tempos.

5.4.Supervisar as operacións de preparación e mantemento das instalacións, maquinaria e equipamentos, e dar resposta ás continxencias que se presenten.* Establécense os programas de mantemento de primeiro nivel e contrólase a execución dos traballos indicados.

* Verifícase que as operacións de mantemento diario e estacional se leven a cabo de acordo co programa establecido nos manuais de operación e de taller, en tempo e forma correctos.

* Supervísase que os cambios e o estado operativo de ferramentas, útiles e equipamentos se correspondan cos indicados no manual de mantemento e nas instrucións de traballo.
* Compróbase que se revisen os equipamentos portátiles de extinción de incendios, que se asegure a correcta disposición para o seu uso inmediato e que se sinalicen correctamente.
* Coordínase a resposta ante situacións de emerxencia valorando a gravidade, parando os traballos, comunicando a continxencia e aplicando o plan correspondente.
* Organízanse e contrólanse as operacións de evolución e ensaios de máquinas e equipamentos.
* Verifícase que a revisión de tractores, maquinaria, equipamentos e instalacións se efectúe coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento, e que se realicen as operacións de cambio e reposición de líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.
* Establécense e fanse cumprir as medidas de protección e seguridade que se deben adoptar en cada caso, no referente aos medios e ás persoas.

5.5.Planificar, organizar e xestionar a instalación e o mantemento dun taller agrario, tendo en conta os medios dispoñibles e as operacións que se vaian realizar.* Subminístranse os materiais do taller na cantidade precisa e coa calidade adecuada para realizar as operacións de reparación.

* Ordénase o taller para que os seus equipamentos e as súas ferramentas estean en condicións de uso inmediato.

* Realízanse as operacións de subministración e gastos de materiais, axustándose aos cálculos previamente elaborados.
* Verifícase a almacenaxe de materiais, ferramentas e repostos, e avalíanse as necesidades de aprovisionamento a curto e a medio prazo.
* Compróbase que as condicións de almacenaxe e conservación de materiais, de útiles e de ferramentas sexan as idóneas.
* Rexístrase e actualízase a información técnica de subministracións e provedores.
* Compróbase que o material recibido se corresponda co solicitado, e que o seu estado e funcionamento sexan os correctos.
* Verifícase que todas as actuacións realizadas se levaran a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.

5.6.Elaborar o plan de adquisicións para substituír a maquinaria, os equipamentos e os útiles que chegan ao final da súa vida útil (amortizados), e para cubrir novas necesidades da empresa.* Establécese un rexistro periódico dos tempos de operación da maquinaria, incluíndo os materiais consumidos (gasóleo, aceite, etc.) e as avarías producidas.

* Realízase unha comparación anual entre os custos de produción reais obtidos ao longo do ano e as ofertas de servizo aos prezos de mercado.

* Prográmase a adquisición e a substitución de equipamento cando se aprecien diferenzas significativas entre os custos obtidos e os potencialmente razoados, ou cando polos fallos ou os aumentos das avarías se deixe de cumprir sistematicamente o programa de traballo establecido.
* Analízase a documentación técnica e económica dispoñible sobre as máquinas e os equipamentos no mercado, para determinar o plan de substitución de compra dos que están amortizados e obsoletos e non son rendibles.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízase un informe técnico-económico coa información necesaria para establecer o plan de adquisicións, onde se indiquen as características técnicas, a rendibilidade do investimento, o financiamento e o custo da operación.

5.7.Organizar e supervisar os transportes e a distribución da maquinaria, dos equipamentos e das instalacións para o carrexo dos produtos e os labores que se vaian realizar.* Organízase o transporte da maquinaria polas rutas sinaladas e seguindo as normas do código de circulación e complementarias.

* Elabórase un programa de transporte de equipamentos e de medios, tendo en conta:-A distancia e frecuencia dos transportes.-As características de peso e dimensións da maquinaria e o volume da colleita.

-As limitacións impostas polos regulamentos de circulación.
-A seguridade para persoas, máquinas e produtos.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Tractores agrícolas e forestais e bulldozer. Arados. Máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, a implantación dos cultivos, a distribución do fertilizante mineral e orgánico, a rega, a aplicación dos produtos fitosanitarios para a colleita de forraxes (feo, silo e palla), de grans e sementes, de tubérculos e raíces, de cultivos industriais e de froitas e hortalizas, así como para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, a limpeza, a clasificación e o secado das colleitas, e para a gandaría (alimentación e extracción e conservación de produtos gandeiros). Sementadoras, plantadoras, fertilizadoras, furadoras e colleitadoras. Equipamentos e instalacións de rega. Limpadoras de froitos e sementes. Seleccionadoras. Máquinas para transporte, carga e descarga. Maquinaria e equipamentos forestais: bentocargador, skidder, equipamentos de cables e teleféricos, descortizadoras mecánicas, motoserras, motorrozadoras, equipamentos de carga e transporte

de madeira e procesadores mecánicos de madeira. Apeiros e implementos. Repostos. Equipamentos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas, tales como bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipamentos de soldadura, fragua, trade, gatos hidráulicos, equipamentos de engraxe, compresor e depósito para o almacenamento de combustibles e lubricantes. Máquinas, equipamentos e instalacións gandeiras.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Maquinaria en estado óptimo de utilización como consecuencia dun mantemento periódico axeitado. Redución de problemas mecánicos e de incidencias por avarías ao aplicar medidas preventivas e de reposición de elementos e órganos no momento oportuno. Labores agrícolas e forestais realizados de conformidade coas necesidades do cultivo e de acordo co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas en función das necesidades dos animais. Estudos de viabilidade da maquinaria agraria. Estudos de custos e beneficios.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e forestais e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maqui

naria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipamentos de distribución de fertilizantes e emendas, de sementeira, plantación e transplante, de rega, de aplicación de fitosanitarios e praguicidas, de colleita e de transporte. Métodos de uso e mantemento para as máquinas, equipamentos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipamentos de muxidura e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexar as máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras. Procesos de avaliación de custos horarios das diferentes actividades. Métodos de regulación, manexo e conservación da maquinaria. Inspección técnica de vehículos (ITV).

-Información utilizada e/ou xerada.

Manuais de servizo e de taller de tractores, máquinas e equipamentos, e información técnica sobre prestacións e capacidades de traballo, sobre as posibilidades e limitacións das máquinas que se van utilizar, os procesos de mantemento de tractores e máquinas agrícolas, forestais e instalacións gandeiras. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Código da circulación e normativa complementaria. Estudos de cultivos. Axudas económicas aos cultivos das administracións públicas. Valoracións de obras agropecuarias.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Xefe de explotación e titulares de empresas agrarias. Empresarios e encargados das empresas para as que realiza os servizos. Provedores de equipamentos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria. Comunidades de bens. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Cooperativas de explotacións en común, de traballo asociado, de comercialización e de servizos. Mercos. Casas comerciais de sementes, fertilizantes e maquinaria. Parques de maquinaria.

2.5.6. Unidade de competencia 6: programar e controlar as actividades de uso público e conservación do medio natural.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Organizar os recursos para as actividades de uso público, de lecer e educativas dos espazos naturais (áreas e parques).* Establécese o plan de actividades de lecer e educativas e confecciónase o programa de recursos necesarios en función do espazo e o contorno.

* Colabórase na definición do trazado, o establecemento e a sinalización dos itinerarios de visita do espazo natural, así como na infraestrutura e a organización necesarias dos labores de acondicionamento.

* Organízase e diríxese a construción, de maneira tradicional e con material autóctono, de pequenos elementos de servizo para o uso público do espazo natural e de acordo co contorno.
* Organízanse os recursos de sinalización e o equipamento, e supervísase a súa colocación e instalación.
* Elabórase o programa de acollida de visitantes, determinando os medios necesarios, e xérase a documentación auxiliar de información e as normas para os visitantes e os usuarios do espazo natural.
* Verifícase que se cumpra e que se aplique a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo e en materia ambiental e aproveitamento do lecer.

RealizaciónsCriterios de realización

6.2.Organizar e, de ser o caso, realizar os labores de conservación e restauración do medio natural.* Establécese e organízase o plan de actividades para o control das especies vexetais e animais do espazo natural.

* Organízanse e contrólanse os labores de conservación do ecosistema programando as intervencións de restauración e mantemento do medio.

* Establécense as medidas de prevención e acción correctora en función dos informes recibidos e dos recursos dispoñibles.

* Elabórase un informe sobre a diversidade, a densidade, a área de distribución, o comportamento e a relación das especies do espazo natural; indícanse as anomalías detectadas e proporciónanse as correccións axeitadas.
* Organízase o programa de controis periódicos que se vaia realizar sobre o estado sanitario das especies do espazo que se vaia protexer, e supervísanse os tratamentos establecidos.
* Organízanse e supervísanse os labores de conservación e restauración do medio natural e de aproveitamento dos recursos naturais, consonte o plan previsto.
* Verifícase que se cumpra e que se aplique a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene nos traballos de control e vixilancia do medio natural.

6.3.Planificar e realizar, de ser o caso, as operacións de control e vixilancia do medio natural.* Realízanse correctamente as mostraxes necesarias para achegar os datos precisos na elaboración dos plans de ordenación e vixilancia.

* Organízase o plan de vixilancia do espazo que se vai protexer e prográmanse os medios adecuados para a protección das súas zonas máis sensibles.

* Establécense e organízanse os controis necesarios para a protección do medio natural en función do acceso de visitantes, as verteduras contaminantes e os focos de lume, e elabórase a información necesaria que sobre o espazo natural se lles vai subministrar aos usuarios.
* Establécese o programa de controis para a recollida dos distintos tipos de verteduras e residuos, segundo o plan xeral de protección.
* Establécense os controis, o inventario e a vixilancia das especies do ecosistema, en función da situación e do plan xeral de corrección e protección.
* Verifícase que se cumpra e que se aplique a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene nos traballos de control e vixilancia do medio natural.

6.4.Organizar o control das obras de acondicionamento e preparación do medio natural.* Prográmanse e diríxense as obras de acondicionamento e preparación do espazo natural para protexer as plantacións e as erosións do medio.

* Recompílanse e analízanse os datos e os informes sobre as condicións do medio, e avalíase a súa incidencia sobre o inicio das operacións que se vaian realizar.

* Compróbase que os medios que se vaian utilizar estean dispostos e en condicións de uso correcto segundo o plan previsto, e resólvense in situ as incidencias non contempladas.
* Verifícase que a dispoñibilidade e o aprovisionamento das especies vexetais e/ou animais se corresponda co programa previsto, e que se estean preparadas para a súa utilización.
* Establécense as cantidades, os tipos e a localización das especies vexetais e/ou animais para cumprir o programa establecido.
* Compróbase que a maquinaria e as ferramentas que se vaian utilizar sexan as axeitadas para a execución da obra que se vaia realizar, e que estean en perfectas condicións de uso.
* Establécense os procedementos para realizar as obras de apoio, acondicionamento e seguridade, segundo o plan establecido.
* Verifícase que se cumpra e que se aplique a lexislación vixente en materia seguridade e hixiene nos traballos do medio natural.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Bibliografía de campo: guías de flora e fauna. Equipamento óptico: prismáticos e anteollos. Equipamento de comunicación: portófono e radio. Recipientes para a toma de mostras. Material de marcaxe de especies: aneis, marcadores radioactivos, radiotransmisores, marcadores forestais e martelos marcadores e de sina

lamento. Vehículos. Uniformes distintivos. Sinais indicativos. Materiais naturais de construción empregados tradicionalmente para a construción de pequenas obras de carácter rústico. Cartografía elaborada.

-Produtos e resultados do traballo.

Datos para o control do espazo natural. Mostras. Atención ao público. Vixilancia do espazo físico. Informes sobre o estado da flora e da fauna. Informes sobre o estado do espazo natural (estado fitosanitario, furtivismo, itinerarios, conservación e erosións). Elaboración de cartografía temática.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas e métodos de control e vixilancia da flora e da fauna. Técnicas e métodos de control sanitario da flora e da fauna. Métodos de tomas de mostras de verteduras e residuos. Técnicas e procedementos de construcións rurais.

-Información utilizada e/ou xerada.

Cartografía. Bibliografía e guías de campo. Plans de ordenación do espazo natural. Plans de uso e xestión do espazo natural. Lexislación internacional, estatal e autonómica. Instrucións elaboradas polos organismos superiores responsables do espazo físico. Informes e fichas sobre o estado da flora e da fauna e sobre verteduras e residuos.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Público usuario do espazo natural. Persoal ao seu cargo. Persoal de centros de institucións e acollida. Institucións e organismos oficiais.

2.5.7. Unidade de competencia 7: programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Recompilar e procesar a información necesaria para a elaboración dun proxecto de viveiro, utilizando os medios axeitados.* Realízase un estudo de mercado no que se indiquen as súas necesidades e as súas tendencias.

* Analízanse as características rexionais e comarcais referentes á poboación, ao nivel de renda e ao estado ocupacional.

* Determínanse as características que debe reunir a parcela canto á localización e á orientación, ás dimensións, aos accesos, á dispoñibilidade de auga e de luz, e á características topográficas e edafolóxicas do solo.
* Procédese á elección das especies e variedades que se van cultivar, así como da súa cantidade, tendo en conta os datos obtidos anteriormente e as condicións ambientais.
* Establécense as zonas do viveiro en función das súas necesidades e determínanse as infraestruturas necesarias para a produción e a comercialización dos cultivos.
* Prevense os materiais e os medios necesarios para a implantación dos cultivos.
* Elabórase o orzamento seguindo o desenvolvemento do proxecto.

7.2.Organizar e supervisar os labores ou as operacións de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiros e invernadoiros.* Establécese o programa de produción de plantas en función dos medios dispoñibles e dos obxectivos establecidos.

* Organízase e contrólase a colleita, a manipulación e a almacenaxe de sementes, ou a súa adquisición e compra, segundo as normas establecidas.

* Contrólase que os traballos de preparación e corrección do solo, así como a súa desinfección e fertilización, se realicen segundo o planificado.
* Supervísase que a utilización e o manexo da maquinaria, os equipamentos, os apeiros e as ferramentas para a reprodución vexetal e para a preparación, desinfección e fertilización do solo sexan os adecuados para cada tipo de labor.

RealizaciónsCriterios de realización

* Establécense as técnicas e os métodos de reprodución e propagación vexetal adecuados e específicos para cada especie.
* Organízanse e contrólanse segundo o plan establecido os labores culturais e os de instalación e protección dos cultivos (regas, poda, enxerto, tratamentos, etc.).
* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos de instalación e mantemento de invernadoiros, túneles e acolchados, contemplando as instrucións do fabricante e o planificado para cada operación.
* Verifícase o cumprimento e a aplicación da lexislación vixente en materia ambiental e de seguridade e hixiene no traballo.

7.3.Organizar e supervisar as operacións de aprovisionamento de material vexetal e outros medios utilizados na propagación das plantas, aplicando as técnicas de cultivo específicas.* Organízase o proceso para a provisión de sementes en cantidade e calidade suficiente.

* Establécese o procedemento para a obtención do material vexetal utilizado en varados e esgallados.

* Planifícanse as operacións para a recolección e conservación do material utilizado na realización de enxertos.

* Organízase o proceso seguido na extracción de meristemas para a multiplicación de cultivo in vitro.
* Aplícanse as técnicas de sementeira adecuadas a cada especie, utilizando os medios adecuados.
* Establécense os procedementos para a realización do cultivo tradicional en terra libre, en contedor e in vitro.
* Organízanse os procesos para a multiplicación de plantas por enxerto, gallo e vara en cada especie vexetal.
* Selecciónanse e prepáranse os materiais e os medios adecuados para as diferentes técnicas de cultivo.

7.4.Planificar e organizar os traballos propios para o desenvolvemento dos cultivos dun viveiro.* Supervísase que as condicións de luz, temperatura e humidade dos cultivos forzados sexan as establecidas para cada especie.

* Réganse os cultivos tendo en conta o estado do terreo, a época, a frecuencia, a súa duración e as necesidades específicas.

* Organízase e contrólase que o sistema de fertilización se realice conforme as necesidades de cada especie, coas dosificacións e as frecuencias establecidas.
* Determínanse as operacións de repicado e transplante específicas, así como as podas, os pinzamentos, os entutorado e os espazamentos propios do cultivo que se vaia desenvolver.
* Compróbase periodicamente o estado sanitario das plantas e do medio, para aplicar, de ser o caso, as medidas sanitarias previstas.
* Establécese o plan para o mantemento e a conservación das instalacións en perfecto estado de uso.

7.5.Planificar os traballos de arrancado, clasificación, aviveirado, manipulado e comercialización da planta, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos de selección de plantas para a súa posterior comercialización.

* Determínanse as técnicas para a arrinca de planta cultivada en terra libre.

* Supervísase que o manexo e a utilización da maquinaria, os equipamentos e os apeiros para arranque e transporte da planta sexan os adecuados para cada operación.

* Establécense os procedementos para a clasificación, a etiquetaxe e o aviveirado da planta.
* Organízase e contrólase o proceso de preparación e venda da planta para comercializar con terrón ou en contedor.
* Verifícase o cumprimento e a aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Maquinaria, apeiros e ferramentas propios do traballo en viveiros: tractores, motocultores, plantadoras e sementadoras, arrincadoras, aporcadoras e grades, motoaixadas, navallas de enxertar, tesoiras de poda de diversos tipos, equipamentos pneumáticos de poda, serróns, esparto, cintas de plástico, mástique, cobreenxertos e rafia. Fertilizadoras. Mesturadoras de substratos. Sementadoras de terrón. Mallas antipulgón e mallas de sombreado. Equipamentos e mesas de

propagación de enraizamento e de sementeira. Macetas e bandexas. Contedores. Drenes e equipamentos de drenaxe. Equipamentos e medios para a multiplicación in vitro: vitrinas, máscaras, termóstatos, autoclaves e medidores de pH. Agarizadores. Cabinas de fluxo laminar. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, e microinvernadoiros de propagación. Acolchados. Materiais de soporte estrutural para invernadoiros. Equipamentos de rega: sistemas de bombeo e de distribución. Diferentes sistemas de rega: aspersión, goteo, nebulización ou sucos, inundación ou á manta. Equipamentos de fertirrigación (normais e informatizados). Protectores e titores: rodrigas, redes e arames. Plásticos, tirantes, cremalleiras, policarbonatos, arames e aperturas cenitais. Equipamentos de colleita. Equipamentos de limpeza e clasificación de produtos recollidos. Almacéns. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío e medidores de humidade e

temperatura.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Sementes. Material vexetativo: gallos, varas, xemas de enxerto, embrións e portaenxertos. Elementos para composición dos substratos: perlita, vermiculita, casca de piñeiro, humus, turba e area de río. Produtos fitosanitarios e fitotóxicos. Produtos hormonais. Fertilizantes sólidos, líquidos e de liberación lenta. Xeles. Plantas de distintas especies destinadas á repoboación, produción de plantas de flor para flor cortada, produción de plantas ornamentais de interior e exterior, produción de plantas para reprodución en invernadoiros e produción de plantas hortícolas para a agricultura intensiva e extensiva. Colleitas preparadas para a súa conservación e comercialización.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procesos de reprodución e propagación dependendo das especies que se cultiven e as súas características. Métodos de cultivo, de rega, fertilización e control da temperatura. Procedementos de cultivo adecuados á especie que se vaia propagar. Métodos de tratamentos das especies obxecto de cultivo. Procedementos de coidado e mantemento dos cultivos. Técnicas e métodos de produción de plantas.

-Información utilizada e/ou xerada.

Métodos de cultivo das especies para reproducir. Tratamento das sementes: colleita, extracción e manipulación. Reprodución vexetativa. Tipos de solos, substratos e fertilizantes. Detección de doenzas e pragas. Tratamentos adecuados. Prazos de seguridade. Malherboloxía aplicada aos cultivos. Analítica foliar, de solos e de augas de rega. Sistemas de rega. Fisioloxía das plantas que se vaian cultivar. Variedades. Sementes (tipos). Pés e material vexetativo. Catálogos e relacións de asociacións autonómicas, estatais e internacionais de produtores.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Cultivadores e agricultores. Autónomos. Cooperativas de produción e sociedades agrarias de transformación (SAT). Comunidades de bens. Empresas de cultivos intensivos e extensivos de flor cortada,

de repoboación forestal e de floraría. Centros de xardinaría. Viveiros forestais e ornamentais. Empresas públicas e privadas de xardinaría. Empresas de horticultura e fruticultura.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A actividade forestal caracterizouse tradicionalmente como fonte de recursos naturais dos que o aproveitamento lle permitiu ao home a obtención de materias primas, aínda hoxe insubstituíbles, así como o mantemento do gando doméstico e a práctica da caza. A xardinaría caracterizouse como unha acción derivada dos servizos públicos nas distintas administracións e, en menor medida, no ámbito privado, principalmente en núcleos grandes de poboación.

Actualmente, xunto a estes beneficios tradicionais, manéxanse outros que en ocasións teñen maior interese para a sociedade, como poden ser:

-A protección e a conservación do solo.

-A regulación do réxime hídrico.

-O uso para recreo e esparexemento.

-A conservación dos ecosistemas e da diversidade biolóxica.

-O deseño de xardíns.

-O transplante de grandes árbores.

-A cirurxía e a poda arbóreas.

-O tratamento integrado de pragas, parasitos e enfermidades en zonas urbanas.

-Programas integrados de mantemento e conservación de xardíns.

-Regas.

A importancia e interdependencia da tripla función dos montes (económica, recreativa e ambiental) nas últimas décadas e nas vindeiras, son factores decisivos que poden influír na competencia desta figura, baseada na aplicación de novas tecnoloxías no campo forestal. Estas pódense orientar á mellora xenética forestal, técnicas de micropropagación de especies forestais, ectomicorrizado para plantas de repoboación forestal, manexo integrado de pragas, programas integrados informatizados de simulación de tratamentos silvícolas, técnicas de inventariado de montes mediante teledetección, teledetección espacial aplicada ao estudo de incendios forestais, técnicas lineais de preparación de solo baixo impacto, técnicas puntuais de preparación para plantacións con cabezais abrandadores, incremento da incorporación ás explotacións madeireiras de máquinas procesadoras (cortadoras, desramadoras, etc.) e unidades de desembosque de baixo impacto para o medio.

No momento actual, o campo de actuación cambiou de maneira substancial, ao se uniren á concepción tradicional, unha serie de factores novos que cómpre ter en conta, tales como a ampliación do campo de actuación ao ámbito (pequenos xardíns, xardíns nas

dependencias das empresas ou de interior en grandes edificios), a incorporación da xardinaría aos sistemas de infraestruturas, principalmente derivados dos estudos de impacto ambiental en autovías, zonas recreativas de encoros, paseos marítimos e, por outra parte, a atención ás zonas de lecer, o que supón a potenciación de execucións de traballos de xardinaría, tanto de exteriores como de interiores, así como a comercialización, cada vez en maior cantidade, de produtos relacionados directa ou indirectamente coa xardinaría.

Así mesmo, cumprirá coñecer as posibles innovacións canto á nova maquinaria propia dos labores de xardinaría, as actuacións referentes á aplicación dos plans urbanísticos, e a racionalización dos custos directos e indirectos consecuencia da aplicación deses plans.

Por todo o exposto, é de suma importancia que este profesional estea aberto ás posibles innovacións que as necesidades sociais lle demanden.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Ás actividades tradicionais descritas con anterioridade pódenselles sumar outras, debido á reorientación doutros sectores agrarios que potenciarán as competencias e actividades deste profesional. É previsible:

-A recuperación forestal de terras de cultivos agrícolas abandonadas por falta de competitividade e producións de subsistencia baseada na política agraria comunitaria.

-Restauracións hidrolóxico-forestais en zonas críticas.

-Ampla oferta cinexética como actividade económica interesante para algunhas comunidades autónomas.

-Turismo rural, uso e aproveitamento dos espazos naturais.

-Plans de ordenación integral dos montes.

Os cambios na actividade tradicional da xardinaría estarán máis orientados cara a formas de uso do xardín, tanto de exterior como de interior, cambios que se poden referir a:

-Transformación de parámetros de deseño, utilizando técnicas de deseño integrado mediante a utilización de tecnoloxía informática.

-Recuperación de zonas de vertedoiros controlados e a súa incorporación ao ambiente urbano.

-Recuperación de zonas mineiras e a súa transformación en parques periurbanos.

-Creación de pequenas empresas de servizos de xardinaría, deseño e ornamentación de vivendas e espazos pechados concretos (celebracións que precisen de ornamentación floral).

-Utilización da xardinaría como elemento sanitario humano no tratamento de doenzas de tipo motriz e psíquico.

2.6.3. Cambios na formación.

Baseándose no exposto, a formación contemplará a racionalidade na tripla función económica, recreativa e de conservación do medio natural asignada actualmente pola demanda da sociedade.

Deberá ter unha base en parte tradicional, no que se refire aos labores, ao uso e ás formas do medio natural actual canto aos seus coñecementos de botánica, técnicas de cultivo, mantemento e urbanismo, e en parte adaptada aos cambios permanentes respecto das novas tecnoloxías, os cambios na utilización da paisaxe, a incorporación de novas tendencias de conservación e a utilización dos espazos verdes.

2.7. Posición no proceso produtivo

2.7.1. Contorno profesional e de traballo

Exercerá o seu labor fundamentalmente na Administración ou en empresas públicas ou privadas e, nalgúns casos, poderase establecer como autónomo.

As actividades dentro do campo profesional derivan cara a:

-Actividades relacionadas coa produción, o aproveitamento e o mantemento dos recursos naturais, fundamentalmente forestais.

-Actividades relacionadas coa protección e a conservación da natureza.

-Servizos públicos de parques e xardíns de concellos, deputacións provinciais, organismos gobernamentais e demais organismos que o requiran.

-Grandes empresas de xardinaría.

-Pequenas empresas de xardinaría e floraría.

-Actividades profesionais relacionadas co urbanismo e a decoración.

-Actividades relacionadas coa xestión de zonas periurbanas dedicadas ao lecer.

-Actividades relacionadas coa produción de plantas ornamentais e a súa comercialización.

-Actividades relacionadas coa ornamentación, floraría, asesoramento e venda de produtos de xardinaría.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Podería formar parte dun equipo de organización e supervisión de traballos e obras relacionadas con:

-Produción de plantas en viveiros.

-Implantación no medio forestal.

-Mantemento dos recursos presentes no monte para a súa mellora e o racional aproveitamento posterior.

Así mesmo, a súa área funcional podería incluír actividades relacionadas coa xestión de áreas recreativas e de lecer, así como de vixilancia do patrimonio natural, e os posibles impactos agresores ao medio.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse deseguido as ocupacións e os postos de traballo que

poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

-Encargado de explotacións forestais ou espazos naturais. Xestor cinexético. Viveirista. Silvicultor. Axente ambiental. Guía da natureza. Colaborador de centros de interpretación da natureza. Encargado de prevención e extinción de incendios forestais. Técnico en fotografía e traballos alsodasométricos. Encargado de tratamentos fitosanitarios en forestais e xardíns. Encargado de maquinaria forestal. Encargado en piscifactorías. Consultor de empresas de traballos forestais e aproveitamentos de recursos forestais. Colaborador en gabinetes de educación ambiental. Colaborador en empresas de impacto ambiental. Colaborador en laboratorios de investigación e control. Colaborador en tarefas educativas en aulas da natureza e centros de interpretación. Deseño e mantemento de xardíns. Responsable de viveiros de plantas ornamentais. Deseño e desenvolvemento de proxectos de restauración de xardíns. Deseño de campos de golf. Organización do mantemento de campos de golf e de áreas recreativas

urbanas e periurbanas. Autónomo en empresas de xardinaría e/ou floraría. Deseño de interiores. Responsable de obras de xardinaría a pé de obra.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

-Interpretar e analizar a documentación técnica utilizada na execución e no control dos procesos de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

-Analizar e aplicar técnicas e tecnoloxías para a planificación e o control dos procesos de restauración, mantemento, defensa e aproveitamento dos recursos forestais.

-Analizar e aplicar as técnicas e tecnoloxías para a planificación e o control dos procesos de instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe.

-Analizar e aplicar as técnicas e tecnoloxías para a planificación e o control dos procesos de xestión e protección dos hábitats e poboacións de especies cinexéticas e de augas continentais.

-Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar documentación técnica imprescindible nos labores de control e vixilancia do medio natural e nas actividades de uso público das especies naturais.

-Determinar estratexias de comunicación para transmitir e recibir información correctamente e resolver situacións conflitivas, tanto no ámbito das relacións no contorno de traballo como nas relacións con visitantes dos espazos naturais.

-Utilizar equipamentos e programas informáticos aplicados á súa actividade profesional, para procesar datos referentes á xestión e á organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

-Realizar os procesos básicos de planificación dos diferentes aproveitamentos forestais, relacionalos cos recursos materiais e humanos necesarios, e avaliar a súa importancia económica.

-Analizar os procesos básicos de planificación da instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe, relacionalos cos recursos materiais e

humanos necesarios, e avaliar a súa importancia económica.

-Analizar os procesos básicos de planificación da xestión e protección dos hábitats e poboacións de especies cinexéticas e de augas continentais, relacionalos cos recursos materiais e humanos necesarios, e avaliar a súa importancia económica.

-Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona as actividades que se desenvolven no medio natural e identificar os dereitos e as obrigas que se derivan do contorno do traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

-Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

-Analizar as normas e as regulacións ambientais, os sistemas de prevención e control e os tratamentos necesarios aos elementos contaminantes.

-Valorar estratexias e posibilidades de aproveitamento e, de ser o caso, comercialización dos beneficios xerados polo uso múltiple do espazo natural.

-Analizar as operacións mecanizadas e o funcionamento das instalacións, e programar, supervisar e avaliar o seu funcionamento, propondo a selección de novos equipamentos e as melloras para a correcta adaptación dos existentes ao plan produtivo da empresa.

-Analizar as operacións de mantemento e reparación básica de máquinas, equipamentos e instalacións, e organizar as instalacións dun taller agrario nas debidas condicións técnicas e de xestión, aplicando a normativa correspondente, especialmente a referente á seguridade e hixiene.

-Analizar as necesidades e os riscos de seguridade e hixiene sobre as persoas, os equipamentos, os produtos e as instalacións da empresa, e organizar a súa prevención aplicando as normas e medidas que correspondan e que permitan a preservación do medio ambiente.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha empresa agraria.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha empresa agraria.

Capacidades terminais elementais

-Seleccionar o método e as técnicas de recollida de datos para o estudo e toma de decisións dunha empresa agraria.

-Identificar as variables económicas que afectan ao sector produtivo.

-Analizar os recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para establecer a súa viabilidade.

-Determinar a orientación produtiva da explotación en función da análise dos recursos.

-Elaborar os estudos técnico-económicos precisos para determinar a viabilidade actual e potencial da empresa.

-Intrepretar a normativa vixente e os requisitos legais necesarios para a constitución dunha empresa agraria.

-Analizar os procedementos para a posta en marcha e a organización dunha empresa agraria.

-Analizar os criterios e os procedementos para a elaboración dun plan xeral de actividades.

-Determinar a necesidade de medios persoais e materiais na explotación (maquinaria, equipamentos, apeiros e instalacións) e cuantificar a realización de investimentos para o seu óptimo desenvolvemento.

-Organizar e xestionar o financiamento da empresa, calculando as necesidades e determinando as fontes, os tipos e os custos, ademais de realizar as xestións oportunas para acometer os investimentos previstos.

-Establecer o plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e dos obxectivos previstos.

-Seleccionar a combinación de recursos existentes na explotación co fin de obter a máxima rendibilidade.

-Calcular o orzamento de ingresos e gastos da cada unha das actividades programadas.

-Establecer as áreas funcionais dunha empresa e a relación entre elas para racionalizar o desenvolvemento das distintas tarefas.

-Analizar as diferentes formas xurídicas de empresa e asociación agraria ás que se pode optar, e sinalar as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

-Analizar os documentos necesarios para a posta en marcha e o desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria, e elaborar a documentación requirida segundo a lexislación vixente.

-Analizar as formas máis usuais no sector agrario de promoción, adquisición e comercialización de produtos ou servizos.

-Elaborar un plan de promoción e comercialización dos produtos da explotación.

-Analizar os procedementos de control, manipulación e almacenaxe de produtos, e de elaboración de inventarios.

-Levar a contabilidade dunha empresa segundo a normativa vixente e orientada prioritariamente á mellora dos seus resultados económicos.

-Analizar as normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo e relacionalas coas medidas preventivas que cumpra adoptar para a protección do medio natural.

-Analizar as distintas actividades de desenvolvemento rural que se poden levar a cabo, identificando as súas características xerais e as institucións que as ofrecen.

-Elaborar criterios para seleccionar os recursos que se deben utilizar nos programas de desenvolvemento rural.

-Seleccionar e aplicar as estratexias de dinamización de grupos e persoas para a execución dun proxecto de desenvolvemento rural.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

A empresa agraria e o seu contorno. Formas xurídicas.

* Determinación das necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que lle afecta ao sector, fundamentalmente para definir o plan xeral de actividades da empresa.

* Identificación e selección das fontes de información máis fiables e representativas, que proporcionen datos para o estudo, a toma de decisións e o funcionamento da empresa.

* Interpretación da normativa que regula a constitución e a posta en marcha dunha empresa agraria.

* Realización das xestións precisas para a obtención da documentación necesaria para o inicio da actividade tras coñecer os organismos oficiais que levan a cabo o trámite necesario.

* Establecemento dos datos precisos para o seu estudo e a súa recollida en formato preestablecido.

* Confección, organización, mantemento e procesamento dun arquivo documental coa información e os datos recollidos, de tal xeito que permita a súa correcta interpretación e a posterior toma de decisións.

* Elaboración de informes que presenten conclusións obtidas da análise da información recollida, e establecemento dos obxectivos susceptibles de se conseguir.

* Determinación da orientación produtiva da explotación segundo os recursos dispoñibles.

* Análise da posible asociación con outras empresas para a xestión conxunta, a utilización de medios de produción en común ou a posta en marcha de servizos.

Organización, funcións e obxectivos da empresa

* Análise dos recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles, e establecemento da súa viabilidade.

* Establecemento dunha planificación xeral de actividades da empresa en que se definan:

-Obxectivos que se pretenden acadar.

-Fases de desenvolvemento do plan.

-Análise e estudo de alternativas económicas.

-Temporalización das actividades, establecendo prioridades e coordinación entre elas.

-Organización e recursos humanos precisos.

-Orzamento baseado nos recursos dispoñibles.

-Axudas técnicas e económicas que se poden recibir.

* Determinación das necesidades de medios humanos e materiais para as diferentes actividades dunha explotación.

* Determinación da estrutura organizativa da empresa segundo a súa orientación produtiva, concretando as funcións e as actividades que se desenvolvan sobre a base dos obxectivos previstos.

* Determinación das necesidades de instalacións, maquinaria e equipamentos segundo a planificación establecida.

Cálculo de custos e análise de investimentos.

* Análise de procesos produtivos.

* Realización de previsións de custos de produción.

* Elaboración de estudos técnico-económicos para determinar a viabilidade actual e potencial da empresa.

* Interpretación de índices de avaliación de investimentos.

* Selección da combinación de recursos existentes na empresa co fin de obter a máxima rendibilidade.

* Planificación de novos investimentos, tendo en conta as características das actividades que se desenvolvan.

Financiamento.

* Identificación dos recursos financeiros dispoñibles e, de ser o caso, das necesidades de financiamento.

* Selección da fonte e da modalidade de financiamento alleo máis axeitada ás necesidades previstas.

Xestión administrativa, de persoal e comercial.

* Realización da xestión de compras ou arrendamento de servizos, selección de provedores e decisión do sistema de adquisición e de pagamento máis conveniente.

* Análise das modalidades de contratación de persoal máis habituais no sector conforme a lexislación laboral vixente.

* Análise das principais variables que conforman a oferta e a demanda de produtos.

* Análise das técnicas de xestión e negociación con clientes e provedores.

* Identificación dos factores externos e internos máis importantes que condicionan a xestión de novas redes comerciais.

* Realización de tarefas de control, organización e administración de almacéns.

* Realización de estudos de mercados agrarios.

Xestión contable e fiscal, e aplicacións informáticas.

* Xestión das obrigas fiscais e laborais da empresa: impostos, altas e baixas, nóminas, seguros sociais, contratos laborais, etc.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos e obtención de índices.

* Elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Organización do sistema de control de seguridade e hixiene no traballo, tendo en conta a normativa vixente.

* Organización e supervisión do cumprimento da normativa vixente referida á seguridade e hixiene laboral da empresa agraria.

* Organización e xestión dos sistemas de recollida, tratamento, eliminación e depuración de residuos e subprodutos da explotación.

* Identificación e aplicación das técnicas de primeiros auxilios e medidas sanitarias básicas.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Análise das políticas de desenvolvemento rural e das accións dependentes das administracións públicas.

* Análise das técnicas de animación e dinámica de grupos, en función da situación e das actividades que se desenvolvan.

* Elaboración de criterios co fin de determinar as accións de desenvolvemento rural, e selección e organización dos recursos necesarios.

* Establecemento de actividades para protexer e mellorar os recursos ambientais do contorno, integrándoas cos sectores produtivos.

* Elaboración de documentos didácticos que favorezan a evolución do grupo ao que se lle aplica a acción de desenvolvemento.

Contidos conceptuais

A empresa agraria e o seu contorno. Formas xurídicas.

* Empresa agraria. Concepto xurídico-económico.

* Actividade económica da empresa. Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais.

* Indicadores socioeconómicos da empresa agraria.

* Réxime de tenza da terra. Lexislación aplicable.

* Sociedades e asociacións no sector agrario. Cooperativas agrarias. Sociedades agrarias de transformación. Organizacións de produtores.

* Lexislación comunitaria, estatal e autonómica de aplicación no sector.

* Técnicas e procedementos de obtención de información.

Organización, funcións e obxectivos da empresa.

* Xestión de constitución e posta en marcha da empresa.

* Sistemas e orientacións produtivas.

* Política agraria comunitaria (PAC).

* Planificación: proceso e tipos de plans.

* Proxecto de actividades e de explotación: análise de situación.

* Plan de investimento e capital de explotación. Sistemas de financiamento. Axudas e subvencións. Análise e control de custos.

Cálculo de custos e análise de investimentos.

* Custos: fixos e variables, directos e indirectos.

* Amortizacións. Tipos: técnicas e financeiras.

* Custos de man de obra, maquinaria, edificios e produtos, segundo a orientación produtiva da empresa agraria.

* Límites de rendibilidade: cálculo.

* Investimentos: métodos de valoración.

* Risco e incerteza.

* Interpretación e análise de resultados. Toma de decisións.

Financiamento.

* Tipos: a prazo curto ou longo; con e sen devolución do principal. Axudas e subvencións.

* Fontes de financiamento. Características. Garantías.

* Custos do financiamento. Cálculo de xuros e amortización de préstamos.

* Grao de endebedamento. Cálculo.

* Técnicas de análise de viabilidade financeira.

Xestión administrativa, de persoal e comercial.

* Técnicas de arquivo na empresa agraria.

* Documentación administrativa. Xestión de impresos e formularios.

* Relación laboral. Modalidades de contratación. Convenios colectivos no sector.

* Seguridade Social e outras prestacións.

* Seguros agrarios e da explotación.

* Técnicas de xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

* Técnicas de promoción comercial de produtos e/ou servizos da empresa.

* Política de compras. Avaliación e control da función de compras.

* Técnicas de venda e negociación. Técnicas de atención ao cliente.

* Elementos básicos de comercialización. Prestación de servizos.

* Inventarios.

Xestión contable e fiscal, e aplicacións informáticas.

* Contabilidade. Obxectivos. Proceso contable básico na empresa.

* Libros de contabilidade e de rexistro.

* Patrimonio. Balances. Contas.

* Plan xeral de contabilidade.

* Contabilidade por marxes brutas da empresa agraria: seguimento, control e análise das actividades produtivas e económicas. Diagnóstico técnico-económico. Consello de xestión. Toma de decisións.

* Fiscalidade agraria. Calendario fiscal e obrigas formais.

* Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), sobre o patrimonio, sobre o valor engadido (IVE), sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sobre sucesións e sobre doazóns.

* Réxime fiscal das cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT) e agrupacións e asociacións.

* Equipamentos informáticos e ofimáticos. Utilización de programas informáticos de xestión de empresas e tratamento da información.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Marco normativo de saúde, seguridade e hixiene laborais.

* Riscos profesionais nas diferentes actividades.

* Sistema de seguridade segundo as actividades e os traballos que se desenvolvan.

* Marco normativo sobre medidas de protección ambiental.

* Impacto ambiental nos procesos de produción das empresas agrarias.

* Avaliación do impacto ambiental.

* Residuos e produtos de refugo: métodos de recollida e almacenaxe; sistemas de reciclaxe e eliminación.

* Emisións á atmosfera. Verteduras líquidas. O delicto ecolóxico.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Desenvolvemento rural no marco da Unión Europea.

* Medidas políticas de desenvolvemento rural.

* Programas operativos das rexións menos desenvolvidas: diagnóstico do territorio. Elaboración de estratexias de desenvolvemento.

* Programas de innovación rural: apoio técnico ao desenvolvemento rural. Formación profesional de animadores e da poboación local. Apoio ao turismo rural como vía de diversificación económica. Apoio a diversas empresas. Comercialización da produción agrícola, pesqueira e forestal.

* Aproveitamento dos recursos naturais.

* Conservación do medio e do contorno.

* Accións das administracións públicas no medio rural.

Contidos actitudinais

A empresa agraria e o seu contorno. Formas xurídicas.

* Valoración da importancia de dispor de documentación que proporcione datos para o estudo ou funcionamento da empresa, ou para a toma de decisións.

* Recoñecemento da necesidade de analizar as diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de relacionar os distintos tipos de aproveitamento coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

Organización, funcións e obxectivos da empresa.

* Hábito de seguimento das actividades produtivas.

* Rigor no establecemento dos obxectivos para acadar e das necesidades materiais e persoais para a súa consecución.

Cálculo de custos e análise de investimentos.

* Hábito de realizar cálculos precisos na realización de previsións e nos estudos económicos da empresa.

* Rigor na interpretación de índices de avaliación de investimentos.

Financiamento.

* Atención na procura de recursos de financiamento da empresa.

* Consciencia da importancia dun bo financiamento.

Xestión administrativa, de persoal e comercial.

* Valoración da importancia da xestión comercial, administrativa e de persoal.

Xestión contable, fiscal e aplicacións informáticas.

* Pulcritude e rigor na utilización de aparellos informáticos.

* Valoración da normativa fiscal e laboral que afecta á empresa agraria.

* Rigor na formalización da documentación fiscal e contable preestablecida pola Administración competente.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Recoñecemento da necesidade de protección do medio e valoración da normativa legal.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Valoración da importancia da aplicación dos primeiros auxilios e medidas sanitarias básicas no caso de accidente.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Preocupación polo desenvolvemento rural na zona de influencia da empresa.

* Sensibilidade na promoción e organización de actividades.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

3.2.2. Módulo profesional 2: xestión dos aproveitamentos forestais.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e controlar o aproveitamento dos recursos forestais.

Capacidades terminais elementais

-Analizar as diferentes partes dun proxecto ou plan técnico de aproveitamento de produtos forestais, interpretando as súas diferentes partes e documentos e relacionando as directrices e condicionantes coas solucións técnicas establecidas.

-Analizar os sistemas de representación cartográfica, interpretando os diferentes planos e identificando sobre o terreo as áreas de actuación definidas no proxecto.

-Analizar as características xerais, o proceso de realización e as fases de traballo dos diferentes aproveitamentos, para determinar o método máis axeitado e para planificar os traballos.

-Organizar as tarefas de sinalización e cuantificación de existencias de produtos, e seleccionar as técnicas e os equipamentos máis axeitados.

-Determinar os custos e as necesidades de medios humanos e materiais para realizar os traballos de aproveitamento, considerando os prazos de execución, a cantidade de produtos e outros condicionantes.

-Determinar a densidade e as características da rede de pistas e vías de saca necesarias para o transporte dos diferentes produtos, en función do seu uso e da tipoloxía do terreo.

-Analizar as características da maquinaria empregada na construción e no mantemento das pistas e vías de saca para utilizar a máis axeitada en cada caso.

-Organizar e xestionar a comercialización dos produtos madeireiros, analizando as canles de comercialización, os prezos e as normas de calidade exixidas.

-Organizar os procesos de recolleita, conservación e comercialización de plantas ornamentais, aromáticas e medicinais, froitos, resinas, cascas e cortizas, cogomelos e produtos apícolas.

-Analizar os procesos de compravenda de produtos forestais polo sistema de poxa e outros métodos de adxudicación.

-Organizar de forma racional o aproveitamento e a mellora de pastos, determinando a carga gandeira e o sistema de pastoreo, e analizando as características do gando e a vexetación do monte, para acadar un equilibrio silvopastoral.

-Verificar a realización dos traballos, comprobando que se cumpren os plans previstos, e corrixir as desviacións cualitativas e cuantitativas detectadas, así como os desfases entre as operacións sucesivas.

-Analizar as características das ferramentas, os equipamentos e as máquinas que se utilizan en aproveitamentos forestais para seleccionar as máis axeitadas segundo o traballo que se realice e a finalidade perseguida, consonte criterios de seguridade e rendibilidade.

-Analizar as características da vestimenta e dos equipamentos de seguridade e de protección persoal empregada nestes traballos, para evitar accidentes e concretar as medidas de seguridade e hixiene que se deben adoptar.

-Operar coas ferramentas, equipamentos e máquinas, verificando o seu mantemento e o estado dos elementos de seguridade e protección, para acadar o máximo rendemento e seguridade no traballo.

-Coordinar os recursos humanos e materiais dunha empresa de aproveitamentos forestais, asignando tarefas e funcións, establecendo os informe, os partes de traballo e os sistemas de control de produtividade, e avaliando os resultados.

-Analizar a lexislación e a normativa referentes aos aproveitamentos dos diferentes produtos forestais, para as aplicar e verificar o seu cumprimento.

-Xestionar os permisos, as autorizacións e os trámites necesarios ante as administracións públicas, para poder realizar os diferentes aproveitamentos.

-Analizar o impacto ambiental e os danos ecolóxicos que se poden producir como consecuencia dos aproveitamentos forestais, así como as técnicas para os evitar e corrixir.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Proxectos e plans de aproveitamento.

* Análise das características dun proxecto de aproveitamentos e identificación das súas partes.

* Interpretación de planos e descrición dos diferentes sistemas de representación cartográfica.

* Identificación e localización sobre o terreo das áreas de actuación definidas no proxecto.

* Análise e interpretación do estudo económico e do orzamento.

* Análise e estimación das producións previstas no proxecto.

Planificación dos aproveitamentos e comercialización de produtos.

* Análise das condicións específicas da área obxecto de aproveitamento e das características dos produtos.

* Determinación das técnicas de aproveitamento máis axeitadas.

* Cuantificación e valoración de produtos para obter.

* Cálculo de rendementos de máquinas e equipamentos forestais.

* Cálculo de medios humanos e materias necesarios.

* Elaboración dun plan de execución dos traballos, determinando os prazos de realización de cada fase.

* Selección de ferramentas, equipamentos e máquinas para os distintos traballos de aproveitamento.

* Asignación de equipamentos ás diferentes tarefas, en función dos medios dispoñibles e dos ritmos de produción.

* Planificación do aproveitamento, a conservación e a mellora dos pastos e do manexo do gando.

* Determinación da densidade, as características, os sistemas de construción e o mantemento de pistas e vías de saca.

* Selección das máquinas máis axeitadas para a construción e o mantemento das pistas e das vías de saca.

* Cálculo de custos dos traballos de aproveitamento.

* Análise dos sistemas de compra e venda, así como das canles de comercialización dos diferentes produtos forestais.

Coordinación e control de traballos.

* Verificación de que os traballos se realizan conforme a secuencia preestablecida.

* Verificación de que non se producen desfases entre as operacións sucesivas e, en caso contrario, introdución das medidas rectificadoras oportunas.

* Control dos traballos de construción e mantemento das pistas, vías de saca e puntos de carga.

* Verificación do mantemento da maquinaria e dos equipamentos empregados.

* Deseño de documentos de control dos traballos: partes, formularios, informes, etc.

* Distribución do persoal dispoñible en equipos de traballo.

* Comprobación de que os traballos se realicen coas ferramentas, as máquinas e os equipamentos adecuados.

* Comprobación de que os produtos obtidos reúnan os criterios de calidade exixidos.

* Verificación de que os produtos se conserven de xeito correcto.

* Comprobación de que a carga gandeira sexa a idónea en función dos pastos dispoñibles e do sistema de pastoreo utilizado.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade vixentes.

Lexislación.

* Formalización de documentos para a obtención de licenzas, autorizacións e trámites necesarios ante as administracións públicas.

* Aplicación das normativas legais sobre aproveitamentos.

* Análise da normativa sobre impacto ambiental e danos ecolóxicos ocasionados e, de ser o caso, proposición de medidas correctoras.

* Aplicación das medidas correctoras de seguridade e hixiene que se deban adoptar no traballo.

* Supervisión da vestimenta e dos equipamentos de seguridade e protección persoal.

Contidos conceptuais

Proxectos e plans de aproveitamentos.

* Proxectos e plans de aproveitamentos forestais. Partes e características.

* Sistemas de representación cartográfica.

* Planos. Escala. Cotas.

* Métodos e técnicas de estimación e valoración de producións.

Planificación dos aproveitamentos e comercialización de produtos

* Sistemas e métodos de aproveitamento dos diferentes produtos: características xerais; proceso de realización; fases.

* Medios humanos: características; selección e formación.

* Medios materiais: características, rendementos e custos.

* Pistas, vías de saca e puntos de carga: características e densidade.

* Custos de produción.

* Canles de comercialización. Axentes comerciais.

* Adxudicación de aproveitamentos: directa, por poxa e por concursos.

* Tipificación e criterios de calidade dos diferentes produtos.

* Técnicas de sinalización e medición de produtos. Instrumentos empregados.

Coordinación e control dos traballos.

* Documentos de traballo: partes, formularios, informes, etc.

* Criterios de selección e distribución de operarios.

* Ferramentas, materiais, equipamentos e máquinas empregadas: características, funcionamento, técnicas de utilización e mantemento.

* Sistemas e técnicas de construción e mantemento das pistas, vías de saca e puntos de carga. Maquinaria empregada.

* Técnicas e procedementos de conservación de plantas ornamentais, aromáticas e medicinais, froitos silvestres, cascas, resinas, cogomelos e produtos apícolas.

* Aproveitamento de pastos: técnicas e procedementos de conservación e mellora.

* Carga gandeira. Sistemas de pastoreo e silvopastorais.

Lexislación.

* Lexislación e normativa aplicable aos aproveitamentos dos diferentes produtos forestais.

* Permisos e autorizacións: tipos e trámites.

* Impacto ambiental e danos ecolóxicos: normativa legal e técnicas de corrección.

* Equipamento de seguridade e protección persoal: compoñentes e características.

Contidos actitudinais

Proxectos e plans de aproveitamento.

* Rigor no cumprimento das instrucións dadas polos proxectistas, tanto escritas como verbais.

* Consciencia da importancia da correcta interpretación dos planos e outros sistemas de representación cartográfica.

* Rigor na localización sobre o terreo das diferentes áreas de actuación definidas nos proxectos ou nos plans de aproveitamento.

* Consciencia da importancia de interpretar os diferentes documentos que compoñen un proxecto e a relación entre eles.

Planificación dos aproveitamentos e comercialización de produtos.

* Consciencia de ter en consideración as condicións específicas das distintas áreas obxecto de aproveitamento e as características dos produtos.

* Consciencia da importancia de empregar as técnicas de aproveitamento axeitadas aos diferentes produtos e situacións.

* Hábito de calcular o rendemento de diferentes máquinas e equipamentos.

* Hábito de facer plans de execución de traballos e de determinar os prazos de realización de cada fase.

* Rigor no cálculo de necesidades de medios humanos e materiais necesarios para cada traballo.

* Rigor na cuantificación e na valoración dos produtos.

* Preocupación por informarse das diferentes canles de comercialización e dos sistemas de compra e venda.

Coordinación e control dos traballos.

* Compromiso co cumprimento das secuencia de traballo preestablecidas en cada caso.

* Hábito de verificar os traballos realizados, en especial os máis delicados ou que requiran maior exactitude.

* Consciencia da importancia de cubrir periodicamente os diferentes partes, formularios, informes, etc.

* Rigor na aplicación dos parámetros de calidade esixidos nos produtos obtidos.

* Responsabilidade no cumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

Lexislación.

* Compromiso coa aplicación da normativa legal sobre aproveitamentos.

* Sensibilidade coa normativa sobre impacto ambiental e danos ecolóxicos que se poidan ocasionar na actividade.

3.2.3. Módulo profesional 3: xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e controlar o aproveitamento dos recursos forestais.

Capacidades terminais elementais

-Identificar as principais especies cinexéticas e piscícolas de augas continentais, así como as especies depredadoras e competidoras, a partir de trazos anatómicos, rastros e restos.

-Describir os hábitos de comportamento e as características dos seus hábitats naturais.

-Analizar as relacións de depredación e competencia entre as especies existentes nun determinado hábitat, coa finalidade de interpretar as estratexias de actuación que posibilitan a conservación racional dos recursos cinexéticos e piscícolas.

-Organizar e controlar os traballos de campo necesarios para estimar a densidade e a composición das poboacións das diferentes especies, coa finalidade de avaliar o estado e a evolución dos ecosistemas.

-Avaliar o estado dos ecosistemas e hábitats das especies obxecto de aproveitamento cinexético e piscícola, a partir dos índices calculados cos datos obtidos nos estudos de campo, para definir as estratexias de aproveitamento compatibles coa súa conservación.

-Analizar as características das instalacións e construcións de uso habitual para mellorar os hábitats das especies cinexéticas e piscícolas.

-Planificar e organizar as operacións de campo necesarias para manter ou mellorar os hábitats das especies de caza e pesca continental, seguindo as instrucións dun plan preestablecido.

-Identificar os síntomas das principais enfermidades das especies cinexéticas e piscícolas, organizar e aplicar os tratamentos prescritos polo facultativo competente, e verificar que se respectan os procedementos preestablecidos.

-Analizar o funcionamento de piscifactorías e granxas cinexéticas, definindo as características das infraestruturas necesarias e os procedementos de cría en catividade, para organizar e supervisar a realización das operacións definidas nun proceso produtivo.

-Analizar os procesos de repoboación de especies cinexéticas e piscícolas nunha zona de actuación, interpretando a normativa legal aplicable, describindo as condicións de transporte e definindo as caracte

rísticas dos medios e dos equipamentos axeitados para cada actividade.

-Analizar as diferentes modalidades de caza e pesca continental e as características dos espazos cinexéticos e piscícolas, segundo a normativa legal vixente, para interpretar os plans de xestión destes recursos.

-Analizar as características e o funcionamento das federacións e sociedades de cazadores e pescadores, e identificar as súas atribucións e responsabilidades, así como a súa relación coas administracións públicas.

-Identificar os diversos elementos e equipamentos utilizados na caza e na pesca continental e relacionalos coas correspondentes modalidades, para detectar posibles infraccións da normativa e da regulamentación vixente.

-Organizar os servizos de control e vixilancia das actividades de caza e pesca nos espazos cinexéticos e piscícolas, e verificar a axeitada realización dos trámites de inicio do proceso de sanción das infraccións, de ser o caso.

-Organizar actividades de caza e pesca dentro dun espazo previamente caracterizado, establecendo as modalidades que se desenvolvan, realizando as xestións administrativas oportunas e divulgando as normas e regulamentacións legais e de seguridade aplicables.

-Analizar os criterios de valoración en man e en campo dos trofeos de caza, segundo as modalidades e os baremos preestablecidos.

-Realizar a previsión de custos, medios e equipamentos necesarios e prazo de execución, para desenvolver un traballo de aproveitamento, xestión, protección ou mellora nun espazo cinexético ou piscícola, seguindo procedementos estandarizados.

-Coordinar os recursos humanos e materiais nas operacións de aproveitamento, xestión, protección ou mellora dun espazo cinexético ou piscícola.

-Asesorar e instruír outros operarios nos aspectos técnicos e de seguridade relacionados coas operacións de aproveitamento, xestión, protección e mellora dos recursos cinexéticos e piscícolas, amosando actitudes positivas e utilizando técnicas de comunicación axeitadas.

-Analizar os posibles impactos ambientais e danos ecolóxicos que se poden producir na xestión cinexética e piscícola, así como nas actividades de caza e pesca, para os evitar, reducir ou corrixir.

-Coordinar e verificar a aplicación da normativa específica de seguridade e hixiene nos traballos de xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Especies cinexéticas e de augas continentais.

* Identificación das especies obxecto de aproveitamento cinexético e piscícola.

* Identificación das principais especies depredadoras e competidoras.

* Análise dos seus ciclos biolóxicos e dos hábitos de comportamento.

* Identificación da distribución xeográfica nun ámbito estatal e autonómico dos hábitats das diferentes especies.

Hábitats e poboacións das especies cinexéticas e de augas continentais.

* Organización e control dos traballos de avaliación dos hábitats seguindo métodos preestablecidos.

-Interpretación da metodoloxía de avaliación.

-Previsión de medios humanos e materiais.

-Organización e supervisión das tarefas de toma de mostras.

-Interpretación dos resultados da avaliación.

* Organización e control dos traballos para avaliar o estado e a evolución das poboacións seguindo métodos preestablecidos.

-Identificación de rastros, restos e outros indicios da presenza de animais.

-Interpretación dos procedementos que cumpra desenvolver para o censo de poboacións.

-Previsión de recursos humanos e materiais.

-Organización e control dos traballos de vixilancia, captura, marcación e seguimento dos animais.

-Interpretación de parámetros de estimación das poboacións.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene para as persoas e para os animais.

Protección, conservación e mellora dos recursos cinexéticos e piscícolas.

* Organización e control das actividades de mellora dos hábitats.

-Supervisión da execución das obras e instalacións.

-Planificación, organización e control das sementeiras e dos tratamentos para a mellora da vexetación nos espazos cinexéticos.

-Organización e control dos traballos de plantación e conservación da vexetación de ribeira e flora acuática.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene para as persoas.

Cría en catividade e repoboación de especies.

* Análise e interpretación de proxectos de piscifactorías e granxas cinexéticas.

* Organización e control dos procesos de cría en catividade.

-Control da reprodución.

-Control das operacións de alimentación e manexo.

-Verificación do estado sanitario dos animais.

-Control do mantemento das instalacións.

* Organización e control dos traballos de repoboación.

-Xestión e organización do transporte dos animais.

-Control e seguimento do establecemento no hábitat natural.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene para as persoas e para os animais.

Actividades de caza e pesca.

* Análise das características e da regulamentación das diferentes modalidades de pesca en augas continentais e de caza.

* Identificación dos equipamentos e dos métodos utilizados nas distintas modalidades.

* Valoración das capturas de caza e pesca segundo os baremos preestablecidos.

* Organización e control das actividades de caza e pesca.

* Organización dos procedementos de detección e control do furtivismo e de prácticas ilegais.

* Tramitación de denuncias das infraccións.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene para as persoas.

Plans de xestión, protección e aproveitamento dos espazos cinexéticos e de auga doce.

* Análise previa das características e dos condicionantes do espazo obxecto de actuación.

-Interpretación do marco legal que afecta ao espazo.

-Interpretación cartográfica.

-Interpretación dos obxectivos xerais establecidos no plan de xestión e protección.

-Realización da toma de datos necesarios para a elaboración dos plans de xestión.

* Establecemento de obxectivos nun plan de aproveitamentos.

-Determinación da composición e densidade das poboacións.

-Programación das capturas dentro de niveis sostibles.

* Organización, coordinación e control dos traballos definidos no plan de actuación.

-Tramitación e obtención de permisos e licenzas.

-Programación de tarefas.

-Cálculo de necesidades de medios humanos e materiais.

-Selección e distribución de operarios.

-Distribución e asignación de recursos.

-Impartición de instrucións e formación aos operarios ao seu cargo.

-Asignación de tarefas e responsabilidades.

-Coordinación entre equipos de traballo.

-Verificación do cumprimento de obxectivos.

-Corrección das desviacións.

-Verificación do mantemento da maquinaria, os medios e os equipamentos.

-Verificación da formalización de partes de traballo e incidencias.

Danos ecolóxicos e impacto ambiental.

* Identificación de danos derivados das actividades de caza e pesca e da xestión dos espazos cinexéticos e piscícolas.

* Valoración dos danos.

* Planificación de actuacións que eviten, reduzan ou corrixan os danos.

Lexislación.

* Interpretación da lexislación específica aplicable ás actividades de xestión de espazos cinexéticos e de auga doce e ás actividades de caza e pesca.

* Interpretación da normativa específica sobre seguridade e hixiene.

Contidos conceptuais

Especies cinexéticas e de augas continentais.

* Especies, subespecies, razas e variedades. Características anatómicas.

* Especies depredadoras e competidoras.

* Bioloxía e hábitos de comportamento.

* Distribución xeográfica a nivel estatal e autonómico.

* Rastros, restos e sinais utilizados na identificación.

* Relacións entre as especies.

Hábitats e poboacións das especies cinexéticas e de augas continentais.

* Ecosistemas onde habitan as especies cinexéticas e de augas continentais. Características e evolución.

* Hábitats específicos. Índices e parámetros de avaliación. Alteracións e incidencia nas poboacións. Dinámica de poboacións das especies cinexéticas e de auga doce.

* Censos e a valoración da densidade das poboacións.

-Técnicas de seguimento, captura e marcación de individuos.

-Técnicas especiais de captura.

-Técnicas de toma de mostras.

-Técnicas de estimación de densidades de poboación. Equilibrio entre especies.

-Aparellos, instrumentos e medios necesarios.

Protección, conservación e mellora dos recursos cinexéticos e piscícolas.

* Mellora dos hábitats.

-Construcións e instalacións: materiais, maquinaria, equipamentos e medios.

-Sementeiras e plantacións no espazo cinexético. Especies.

-Técnicas de control e mellora da vexetación.

-Especies e técnicas de implantación e conservación da vexetación de ribeira e flora acuática.

* Vixilancia e protección das especies.

-Sistemas, técnicas e procedementos.

-Equipamentos e medios.

* Doenzas das especies cinexéticas e de auga doce.

-Características, sintomatoloxía e evolución.

-Técnicas para a toma de mostras.

-Sistemas de control.

-Tratamentos, produtos, técnicas e instrumental de aplicación.

Cría en catividade e repoboación de especies

* Cría en catividade.

-Piscifactorías e granxas cinexéticas: características, infraestruturas e equipamentos.

-Técnicas de reprodución aplicadas nas granxas cinexéticas e nas piscifactorías.

-Técnicas de preparación de racións.

-Sistemas de distribución de alimentos.

-Sanidade animal. Técnicas de prevención.

* Repoboacións.

-Épocas, sistemas e técnicas de repoboación.

-Condicións para o transporte dos animais.

-Equipamentos e medios necesarios.

Actividades de caza e pesca.

* Modalidades.

* Tipos de espazos cinexéticos e de auga doce. Regulamentación.

* Federacións e sociedades de cazadores e pescadores: características, regulamentación e funcionamento.

* Armamento. Tipos de armas e de municións. Licenzas e revisións.

* Cans de caza: razas e aptitudes.

* Artes de pesca artesanal, industrial e deportiva.

* Valoración de trofeos.

-Baremos.

-Valoración en man e en campo. Técnicas e procedementos.

* Prácticas ilegais de caza e pesca.

-Furtivismo e outras infraccións.

-Técnicas de detección e control.

-Denuncia e sanción das infraccións.

* Normativa específica sobre seguridade nas actividades de caza e pesca.

Plans de xestión, protección e aproveitamento dos espazos cinexéticos e de auga doce

* Técnicas de elaboración dos plans.

-Estrutura da documentación e fases de elaboración.

-Condicionantes do plan.

-Obxectivos.

-Cartografía específica.

-Densidade óptima das poboacións. Composición por idades.

-Criterios para programar as capturas, segundo idade e tamaño.

* Técnicas de organización, coordinación e control dos traballos definidos no plan de actuación.

-Técnicas de programación de actividades.

-Documentación informativa e de xestión dos traballos. Formato. Frecuencia de formalización.

-Técnicas de xestión de persoal: selección, organización, formación e avaliación.

* Trámites administrativos. Autorizacións e licenzas. Documentación característica. Administracións competentes.

Danos ecolóxicos e impacto ambiental.

* Actuacións susceptibles de provocar dano ou impacto.

* Técnicas de avaliación.

* Técnicas para evitar, reducir ou corrixir os danos.

Lexislación.

* Lexislación específica sobre xestión nos hábitats cinexéticos e de augas continentais.

* Lexislación específica sobre caza e pesca.

* Lexislación complementaria de carácter forestal e ambiental.

* Normativa aplicable sobre seguridade e hixiene.

Contidos actitudinais

Especies cinexéticas e de augas continentais.

* Hábito de observación das especies no seu medio natural.

* Rigor na identificación das especies.

* Consciencia da importancia que as relacións de depredación e competencia teñen no mantemento dos recursos cinexéticos e piscícolas.

Hábitats e poboacións das especies cinexéticas e de augas continentais.

* Rigor na organización de tarefas de toma de mostras dos distintos elementos dun hábitat.

* Sensibilidade nas operacións de vixilancia e captura de animais.

* Hábito de respectar os períodos de cría.

* Consciencia de que a conservación e o desenvolvemento das especies de caza e pesca dependen do estado de conservación do hábitat.

Protección, conservación e mellora dos recursos cinexéticos e piscícolas.

* Consciencia da relación existente entre os espazos cinexéticos e piscícolas co contorno limítrofe e as actividades humanas desenvolvidas nel.

* Valoración da incidencia que certas actividades agrarias teñen na conservación dos recursos cinexéticos e piscícolas.

* Rigor na organización e verificación dos traballos de mellora dos hábitats, con especial atención a non provocar alteracións que afecten ao medio.

Cría en catividade e repoboación de especies.

* Rigor e meticulosidade no control dos procesos de manexo e cría de animais en catividade.

* Consciencia dos perigos ambientais derivados da introdución de especies foráneas nos espazos cinexéticos e piscícolas.

* Consciencia dos perigos derivados das repoboacións con animais doentes.

Actividades de caza e pesca.

* Consciencia da importancia socioeconómica das actividades de caza e pesca.

* Preocupación polas medidas de seguridade nas actividades de caza e pesca.

* Rigor na verificación do cumprimento da normativa vixente que regula as actividades de caza e pesca continental.

Plans de xestión, protección e aproveitamento dos espazos cinexéticos e de auga doce.

* Rigor na planificación e na realización de cálculos.

* Rigor no control da execución dos traballos de aproveitamento, xestión e protección.

* Interese polas relacións humanas, tanto no grupo de traballo como na relación cos usuarios dos espazos cinexéticos e piscícolas.

* Valoración da importancia da formación continua do persoal ao seu cargo.

* Rigor na formalización da documentación requirida polas administracións públicas.

Danos ecolóxicos e impacto ambiental.

* Consciencia de que os aproveitamentos cinexéticos e piscícolas poden xerar impacto.

* Consciencia da necesidade de valoración dos impactos.

* Preocupación por evitar e corrixir os posibles impactos producidos.

* Valoración da importancia dos programas de vixilancia ambiental.

Lexislación.

* Consciencia da responsabilidade ante as normas lexislativas relacionadas cos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas.

* Rigor no cumprimento da normativa vixente.

* Hábito de recompilación da lexislación vixente.

* Valoración da importancia de divulgación da lexislación.

3.2.4. Módulo profesional 4: Xestión silvícola.

Asociado á unidade de competencia 3: programar e controlar as operacións de restauración, mantemento, defensa e ordenación dos recursos forestais.

Capacidades terminais elementais

-Interpretar un proxecto de forestación, reforestación ou restauración hidrolóxico-forestal, analizando os diferentes documentos que o compoñen, para organizar a execución das actuacións previstas nel.

-Analizar as características dos traballos de implantación de árbores e arbustos consonte o planificado nos correspondentes proxectos, para organizar axeitadamente as tarefas.

-Organizar a execución das diferentes fases dun proxecto de forestación, reforestación e restauración hidrolóxico-forestal considerando os sistemas, as técnicas e os procedementos de traballo segundo a lexislación vixente de carácter forestal, ambiental e de seguridade e hixiene no traballo.

-Xestionar o aprovisionamento do material vexetal para implantar, analizando as características de calidade para acadar os obxectivos previstos, segundo as directrices do proxecto.

-Elixir as máquinas, os apeiros e outros utensilios necesarios para os labores de forestación, reforestación e restauración hidrolóxico-forestal.

-Organizar os traballos de mantemento definidos no proxecto, decidindo a época de realización e utilizando adecuadamente os medios humanos e materiais dispoñibles.

-Seleccionar as técnicas e os métodos axeitados para a corrección hidrolóxico-forestal, protección de terras inestables e erosión, etc., co fin de planificar e harmonizar co contorno o espazo obxecto de actuación.

-Analizar as operacións de inventariado e realizalas conforme o previsto nos proxectos ou plans técnicos establecidos.

-Establecer o calendario de operacións interpretando e aplicando os criterios de inventariado, mostraxe e sinalamento, segundo o plan de ordenación ou os plans técnicos.

-Analizar as técnicas e os procedementos dasométricos para o cálculo ou a estimación de volumes,

existencias, crecementos e outros parámetros de árbores e masas forestais.

-Seleccionar e manexar con destreza os equipamentos de medición e sinalización necesarios para as operacións de inventariado.

-Interpretar un proxecto de ordenación ou plan técnico de xestión das masas forestais e analizar os diferentes documentos que o compoñen, para organizar a execución das actuacións previstas nel.

-Analizar as particularidades dos distintos métodos de ordenación para organizar as masas en función dos usos e dos obxectivos predeterminados no proxecto.

-Analizar as operacións de ordenación previstas nos proxectos ou plans técnicos para planificar os traballos definidos neles.

-Analizar as estratexias de conservación e defensa das masas forestais que se contemplan nos plans de ordenación, para organizar e controlar a execución dos traballos culturais preventivos aplicados sobre o solo.

-Interpretar a lexislación de carácter forestal e ambiental aplicable nos traballos de forestación, reforestación, restauración hidrolóxico-forestal, tratamentos silvoculturais, inventarios e ordenación.

-Interpretar a normativa de seguridade e hixiene no traballo e verificar o seu cumprimento.

-Identificar e valorar o impacto e os danos ecolóxicos causados pola realización dos traballos, e propor as medidas correctoras oportunas.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Proxectos e plans técnicos.

* Identificación e interpretación dos documentos e as partes dun proxecto.

* Análise dos distintos proxectos e plans técnicos:

-Proxectos de forestación e reforestación.

-Proxectos de restauración forestal.

-Proxectos hidrolóxico-forestais.

-Proxectos e plans técnicos de ordenación.

Forestación e restauración hidrolóxico-forestal.

* Interpretación dos factores do medio que definen a estación forestal.

* Interpretación dos factores que inciden na erosión hídrica.

* Determinación das épocas de plantación ou sementeira baseándose nos métodos utilizados, no tipo de material vexetal, na man de obra e nas condicións do clima e do solo.

* Planificación dos distintos traballos e cálculo de medios materiais e humanos.

* Xestión do aprovisionamento e control de calidade do material vexetal.

* Organización e execución dos traballos previos á implantación.

* Organización das operacións de plantación e sementeira.

* Organización e realización de obras sinxelas de corrección hidrolóxica.

Coidados e mantemento.

* Planificación e realización de operacións de protección das plantas e das parcelas forestadas.

* Análise das causas que provocan fallos na implantación. Adopción de medidas correctoras.

* Planificación e realización de labores de mantemento do solo e da planta.

* Organización e realización de operacións de mantemento e limpeza de leitos.

Tratamentos silviculturais.

* Análise dos obxectivos básicos da silvicultura: produtiva, conservacionista e social.

* Análise da relación existente entre os tratamentos silvícolas e a estación forestal, as especies e a orientación produtiva.

* Análise da evolución dos ecosistemas forestais.

* Análise da competitividade, a densidade, a tolerancia e o temperamento das especies forestais.

* Caracterización das masas forestais e dos seus rodais constituíntes.

* Análise dos tratamentos xerais segundo o método de beneficio utilizado.

* Planificación dos distintos tratamentos, considerando a época e a zona de actuación.

* Execución dos tratamentos das masas forestais en función dos sistemas, as técnicas e os procedementos elixidos, utilizando instrumentos, aparellos, maquinaria, apeiros, ferramentas e equipamento necesarios.

Dasometría e inventariado.

* Identificación das partes dun inventario forestal.

* Localización e replanteo das parcelas obxecto de inventario.

* Selección das técnicas e procedementos dasométricos.

* Planificación dos traballos de dasometría, empregando instrumentos, aparellos, ferramentas e útiles apropiados.

* Toma de datos e cálculo de estimación de volumes, existencias, crecementos e outros parámetros de árbores e masas forestais.

* Realización de inventarios, cubrindo os formularios establecidos.

Ordenación de montes.

* Planificación das operacións necesarias para desenvolver un proxecto de ordenación ou plan técnico deseñado.

* Cálculo dos medios humanos necesarios para realizar cada un dos traballos do proxecto ou plan técnico.

* Selección de máquinas, ferramentas, materiais e outros medios precisos para levar a cabo os traballos.

Lexislación.

* Interpretación básica da lexislación aplicable nos traballos de xestión silvícola sobre:

-Repoboacións forestais.

-Conservación e mellora dos montes.

-Agrupacións de defensa forestal.

-Comunidades de montes veciñais en man común.

-Normas xerais para o estudo e a redacción dos plans técnicos de montes arborados.

-Instrucións xerais de ordenación de montes arborados.

-Lei de augas.

-Lexislación sobre espazos naturais protexidos.

-Impactos ambientais.

Impacto ambiental.

* Identificación dos diferentes impactos no ámbito forestal.

* Interpretación de resultados dos estudos sobre impactos ambientais.

* Identificación dos factores ambientais dun lugar determinado dando o seu valor en unidades de importancia dentro do medio físico, socioeconómico e cultural.

* Identificación das accións de impacto sobre o medio dunha actividade de xestión silvícola.

* Diferenciación das medidas protectoras, correctores e compensatorias.

* Análise das partes dun programa de vixilancia ambiental.

Contidos conceptuais

Proxectos e plans técnicos.

* Proxectos: tipos, obxectivos e documentos.

* Plans técnicos.

* Plan de execución: actividades, duración e coordinación.

Forestación e restauración hidrolóxico-forestal.

* Factores do medio: clima e solo.

* Estación forestal.

* Especies forestais: clasificación e criterios de elección.

* Vexetación existente: técnicas de control.

* Sistemas e técnicas de preparación do solo.

* Planta e a semente forestal: criterios de calidade.

* Sementeira e plantación: tipos.

* Hidroloxía e ciclo hidrolóxico.

* Bacía hidrográfica e balance hídrico.

* Elementos de hidroloxía. Precipitacións. Evapotranspiración.

* Erosión: tipos.

* Transporte de materiais.

* Correccións en concas. Forestación. Ordenación de cultivos. Control de auga. Defensa contra incendios.

* Obras de defensa en canles.

Coidados e mantemento.

* Cercado de parcelas e protectores de plantas.

* Marras: causas.

* Labores do solo.

* Rega.

* Recalce e aporcados.

* Podas.

* Enxertos.

* Control fitopatolóxico.

* Técnicas de mantemento da rede viaria, devasas, rede hidrolóxica, etc.

Tratamentos silviculturais.

* Silvicultura: tipos e obxectivos.

* Comunidade forestal.

* Categorías de árbores na masa.

* Densidade da masa.

* Tolerancia ou temperamento das especies forestais.

* Produtividade das especies.

* Técnicas, equipamentos e obxectivos dos tratamentos do solo.

Dasometría e inventariado.

* Inventarios: sistemas e modalidades.

* Técnicas de replanteo de parcelas

* Sinalizacións: técnicas de realización.

* Dasometría: técnicas e obxectos.

* Magnitudes: aparellos de medida

* Parámetros dasométricos básicos

* Medición de diámetros. Clase diamétrica.

* Medición de alturas de árbores.

* Técnicas de cubicación de árbores abatidas e en pé: métodos e fórmulas.

* Crecemento diametral e idade da árbore.

* Área basimétrica.

Ordenación de montes.

* Obxectivos da ordenación de montes arborados.

* Bases silvícolas e económicas da ordenación de montes arborados.

* Estudo de usos, determinación de obxectivos e zonificación.

* Técnicas de planificación.

* Métodos de ordenación:

-Método de división por cabida.

-Método de tramos periódicos.

-Método de tramo único.

-Método de tramo móbil.

-Método de ordenación por rodais.

-Método de ordenación das masas irregulares.

* Outros métodos de ordenación específicos.

* Ordenación de montes non arborados con obxectivos prioritarios de restauración forestal.

Lexislación.

* Medidas de fomento forestal.

* Lexislación sobre vixilancia e control.

* Normas e instrucións xerais para o estudo e a redacción dos plans técnicos de montes arborados.

Impacto ambiental.

* Tipos de impacto: clasificación.

* Intensidade, persistencia, recuperación, periodicidade, etc.

* Factores ambientais susceptibles de recibiren impactos.

* Accións impactantes.

* Valoración cualitativa e cuantitativa.

* Medidas protectoras, correctoras e compensatorias.

* Vixilancia ambiental: aspectos e métodos.

Contidos actitudinais

Proxectos e plans técnicos.

* Valoración da importancia dos proxectos e plans técnicos como documentos básicos de actuación, incorporándolles as instrucións ou modificacións que xurdan durante a execución.

* Valoración da importancia dos obxectivos socioeconómicos do proxecto.

Forestación e restauración hidrolóxico-forestal.

* Valoración da importancia da forestación e da reforestación.

* Hábito de considerar as particularidades da estación forestal sobre a que se vai actuar.

* Concienciación da importancia da selección do método de repoboación en función dos factores condicionantes.

* Valoración da necesidade de controlar a calidade de material vexetal recibido e de coidalo axeitadamente ata a implantación.

* Rigor na organización e na supervisión dos traballos de implantación.

* Valoración da importancia de controlar as malezas na implantación.

* Sensibilidade por considerar as medidas tradicionais aplicadas na corrección e na restauración hidrolóxico-forestal.

* Consciencia da importancia do equilibrio agroforestal na redución dos efectos erosivos.

* Sensibilidade por comprobar os efectos da erosión hídrica en función da área territorial motivo de estudo.

* Compromiso coa realización de actuacións preventivas e correctoras da erosión no momento oportuno.

Coidados e mantemento.

* Hábito de valorar os resultados obtidos na implantación, e de analizar os posibles erros cometidos.

* Concienciación da importancia de realizar no momento oportuno os traballos posteriores á implantación.

Tratamentos silviculturais.

* Valoración da silvicultura como ciencia que se ocupa da conservación e do mantemento dos bosques e das masas forestais.

* Concienciación da importancia da silvicultura produtiva e conservacionista como xeradora de rendas e conservación do medio.

* Valoración da importancia da estación forestal como condicionante da silvicultura que se aplique.

* Hábito de observar e analizar a evolución das masas forestais segundo a silvicultura aplicada.

* Hábito de observar as especies forestais e o seu comportamento no hábitat de estudo, comprobando o seu temperamento.

* Valoración das especies forestais na súa compoñente produtiva ou conservacionista.

* Esforzo por caracterizar as masas forestais e rodais.

* Valoración da importancia das actuacións silvícolas na evolución das masas.

* Rigor na organización e na supervisión dos distintos tratamentos en tempo e espazo.

Dasometría e inventariación.

* Hábito de utilización de planos para a localización das parcelas e dos rodais que se inventaríen.

* Preocupación por dispor de todo o material en bo estado.

* Rigor na toma de datos necesarios para a realización do inventariado proxectado.

* Hábito de corrección sistemática dos erros no inventariado.

* Rigor na toma de medidas nos procesos dasométricos.

Ordenación de montes.

* Rigor na organización e no control dos traballos de ordenación, seguindo as directrices marcadas no proxecto ou no plan técnico.

* Consciencia da importancia que ten o uso múltiple do monte, distinguindo os diversos bens que podemos obter del.

* Valoración da importancia que ten a ordenación das masas forestais para asegurar os obxectivos marcados no proxecto inicial.

* Preocupación por analizar as causas da deterioración das masas forestais.

Lexislación.

* Consciencia da responsabilidade ante as normas lexislativas relacionadas coa xestión silvícola.

* Rigor no cumprimento da normativa vixente.

* Hábito de recompilación da lexislación vixente.

* Valoración da importancia de divulgación da lexislación.

Impacto ambiental.

* Consciencia de que a realización dos traballos proxectados poden xerar impacto.

* Consciencia da necesidade de valoración dos impactos.

* Preocupación por evitar e corrixir os posibles impactos producidos.

* Valoración da importancia dos programas de vixilancia ambiental.

3.2.5. Módulo profesional 5: protección das masas forestais.

Asociado á unidade de competencia 3: programar e controlar as operacións de restauración, mantemento, defensa e ordenación dos recursos forestais.

Capacidades terminais elementais

-Identificar os axentes abióticos e bióticos causantes das alteracións sobre as masas forestais, e facer un seguimento da súa evolución.

-Relacionar as alteracións das masas forestais cos axentes que as causan para tomar as medidas correctoras, de ser o caso.

-Avaliar o estado sanitario dunha masa forestal, analizando os sistemas de detección e aplicando os máis axeitados a cada caso, para establecer a estratexia de control.

-Aplicar as técnicas de protección contra as pragas, doenzas e outras alteracións, utilizando métodos biolóxicos, químicos e integrados, e seleccionando os materiais, os produtos e os medios de aplicación axeitados.

-Organizar os traballos de aplicación dos tratamentos de control das pragas e doenzas, elixindo os produtos e os medios de aplicación, de acordo coas instrucións e os protocolos establecidos.

-Analizar as causas dos incendios forestais e os factores de risco, para determinar as estratexias de prevención que se deban contemplar nos plans de ordenación.

-Planificar as operacións de prevención, vixilancia, alerta e extinción de incendios forestais para un correcto uso dos medios materiais e humanos dispoñibles.

-Analizar os equipamentos que interveñen na prevención e na extinción de incendios, e verificar o seu estado e funcionamento, considerando as instrucións dos manuais de uso e a normativa específica de seguridade e hixiene.

-Relacionar as características do terreo, o tipo de vexetación, as condicións ambientais e climáticas e a época do ano co risco de incendios e coas posibilidades de intervención.

-Analizar as técnicas de detección de lumes no medio natural e as de localización xeográfica para mobilizar os equipos de extinción.

-Verificar o mantemento e o estado de funcionamento das máquinas e dos equipamentos de prevención, vixilancia e extinción de lumes, para os manter operativos en caso de emerxencia.

-Organizar a seleccionar a formación continua do persoal operario, segundo as técnicas axeitadas e de acordo coas exixencias de cada posto de traballo.

-Elaborar os informes relativos ás incidencias, aos danos e ás estatísticas relacionadas cos traballos de protección das masas forestais, con soporte manual ou informático e segundo os protocolos establecidos.

-Analizar a lexislación de carácter forestal e ambiental aplicable nas operacións de protección das masas forestais, para verificar o seu cumprimento.

-Interpretar e aplicar a normativa de seguridade e hixiene nos traballos de protección e defensa das masas forestais, para reducir os riscos de accidente.

-Identificar e valorar o impacto e os danos ecolóxicos causados pola realización dos traballos de protección das masas forestais, para propor as medidas correctoras oportunas.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Alteracións forestais de orixe abiótico.

* Relación entre a sintomatoloxía da alteración e o axente abiótico causante.

* Avaliación de danos e análise da evolución das plantas e da masa.

* Elección das especies en función do grao de sensibilidade ou resistencia aos axentes abióticos.

* Aplicación das técnicas culturais de prevención ou corrección dos danos e das anomalías que ocasionasen os axentes abióticos nas plantas e nas masas.

Alteracións forestais de orixe biótica e control fitosanitario.

* Identificación dos diferentes axentes causantes de danos.

* Análise do ciclo biolóxico e da dinámica de poboacións dos axentes bióticos que poden constituír praga ou doenza.

* Análise do proceso evolutivo dos males causados sobre plantas e masas forestais.

* Aplicación de técnicas de contaxe e utilización de trampas.

* Análise das condicións ambientais en que se desenvolven os axentes bióticos que provocan danos nas masas.

* Valoración dos danos producidos sobre as masas.

* Identificación das características dos diferentes sistemas de loita preventiva e tratamento dos axentes bióticos.

* Realización de prácticas culturais.

* Elaboración dun plan de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade, o contorno e o custo dos tratamentos fitosanitarios.

* Aplicación dos tratamentos fitosanitarios: preparación dos caldos, elección e preparación das máquinas adecuadas e realización das probas de dosificación dos produtos.

* Utilización de recursos biolóxicos no control do nivel sanitario do cultivo.

* Realización da loita integrada como alternativa global aos tratamentos.

* Realización de tratamentos en zonas cubertas e espazos urbanos, periurbanos ou rurais.

Causalidade e investigación dos incendios forestais

* Análise das causas dos incendios forestais.

* Investigación das causas dos incendios seguindo a metodoloxía preestablecida.

* Formalización dos partes e informes da investigación.

* Análise e valoración dos danos producidos.

* Análise dos diferentes tipos de incendios forestais (de copa, superficial e subterráneo).

* Análise dos factores que interveñen no comportamento do lume (orografía, climatoloxía e biomasa).

* Identificación das fases e das partes dun incendio forestal.

* Investigación do risco potencial de incendios. Obtención de datos de campo. Análise de factores de risco. Cálculo do índice de perigo.

Prevención e extinción de incendios forestais.

* Análise dos sistemas de prevención.

* Planificación das infraestruturas necesarias para a prevención e a extinción (devasas, puntos de auga, vías de acceso, etc.).

* Organización e supervisión dos traballos culturais de prevención.

* Identificación e manexo dos sistemas de comunicación utilizados nos incendios forestais.

* Localización e identificación de incendios forestais.

* Análise das operacións e actuacións no proceso de extinción.

* Identificación das ferramentas, as máquinas e os medios empregados en relación co traballo a que están destinados.

* Planificación das operacións de intervención ante un suposto incendio predefinido.

* Organización das operacións de intervención, coordinación e organización, ao seu nivel, nos traballos de extinción de incendios forestais e de salvamento e control da evacuación das persoas afectadas.

* Organización, planificación e control dos traballos e das operacións de defensa das masas forestais.

* División do traballo, se proceder, en fases ou operacións simples.

* Programación e temporalización das sucesivas fases ou operacións do traballo.

* Cálculo das necesidades de medios humanos e materiais.

* Asignación de maquinaria e ferramentas a cada operario ou equipo.

* Verificación do estado de mantemento da maquinaria e dos equipamentos.

* Seguimento e control dos traballos.

* Relación entre os postos de traballo e os perfís profesionais requiridos.

* Constitución de equipos de traballo en función das aptitudes dos traballadores e das operacións que se realicen.

* Verificación do cumprimento de obxectivos preestablecidos.

* Formación do persoal ao seu cargo nos aspectos relacionados co labor que se desenvolva.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene na realización de traballos.

Lexislación.

* Interpretación da lexislación e da normativa complementaria aplicables á protección e á defensa das masas forestais.

* Aplicación das medidas administrativas de policía e fomento da protección das masas forestais.

* Tramitación e obtención de permisos e licenzas.

Impacto ambiental e danos ecolóxicos.

* Interpretación de resultados dos estudos sobre impactos ambientais na protección das masas forestais.

* Aplicación de medidas de protección e corrección de impactos.

Contidos conceptuais

Alteracións forestais de orixe abiótica.

* Sintomatoloxía.

* Aparición e desenvolvemento da alteración.

* Especies forestais afectadas.

* Gravidade do dano.

* Axentes causantes, segundo a orixe: meteorolóxicos, edáficos, carencias, contaminacións e mecánicos.

* Técnicas de prevención e corrección de danos.

* Especies sensibles, tolerantes e resistentes ás diferentes alteracións.

Alteracións forestais de orixe biótica e control fitosanitario.

* Axentes parasitarios e non parasitarios das plantas.

* Pragas e doenzas: danos que producen.

* Ciclos biolóxicos.

* Técnicas de control: loita química, biolóxica e integrada.

* Tratamentos fitosanitarios aéreos e terrestres. Maquinaria, equipamentos e medios necesarios: técnicas de utilización e mantemento.

* Normativa legal existente sobre a manipulación e o emprego de produtos fitosanitarios.

* Repercusión sobre o medio.

* Toxicidade. Efecto letal. Prazo de seguridade.

* Técnicas de toma de mostras de pragas e doenzas.

* Tipos de produtos. Técnicas de manipulación, preparación e aplicación. Precaucións no seu uso: niveis de perigo. Penetración e forma de actuación sobre os organismos.

Causalidade e investigación dos incendios forestais.

* Causas dos incendios producidos nas masas forestais.

* Investigación técnica. Partes e metodoloxía.

* Intencionalidade dos incendios.

* Tipos de incendios forestais.

* Propagación dos incendios. Factores que interveñen no comportamento do lume.

* Postos de vixilancia: fixos e móbiles.

* Danos causados polos incendios: valoración.

* Índices de perigo.

Prevención e extinción dos incendios forestais.

* Concepto da prevención. Obxectivos. Sistemas e técnicas: características.

* Prevención a través da realización de traballos silvoculturais. Redución e ordenación do combustible forestal: obxectivos.

* Infraestruturas e organizacións de vixilancia e control para a prevención dos incendios. Puntos de control e observación.

* Sistemas e tipos de comunicación.

* Normas de uso dos aparellos de comunicación.

* Prealerta, alerta e alarma dos incendios forestais. Dispositivos.

* O lume. Ignición e expansión: proceso. Factores condicionantes.

* Fases da combustión da materia orgánica.

* Partes dun incendio forestal.

* Condicións atmosféricas e outros factores que inciden no comportamento e na propagación do incendio.

* Sistemas e técnicas de extinción.

* Equipamentos de intervención: características e composición

* Ferramentas, máquinas e medios necesarios.

* Equipamentos de protección.

* Infraestrutura de extinción.

* Tipos de ataque.

* Parte de incendio forestal.

* Superficie queimada: dimensión e importancia.

* Primeiros auxilios: evacuación de accidentados.

Organización, planificación e control dos traballos e das operacións de defensa das masas forestais.

* Modalidades organizativas aplicables aos traballos de defensa das masas forestais.

* Sistemas de coordinación de medios.

* Técnicas de control de rendementos da maquinaria, dos operarios e dos equipamentos.

* Trámites administrativos. Autorizacións e licenzas.

* Sistemas de programación dos traballos, as obras e as actividades.

* Métodos de selección de persoal. Perfís dos operarios para os diferentes traballos.

* Métodos e técnicas de formación e reciclaxe do persoal.

* Seguridade e hixiene nos traballos de protección das masas forestais.

Lexislación.

* Lexislación específica sobre os traballos, as intervencións e as operacións correspondentes á protección das masas forestais.

* Lexislación complementaria de carácter forestal e ambiental.

* Permisos e autorizacións.

* Impacto ambiental e danos ecolóxicos.

* Tipos de impacto relacionados coa protección das masas forestais: clasificación.

* Intensidade, persistencia, recuperación e periodicidade.

* Factores ambientais susceptibles de recibir impactos.

* Accións impactantes.

* Técnicas de valoración.

* Medidas protectoras, correctoras e compensatorias.

* Vixilancia ambiental: aspectos e métodos.

Contidos actitudinais

Alteracións forestais de orixe abiótica.

* Interese por identificar os axentes causantes das alteracións nas masas forestais.

* Hábito de relacionar as alteracións co grao de sensibilidade ou resistencia aos axentes abióticos.

* Consciencia da importancia de aplicar as técnicas culturais de prevención ou corrección dos danos e das anomalías que ocasionan os axentes abióticos.

Alteracións forestais de orixe biótica e control fitosanitario.

* Hábito de relacionar as condicións ambientais e os ciclos biolóxicos co desenvolvemento das principais pragas e doenzas de interese nas especies forestais.

* Valoración das consecuencias que pode ter a patoloxía das masas na produción e na comercialización da madeira.

* Compromiso co cumprimento dun estrito programa de medidas profilácticas.

* Preocupación por determinar en cada caso a utilidade do tratamento máis adecuado na estratexia que se adopte.

* Consciencia da importancia da escolla da máquina adecuada para cada tipo de tratamento.

* Preocupación pola rápida identificación da doenza ou da praga para evitar os danos ao cultivo.

* Hábito de instalar trampas para realizar as contaxes necesarias para a diagnose correspondente.

* Consciencia da importancia de planificar unha loita integrada.

* Responsabilidade no manexo de produtos fitosanitarios e consciencia da incidencia que teñen sobre o medio.

* Consciencia da importancia dunha rápida actuación en caso de accidente.

* Hábito de sinalizar e protexer as zonas tratadas.

Causalidade e investigación dos incendios forestais.

* Hábito de investigar as causas dos incendios forestais.

* Hábito de considerar as actitudes da poboación nos procesos de investigación das causas dos incendios forestais.

* Preocupación pola intencionalidade dos incendios forestais.

* Esforzo por utilizar a metodoloxía de investigación de forma precisa.

Prevención e extinción de incendios forestais.

* Consciencia da importancia das actividades humanas na prevención dos incendios.

* Consciencia do perigo potencial do incendio.

* Hábito de analizar o comportamento do lume.

* Hábito de analizar a posteriori o resultado das estratexias de extinción, para corrixir os defectos en futuras actuacións.

* Valoración da importancia da prevención nos incendios forestais.

* Hábito de manter os sistemas de comunicación e os aparellos necesarios en perfecto estado.

* Consciencia de extremar as medidas preventivas en zonas de alto risco, ou de alto valor ecolóxico ou económico.

Organización, planificación e control dos traballos e das operacións de defensa das masas forestais.

* Rigor na organización dos traballos.

* Preocupación por seguir todas as directrices dadas polos centros respectivos de dirección.

* Preocupación polo estado físico dos medios humanos existentes.

* Esforzo por actuar coordinadamente nos traballos de protección das masas forestais, aproveitando adecuadamente o uso dos medios existentes e coas prioridades deseñadas.

* Rigor na verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene establecidas.

Lexislación.

* Consciencia da importancia de asumir a responsabilidade ante as normas lexislativas relacionadas coa protección das masas forestais.

* Esforzo por cumprir e facer cumprir as normas vixentes nas diferentes actuación.

* Hábito de manterse actualizado con respecto á normativa de protección das masas forestais.

* Valoración da importancia das medidas de fomento e policía, así como da divulgación das normas para o seu maior coñecemento.

Impacto ambiental.

* Consciencia de que a realización dos traballos proxectados pode xerar impacto.

* Consciencia da necesidade de valoración dos impactos.

* Esforzo por evitar riscos ambientais derivados das actividades realizadas.

* Preocupación por corrixir ou reducir os posibles impactos producidos.

* Valoración da importancia dos programas de vixilancia ambiental.

* Actitude indagatoria sobre a obtención de información ambiental, utilizando para isto os instrumentos adecuados.

3.2.6. Módulo profesional 6: instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe.

Asociado á unidade de competencia 4: programar e controlar os traballos de instalación e mantemento de parques e xardíns, revexetación do medio natural e restauración da paisaxe.

Capacidades terminais elementais

-Analizar proxectos de xardinaría ou de restauración da paisaxe, interpretando as súas diferentes partes e documentos, e relacionar as directrices e os condicionantes coas solucións técnicas establecidas.

-Elaborar un proxecto sinxelo dun xardín, analizando as directrices e os condicionantes, e desenvolver a memoria, o plan de mantemento, o prego de condicións, o orzamento e os planos pertinentes.

-Establecer a secuencia de traballos para implantar un xardín, analizando o conxunto das actuacións establecidas no proxecto e considerando os condicionantes derivados da estacionalidade climática e a dispoñibilidade de medios e equipamentos.

-Organizar as operacións de replanteo, seleccionando os equipamentos e os materiais necesarios e establecendo os procedementos e a secuencia para a súa realización.

-Realizar os traballos de replanteo altimétrico e planimétrico mediante aparellos de topografía, para acadar a precisión establecida no proxecto co grao de dilixencia exixido.

-Planificar e organizar os procesos para levar a cabo as operacións de instalación das infraestruturas e da moblaxe de parques e xardíns, así como xestionar o aprovisionamento dos materiais e dos equipamentos necesarios, e controlar o cumprimento dos criterios de calidade establecidos no proxecto.

-Organizar as operacións de movemento de terras e os labores preparatorios do terreo, establecendo a secuencia de realización das diferentes actividades e elixindo as máquinas máis idóneas a cada caso, e supervisar o resultado dos traballos.

-Planificar e organizar os procesos de implantación dos elementos vexetais, xestionar o aprovisionamento dos materiais e dos equipamentos necesarios e controlar que se cumpran as condicións de calidade estipuladas no proxecto.

-Analizar as técnicas paisaxísticas que se aplican para corrixir os impactos ambientais orixinados na construción de obras públicas, explotacións mineiras e áreas utilizadas como vertedoiros.

-Organizar e controlar os traballos de restauración paisaxística e revexetación de zonas degradadas, establecendo a secuencia das actuacións, xestionando a adquisición dos materiais axeitados, así como com

probar que o resultado final das actuacións cumpra as condicións establecidas no proxecto.

-Planificar e organizar as operacións de conservación primaria para a entrega dun xardín ou dunha área paisaxística restaurada, conforme as exixencias definidas no prego de condicións, así como verificar o seu cumprimento.

-Realizar as operacións de inventariado de elementos vexetais e non vexetais que forman parte dun parque ou dun xardín, e analizar o seu estado sanitario ou de conservación que sirva de base para elaborar o plan de mantemento, restauración ou reposición, segundo os casos.

-Organizar e controlar os procesos de mantemento dos elementos vexetais de zonas verdes e axardinadas, seleccionando as técnicas, as máquinas e os equipamentos axeitados para realizar as diferentes operacións.

-Organizar e controlar os traballos de reparación e mantemento das infraestruturas, os equipamentos e a moblaxe de parques e de zonas axardinadas, seleccionando as técnicas axeitadas a cada caso e xestionando os medios materiais e humanos dispoñibles.

-Deseñar un xardín de interior e analizar as directrices do promotor e os condicionantes do espazo obxecto de actuación, con definición dos materiais necesarios e elaborando os planos oportunos e o orzamento.

-Dirixir os traballos dun axardinamento de interior, establecendo a secuencia das distintas actividades, seleccionando os materiais e equipamentos necesarios, xestionando o aprovisionamento e controlando a calidade dos materiais e a posta en obra.

-Elaborar un plan de mantemento dun xardín de interior, determinando as operacións, a secuencia e os medios necesarios para a súa realización.

-Coordinar os recursos humanos dunha pequena empresa de xardinaría ou de restauración da paisaxe asignando tarefas e funcións e establecendo os informes, os partes de traballo e os sistemas de control de produtividade, así como avaliar os resultados.

-Coordinar e supervisar a aplicación da normativa de seguridade e hixiene nos traballos de xardinaría e restauración paisaxística, informar dos riscos derivados das diferentes actividades e indicar as medidas e os equipamentos de protección que cumpran en cada caso.

Contidos (duración 265 horas)

Contidos procedementais

Proxectos de axardinamento e de restauración da paisaxe.

* Análise das partes dun proxecto.

* Análise dos estilos e da historia da xardinaría.

* Análise das técnicas e dos criterios de restauración da paisaxe e revexetación do medio natural.

* Análise de directrices, condicionantes e criterios de deseño de xardíns.

* Elaboración de anexos.

* Elaboración de planos.

* Composición de prezos e elaboración de orzamentos.

* Planificación da execución e do mantemento.

* Redacción da memoria e do prego de condicións.

Replanteos.

* Obtención de coordenadas dos puntos.

* Establecemento de estacións de referencia.

* Realización do replanteo planimétrico.

* Realización do replanteo altimétrico.

Infraestruturas e equipamento de xardíns.

* Establecemento da secuencia de execución das diferentes obras de infraestrutura e equipamento.

* Cálculo de medios humanos e materiais necesarios.

* Organización e coordinación dos equipos de traballo para desenvolver as diferentes actividades.

* Elección das máquinas necesarias para a realización dos diferentes traballos.

* Análise dos sistemas de rega e drenaxe utilizados en xardinaría.

* Deseño de instalacións de rega e drenaxe.

* Análise das normas tecnolóxicas sobre instalacións eléctricas, de fontanaría, de rega, de drenaxe, de saneamento, de moblaxe de xardíns e de pequenas obras civís.

* Xestión do control de calidade dos materiais.

* Supervisión e control dos traballos de infraestruturas e equipamentos, segundo as instrucións preestablecidas.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

* Formalización de formularios sobre rendementos de traballo e informes de incidencias.

Implantación de elementos vexetais.

* Establecemento da secuencia de execución das diferentes operacións.

* Elección de máquinas e equipamentos necesarios para os diferentes traballos.

* Toma de mostras de solo e interpretación de análises.

* Identificación e elección de especies de uso habitual en xardinaría.

* Interpretación de normas de calidade e das tipoloxías comerciais de sementes e plantas de viveiro.

* Cálculo de necesidades de semente ou plantas, fertilizantes e emendas.

* Organización e supervisión dos traballos de implantación.

* Verificación do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

* Formalización de formularios sobre rendementos de traballo e informes de incidencias.

Restauración da paisaxe.

* Análise dos condicionantes que inciden nos traballos de restauración (vexetación existente no contorno, problemas de contaminación, tipo de solos, orografía, erosión, etc.).

* Planificación e temporalización dos traballos de restauración definidos no proxecto.

* Organización dos traballos de restauración paisaxística asociados ás obras públicas.

* Organización dos traballos de recuperación de vertedoiros, canteiras e minas.

* Verificación de que os materiais e os produtos cumpren os requisitos establecidos nos pregos de condicións.

* Supervisión da execución dos traballos, comprobando que se cumpran os prazos establecidos e que se apliquen as normas de seguridade e hixiene pertinentes.

* Verificación do conxunto da obra para proceder á súa certificación e recepción.

* Formalización de formularios sobre rendementos de traballo e informes de incidencias.

Mantemento de xardíns e zonas verdes.

* Realización dun inventario de elementos vexetais e non vexetais dunha área axardinada.

* Análise dos criterios de conservación e xestión integral da área.

* Elaboración e valoración dun plan de conservación, restauración e renovación dos elementos vexetais.

* Elaboración e valoración dun plan de conservación, restauración e renovación de moblaxe e infraestruturas.

* Planificación e valoración de melloras dunha zona axardinada.

* Organización e control da execución dos labores culturais (preparación e mantemento de solos, cavas e sachas, fertilización, rega e limpeza).

* Organización e supervisión dos traballos de mantemento e reposición de sebes, macizos e céspedes.

* Organización e supervisión dos traballos de poda en árbores.

* Aplicación das técnicas axeitadas para a detección e o control de pragas e enfermidades.

* Supervisión do uso correcto e seguro dos produtos fitosanitarios.

* Organización e control dos traballos de conservación das infraestruturas e da moblaxe dun xardín.

* Supervisión do cumprimento das normas de seguridade e hixiene nos traballos de mantemento do xardín e zonas verdes.

* Formalización de formularios sobre rendementos de traballo e informes de incidencias.

Xardinaría de interiores.

* Análise das características e condicionantes do espazo obxecto de actuación.

* Elaboración de planos e orzamentos.

* Elección e control de calidade dos materiais.

* Organización e supervisión dos traballos de execución do proxecto.

* Organización e supervisión dos traballos de mantemento.

Contidos conceptuais

Proxectos de axardinamento e de restauración da paisaxe.

* Historia da xardinaría. Estilos de xardíns.

* Xardinaría actual: parques e xardíns públicos, xardíns privados e zonas verdes.

* Deseño de xardíns: criterios.

* Grafismo e sistemas de representación utilizados en xardinaría e paisaxismo.

* Documentos e partes dos proxectos de xardíns e de restauración da paisaxe.

* Impactos ambientais. Técnicas de restauración e revexetación do medio natural.

Replanteos.

* Planimetría e altimetría.

* Aparellos de topografía: tipos e aplicacións.

* Cálculos topográficos

* Técnicas de replanteo.

Infraestruturas e equipamento de xardíns.

* Materiais de construción. Características.

* Camiños e vías.

* Rede eléctrica. Luminarias.

* Saneamento e drenaxe.

* Rede de auga potable.

* Instalacións de rega.

* Xogos infantís.

* Estanques e xogos de auga.

* Elementos decorativos.

* Moblaxe de xardíns: bancos, papeleiras, etc.

* Normas tecnolóxicas sobre infraestruturas e equipamento de xardíns.

* Maquinaria e equipamentos utilizados nas obras de infraestrutura de xardíns.

* Fases e secuencia de execución das obras.

* Técnicas de control de calidade dos materiais e da posta en obra.

* Seguridade e hixiene nos traballos de construción.

Implantación de elementos vexetais.

* Especies de uso habitual en xardinaría: nomenclatura, características, criterios de utilización, tipificación comercial e normas de calidade.

* O solo: tipos. Labores preparatorios. Emendas e fertilización. Máquinas e equipamentos necesarios para a preparación do solo.

* Plantación de arbustos e árbores de tamaño reducido: máquinas e equipamentos necesarios.

* Transporte e plantación de grandes exemplares: máquinas e equipamentos necesarios.

* Céspedes: criterios de elección, sistemas de implantación, máquinas e equipamentos utilizados na implantación.

* Técnicas de plantación de especies anuais, vivaces e bulbosas.

* Normas tecnolóxicas sobre implantación de elementos vexetais.

* Secuencia de realización dos traballos de implantación.

* Seguridade e hixiene nos traballos de implantación.

Restauración da paisaxe.

* Factores condicionantes no medio.

* Criterios para a elección de especies.

* Revexetación de noiros: técnicas, materiais e equipamentos.

* Recuperación de vertedoiros, canteiras e minas: técnicas, materiais e equipamentos.

* Secuencia de realización dos traballos de restauración da paisaxe.

* Seguridade e hixiene nos traballos de restauración da paisaxe.

Mantemento de xardíns e zonas verdes.

* Técnicas de inventariado de elementos vexetais e non vexetais.

* Criterios de conservación e xestión integral de parques e zonas verdes.

* Criterios de mellora e restauración.

* Necesidades e técnicas de mantemento das infraestruturas e dos elementos non vexetais.

* Pragas e enfermidades nos xardíns: técnicas de control.

* Fertilizantes: tipos e métodos de aplicación.

* Técnicas de poda de arbustos.

* Técnicas de poda arbórea.

* Técnicas de mantemento de céspedes.

* Técnicas de mantemento de solo.

* Secuencia dos labores.

* Máquinas e equipamentos utilizados no mantemento de zonas axardinadas.

* Seguridade e hixiene nos traballos de mantemento.

Xardinaría de interiores.

* Proxecto do xardín de interior: fases de execución.

* Infraestrutura e equipamento:

-Xardineiras, macetóns e outros recipientes.

-Sistemas e materiais de rega.

-Sistemas e materiais de drenaxe.

-Luminarias.

-Pequenos estanques, fontes e láminas de auga.

-Elementos decorativos.

* Elementos vexetais para interiores: nomenclatura, características e criterios de utilización, tipificación comercial e normas de calidade.

* Substratos de cultivo: características e criterios de uso.

* Cultivo sen solo.

* Arte floral.

-Flor natural.

-Flor seca.

-Flor e planta artificial.

-Materiais e utensilios utilizados nas composicións florais.

-Técnicas básicas de arte floral.

Contidos actitudinais

Proxectos de axardinamento e de restauración da paisaxe.

* Consciencia da relación entre o deseño dos xardíns e os hábitos sociais dos usuarios.

* Hábito de analizar a incidencia da xardinaría sobre o medio.

* Rigor nos cálculos e pulcritude na presentación.

* Hábito de analizar a evolución de parques e xardíns, nos anos posteriores á implantación.

Replanteos.

* Consciencia da importancia de elixir os equipamentos idóneos e a metodoloxía axeitada para realizar os replanteos.

* Rigor e precisión na súa realización.

Infraestruturas e equipamento de xardíns.

* Meticulosidade no control de calidade e na supervisión da realización das obras.

* Rigor na planificación dos traballos e na organización dos equipos.

* Preocupación pola seguridade e hixiene no desenvolvemento das diferentes tarefas.

Implantación de elementos vexetais.

* Consciencia da importancia de elixir con criterios estéticos, funcionais e agronómicos os elementos vexetais.

* Valoración da importancia de respectar as distancias de plantación das árbores acordes co seu tamaño futuro.

* Rigor no control de calidade dos elementos vexetais e preocupación por mantelos a pé de obra en boas condicións ata a súa plantación.

Restauración da paisaxe.

* Valoración da xardinaría como actividade correctora de impactos ambientais.

* Hábito de elixir as especies que harmonicen coa vexetación natural da área obxecto de actuación.

* Consciencia da importancia de aplicar as técnicas de implantación axeitadas segundo a zona obxecto de revexetación ou restauración.

* Rigor na planificación dos traballos e na organización dos equipos.

* Preocupación pola seguridade e hixiene no desenvolvemento das diferentes tarefas.

Mantemento de xardíns e zonas verdes.

* Valoración dos inventarios como punto de partida para planificar os traballos de mantemento.

* Valoración da importancia que o correcto mantemento dos xardíns representa para unha cidade, urbanización, vivenda familiar, etc.

* Hábito de observar e analizar a evolución das árbores sometidas a distintas técnicas de poda.

* Rigor na planificación dos traballos de mantemento e na organización dos equipos.

* Preocupación pola seguridade e hixiene no desenvolvemento das diferentes tarefas.

Xardinaría de interiores.

* Valoración da importancia estética dos xardíns de interiores.

* Rigor na verificación das instalacións de auga e electricidade, polos posibles perigos que poden supor para os usuarios dos espazos axardinados.

* Meticulosidade na organización e na supervisión dos traballos de axardinamento e mantemento.

3.2.7. Módulo profesional 7: mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

Asociado á unidade de competencia 5: organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipamentos dunha empresa agraria.

Capacidades terminais elementais

-Verificar o estado de conservación e funcionamento de instalacións, equipamentos e máquinas agrarias, para determinar as necesidades de reparación e mantemento.

-Relacionar a configuración, as características e as prestacións das instalacións e da maquinaria agraria coas súas aplicacións e limitacións.

-Determinar os parámetros técnicos para o control do funcionamento dun equipamento e os seus valores correctos segundo o traballo ou a función que realice e as súas características.

-Seleccionar maquinaria, instalacións e equipamentos para unha explotación, atendendo a criterios técnicos e económicos, e considerando os rendementos e os custos.

-Deseñar os partes de traballo, as táboas de revisión e control e a documentación necesaria para o correcto seguimento e rexistro do traballo en instalacións e equipamentos, utilizando soportes informáticos na súa formalización.

-Analizar as causas que producen anomalías de funcionamento dos equipamentos nos aspectos de uso, regulación, mantemento, desgaste ou obsolescencia, e sinalar as posibles solucións.

-Programar as operacións mecanizables, considerando o momento oportuno de realización, os tempos dispoñibles, o rendemento das máquinas e a cantidade de traballo prevista, para aproveitar convenientemente os recursos dispoñibles.

-Elixir as maquinas e os equipamentos necesarios para realizar operacións concretas, considerando as particularidades de cada labor e os medios dispoñibles na explotación.

-Calcular a capacidade de traballo das máquinas en función das variables de funcionamento, tendo en conta tempos mortos e a eficiencia de traballo.

-Establecer os procedementos para preservar un nivel óptimo de hixiene e seguridade que inflúen na programación das operacións de traballo con equipamentos, instalacións e máquinas, considerando a normativa e as instrucións técnicas oportunas.

-Realizar a posta en marcha e a parada das instalacións e da maquinaria agraria, segundo procedementos establecidos, con orde e cumprindo as normas técnicas e de seguridade.

-Distribuír e especificar os traballos asignados a cada operario ou equipo de traballo a partir do plan de produción.

-Determinar as operacións de mantemento e a súa frecuencia, en maquinaria e instalacións, tendo en conta a observación directa e as instrucións técnicas correspondentes.

-Organizar a instalación e a xestión dun taller agrario en función das necesidades de mantemento e de reparacións.

-Detectar as avarías máis frecuentes durante o funcionamento das instalacións ou máquinas agrarias de forma metódica e sistemática.

-Establecer os procedementos, os métodos e os tempos orientativos para as operacións de reparación e mantemento.

-Organizar as operacións de reparación en instalacións, máquinas e equipamentos agrarios, utilizando os medios propios dispoñibles e xestionando os externos necesarios.

-Establecer os utensilios, os recambios e os materiais necesarios para realizar as operacións de taller e as súas condicións de almacenaxe.

-Determinar as condicións de traballo e protección persoal co fin de cumprir os niveis axeitados de seguridade e hixiene no taller agrario.

-Organizar, realizar e supervisar as operacións de mantemento de máquinas e instalacións, actuando con orde, destreza, precisión e pulcritude, mediante métodos establecidos e conforme as normas de seguridade, de saúde e ambientais.

-Distribuír as zonas dun taller e dun almacén agrario, tendo en conta a disposición dos equipamentos e incluíndo a almacenaxe de recambios, materiais e produtos.

-Deseñar ordes de reparación, partes de traballo, táboas de diagnose e a documentación técnica necesaria para a correcta organización e o control dos traballos de mantemento.

-Calcular os custos de reparación e mantemento máis frecuentes, para elaborar orzamentos e analizar diferentes alternativas.

-Elaborar plans de adquisición ou de renovación de maquinaria, equipamentos e instalacións nunha explotación agraria, en función da súa rendibilidade ou do plan de produción.

-Calcular custos horarios e custos por unidade de produción para diferentes alternativas de adquisición, alugamento ou propiedade compartida.

-Determinar a viabilidade técnica de novos sistemas, equipamentos, útiles e accesorios para incorporar nun proceso agrario, segundo os requisitos e os condicionantes do proceso e do produto que se obteña.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Maquinaria e equipamentos.

* Identificación dos tipos de máquinas e equipamentos para utilizar segundo as operacións que se realicen.

* Análise das dimensións e das características técnicas dos equipamentos tendo en conta as capacidades de traballo requiridas, as características da explotación e os custos de produción horarios e por unidade, segundo o plan de produción establecido.

* Determinación dos equipamentos e das máquinas que se precisan nunha explotación agraria, tendo en conta o plan de produción previsto.

* Análise da estrutura dun tractor tipo e determinación da funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Determinación dos criterios técnico-económicos que avalíen o correcto funcionamento da maquinaria agraria e dos equipamentos en función dos resultados.

* Supervisión da existencia de carburantes, lubricantes e repostos para as máquinas e os equipamentos, e realización das xestións oportunas para a súa adquisición ou reposición.

* Enganche e regulación dos equipamentos ao tractor ou a outros elementos de tracción.

* Deseño da documentación necesaria para o correcto control e rexistro do traballo coa maquinaria.

* Rexistro nos partes do tipo, rendemento e incidencias do traballo realizado.

* Utilización de soportes informáticos no rexistro da información obtida nas revisións para o seu tratamento e a súa valoración.

* Análise das causas que producen anomalías de funcionamento nos equipamentos e na maquinaria por uso, regulación e mantemento incorrectos, por desgaste ou obsolescencia, así como indicación das posibles solucións.

* Planificación das operacións mecanizables establecendo a secuencia, os tempos e os equipamentos necesarios.

* Cálculo de capacidades de traballo nas máquinas en función das variables de funcionamento, tendo en conta tempos mortos e eficiencias de traballo.

* Establecemento das condicións e das características das operacións de transporte de materias primas, colleitas, equipamento e persoal, tendo en conta o percorrido e a frecuencia de transporte, o peso e as dimensións da carga, a normativa de circulación e a seguridade na carga e na descarga.

* Planificación e supervisión do uso, o mantemento e a regulación.

* Determinación das condicións e dos procedementos que se deben seguir nas operacións de uso e mantemento para unha correcta aplicación das normas de seguridade e hixiene.

* Establecemento dos criterios técnico-económicos para a adquisición, a renovación ou a eliminación de máquinas e equipamentos no momento axeitado.

Instalacións e locais agrarios.

* Identificación de diferentes locais e instalacións agrarias, e establecemento de relacións entre o seu uso e as condicións que deben reunir.

* Supervisión da correcta funcionalidade das instalacións e establecemento dos procedementos que se deben aplicar para o seu control periódico.

* Identificación das avarías ou os fallos que xurdan nas instalacións, e establecemento das operacións que se deben realizar para o seu correcto funcionamento, con avaliación do custo da intervención.

* Planificación e supervisión das operacións de conservación de locais agrarios.

* Programación e supervisión das tarefas de limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias.

* Organización e supervisión das operacións de montaxe e mantemento de instalacións para a condución e a protección de cultivos.

* Elección e control do sistema de tratamento de residuos e subprodutos da explotación.

* Planificación e supervisión das operacións de realización, mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Organización e supervisión das operacións de mantemento básico e uso de instalacións e equipamentos eléctricos.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

Taller agrario.

* Análise dos trámites e da documentación necesaria para a instalación dun taller agrario.

* Análise dos tipos e das características das máquinas, das instalacións e dos equipamentos aos que se lles dará servizo.

* Previsión das operacións de mantemento e das avarías por resolver, a súa frecuencia e a súa complexidade técnica.

* Elaboración dun esquema coa distribución dun taller e a disposición dos equipamentos e das instalacións.

* Determinación dun plan de taller, coas operacións e os servizos que se levarán a cabo.

* Selección dos equipamentos e instalacións de taller para o cumprimento do plan establecido.

* Análise das prescricións técnicas, condicións, normativas que afecten ao seu funcionamento e disposición dos equipamentos.

* Sinalización das zonas con risco segundo a normativa laboral.

* Elaboración da documentación técnica necesaria para a realización das operacións de taller: ordes e diarios de traballo, pedidos de material, informes de diagnose, etc.

* Elaboración da documentación económica: orzamentos de taller, albarás e facturas.

* Planificación e supervisión das operacións de reparación e das condicións de seguridade, hixiene e protección persoal na súa realización.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e na sociedade teñen os accidentes de traballo producidos polo manexo da maquinaria agraria.

* Análise das medidas e dos procedementos que se poden utilizar para a prevención da accidentalidade laboral no sector agrario, especialmente no manexo da maquinaria.

* Recoñecemento directo de zonas, compoñentes e mecanismos perigosos.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais e protección persoal e dos equipamentos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dos dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria.

* Aplicacións das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e no mantemento da maquinaria agraria se reduzan os efectos ambientais negativos.

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e realización das medidas correctoras oportunas.

* Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios en simulación de accidentes laborais, e de incendios en instalacións e locais agrarios.

* Verificación do cumprimento da lexislación de seguridade nos traballos de construción e mantemento de locais e instalacións agrarias.

Contidos conceptuais

Maquinaria e equipamentos.

* Tractor agrícola. Tractores especializados.

* Maquinaria, apeiros e equipamentos agrarios: variables de regulación.

* Táboas e equipamentos de medida e revisión de maquinaria.

* Operacións mecanizables.

* Programación de operacións e control dos resultados do traballo mecanizado.

* Variables de utilización de maquinaria no campo.

* Operacións de transporte. Normativa e condicións de circulación por vías públicas.

* Necesidades de mecanización: criterios para substitución e renovación.

* Mantemento da maquinaria agraria.

* Parque de maquinaria para unha explotación agraria.

* Criterios de substitución, eliminación ou incorporación de equipamentos e a súa incidencia no resto da maquinaria e no custo por unidade de produción.

Instalacións e locais agrarios.

* Instalacións agrarias. Compoñentes e funcionamento. Revisión e diagnose de instalacións.

* Aloxamentos e instalacións para a produción de animais.

* Instalacións de almacenaxe e conservación de colleitas e de produtos gandeiros e forestais.

* Instalacións de ventilación, climatización, saneamento, auga e electricidade.

* Técnicas e equipamentos de medida e revisión de instalacións.

* Mantemento de instalacións e locais agrarios.

Taller agrario.

* Equipamentos para un taller agrario: descrición, funcionamento e coidados.

* Materiais para a reparación e o mantemento.

* Operacións de taller: técnicas de programación dos traballos, diagnose de avarías, procedementos e comprobación de reparacións.

* Orzamentos de reparacións. Técnicas de valoración e formularios.

* Seguridade e hixiene en talleres de reparación e en operacións de mantemento.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Normativa específica de seguridade e hixiene para o funcionamento de instalacións e de maquinaria agraria.

* Medidas de protección persoal. Primeiros auxilios.

* Lei de seguridade viaria e de saúde laboral.

* Normativa sobre equipamentos para a almacenaxe e a aplicación de produtos tóxicos e perigosos.

* Normativa sobre a fabricación de máquinas e a clasificación de tipos CE.

* Normativa sobre a preservación do medio. Reciclaxe de produtos. Aproveitamento de residuos.

Contidos actitudinais

Maquinaria e equipamentos.

* Responsabilidade, pulcritude e rigor no manexo do tractor e das máquinas.

* Preocupación por realizar o mantemento periódico.

* Interese por reparar as pequenas avarías.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

* Valoración da importancia da mecanización nunha empresa agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipamento segundo factores de rendibilidade.

* Coordinación dos recursos humanos en tarefas en equipo con máquinas.

* Espírito crítico cos resultados do traballo mecanizado e do traballo de programación e control dos equipamentos.

Instalacións e locais agrarios.

* Valoración da importancia de distribuír axeitadamente os locais para optimizar o espazo e o uso.

* Preocupación por manter a orde e a limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunicar os danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de reparar as pequenas deterioracións que sofren os locais e as instalacións.

* Valoración da importancia de efectuar desinfeccións en locais que o requiran.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subprodutos na empresa agraria.

* Rigor na limpeza de filtros en instalacións de auga.

* Hábito de calibrar periodicamente os parámetros de control das instalacións.

* Aceptación da necesidade de que a reposición de elementos nas instalacións de auga, electricidade e climatización debe realizarse con material de idénticas características.

* Consciencia da importancia de evitar os impactos negativos na construción e na rehabilitación de locais e instalacións agrarias.

Taller agrario.

* Pulcritude e rigor no manexo de máquinas e útiles de taller.

* Orde na colocación de ferramentas tras a súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e do material empregado.

* Interese pola correcta realización dos traballos.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

* Seguridade en si mesmo en tarefas de organización e control dos traballos en equipo.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Hábito de aplicar as medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode ter o mal uso da maquinaria e aceptación das medidas de protección que cómpre adoptar.

* Conciencia do perigo das instalacións de electricidade, calefacción, gas e saneamento.

* Preocupación por adoptar as medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respectar a normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realizar as revisións dos elementos de protección.

3.2.8. Módulo profesional 8: xestión do uso público do medio natural.

Asociado á unidade de competencia 6: programar e controlar as actividades de uso público e de conservación do medio natural.

Capacidades terminais elementais

-Analizar as posibles actividades de uso público (de lecer e educativas) que se poden desenvolver nos diferentes espazos naturais para as facer compatibles cos plans de uso, xestión e ordenación dos recursos naturais.

-Identificar e analizar as operacións de conservación e restauración previstas nos plans de uso e xestión do medio natural, para organizar os traballos que se realicen.

-Valorar as diferentes actuacións realizadas sobre un espazo natural e analizar a súa incidencia para corrixir posibles impactos e danos ecolóxicos.

-Analizar a compatibilidade de usos do espazo natural, para establecer prioridades na utilización.

-Analizar o plan de uso e xestión dun espazo natural dado, identificando no plan de ordenación as características máis significativas.

-Analizar, describir e organizar as técnicas de vixilancia e control do medio natural para a súa protección e conservación.

-Analizar os proxectos de construción e creación de infraestruturas nos espazos naturais para organizar e xestionar a súa execución, seguindo as instrucións da dirección facultativa.

-Interpretar a lexislación sobre protección e xestión de espazos naturais de uso público, para a súa divulgación e aplicación.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

Actividades de uso público en espazos naturais.

* Selección das actividades de uso público compatibles coa xestión e a conservación dun determinado espazo natural.

* Análise das perturbacións producidas nos espazos naturais derivadas das actividades de uso público.

* Determinación de itinerarios axeitados baseados nas actividades que se desenvolvan e os criterios de xestión e conservación.

* Organización dos traballos de sinalización e de divulgación de información sobre as actividades de uso do espazo natural.

Conservación e restauración do medio natural

* Análise dos efectos que producen os factores que definen a estación do espazo natural: vexetación, orografía, clima, solo, etc.

* Interpretación de informes técnicos, con selección das medidas de prevención e accións correctoras.

* Análise das medidas de conservación e restauración, con selección das máis axeitadas para unha xestión sostible.

* Planificación e secuenciación dos traballos de conservación e restauración nos supostos seleccionados.

* Organización e realización de actividades de conservación e restauración en espazos naturais previstos en supostos plans de uso e xestión.

Vixilancia e control.

* Determinación das zonas de maior risco ante focos de lume, verteduras, furtivismo, vandalismo, afluencia masiva de visitantes, etc.

* Selección das técnicas de vixilancia e control.

Obras de infraestrutura e equipamentos.

* Interpretación de proxectos.

* Selección dos materiais empregados na construción de infraestruturas e dotación de equipamentos.

* Supervisión das obras de acondicionamento e restauración do medio natural.

* Establecemento da secuencia axeitada das actividades para realizar nas obras proxectadas.

* Cálculo dos medios materiais e humanos necesarios para a realización das obras.

Lexislación.

* Interpretación da lexislación vixente de aplicación no desenvolvemento de actividades de uso público nos espazos naturais.

Contidos conceptuais

Actividades de uso público en espazos naturais

* Parques nacionais.

* Parques naturais.

* Parques recreativos.

* Áreas de esparexemento.

* Zonas de acampada.

* Campamentos.

* Reservas.

* Aulas da natureza.

* Usos e normativa.

* Circuítos para actividades físicas e deportivas.

* Recursos necesarios: equipamento, sinalización, servizos e material gráfico e audiovisual.

Conservación e restauración do medio natural.

* Factores climáticos, edafolóxicos e hidrolóxicos.

* Fauna e flora. Bioloxía. Distribución e conservación das poboacións.

* Estimación de poboacións. Censos e mostraxes.

* Recoñecemento de sinais: marcas de pisadas, pelos, plumas, restos de alimentación e excrementos.

* Técnicas de captura e seguimento. Marcación. Anelamento. Sinalamento.

* Toma de mostras.

* Artes e aparellos empregados.

* Patoloxía animal: doenzas, síntomas, tratamentos, contaxio, axentes de propagación e medidas de prevención.

* Aproveitamento dos recursos naturais.

* Plans de ordenación, uso e xestión do territorio.

* Impacto ambiental: medidas de prevención e restauración.

* Contaminación: tipos e consecuencias. Control e loita.

* Conservación da paisaxe.

Vixilancia e control.

* Técnicas de vixilancia. Radiotelefonía.

* Control de infraccións. Procedemento sancionador.

* Cartografía.

* Sinalización.

* Orientación na natureza.

* Acceso de visitantes. Sistemas de control.

* Zonas de control especial.

* Limitacións específicas de uso.

* Guía e o coñecemento do medio.

Obras de infraestrutura e equipamentos.

* Proxectos e planos de construcións e obras.

* Materiais e equipamentos. Características.

* Construcións e materiais rústicos tradicionais na zona.

* Construcións e obras no medio natural: características.

* Equipamentos de uso público.

* Normas de calidade dos materiais. Instrucións para a posta en obra.

* Aprovisionamento de materiais.

Lexislación.

* Normativa existente sobre espazos naturais.

* Normativa sobre flora e fauna silvestres.

* Lexislación de aplicación nos traballos do medio natural.

* Normativa sobre construcións e instalacións no medio natural.

* Lexislación ambiental de aplicación ao espazo natural.

* Lexislación referente ao desenvolvemento das actividades.

* Lexislación sobre seguridade e hixiene.

Contidos actitudinais

Actividades de uso público en espazos naturais.

* Preocupación por adecuar as actividades de uso público ás características e ás regulamentacións dos diferentes espazos naturais.

* Consciencia da importancia que teñen os espazos naturais na conservación do medio.

* Consciencia da importancia social e económica dos espazos naturais.

* Interese pola correcta xestión do uso público do medio natural.

Conservación e restauración do medio natural.

* Preocupación por manter os espazos naturais en equilibrio mediante actuacións correctas sobre o medio.

* Hábito de analizar as causas que inciden negativamente na conservación dos espazos naturais.

* Rigor no control da execución dos traballos de restauración e recuperación do medio.

Vixilancia e control.

* Consciencia da importancia de sinalizar correctamente as distintas zonas de uso e áreas de servizo.

* Hábito de coordinar as tarefas de vixilancia e supervisión das diferentes actuacións.

* Preocupación por intensificar a vixilancia e o control nas zonas de especial protección.

Obras de infraestruturas e equipamentos.

* Hábito de utilizar materiais respectuosos co contorno nos elementos construtivos dos espazos naturais.

* Rigor na dirección e na execución das tarefas seguindo as directrices marcadas no proxecto.

* Consciencia da importancia de manter en bo estado de uso as infraestruturas e os equipamentos.

Lexislación.

* Hábito de manterse actualizado no coñecemento da lexislación sobre os espazos naturais e o seu uso público.

* Preocupación por aplicar a normativa vixente na xestión do uso público do medio natural.

3.2.9. Módulo profesional 9: xestión e organización da produción de plantas

Asociado á unidade de competencia 7: programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

Capacidades terminais elementais

-Analizar os condicionantes de clima, solo, auga de rega, enerxía eléctrica, man de obra, accesos e transporte, a partir de observacións directas e outros datos dispoñibles, para determinar o localización dun viveiro.

-Seleccionar as especies e variedades para producir segundo as condicións ambientais do lugar, os medios de produción dispoñibles e os resultados do estudo de mercado realizado.

-Planificar o proceso produtivo, definindo o tipo de produtos que se pretende acadar, as fases do proceso e as técnicas que se apliquen.

-Planificar a zonificación do viveiro, tendo en conta as necesidades de espazo para as diferentes fases dos cultivos, o fluxo interno de planta, os elementos de produción e as infraestruturas necesarias.

-Seleccionar as instalacións, as máquinas e os equipamentos necesarios para desenvolver as actividades produtivas, analizando as características técnicas, as necesidades de mantemento, os rendementos e os custos.

-Determinar as necesidades de recursos humanos, materiais e de infraestruturas para acadar os obxectivos de produción determinados no proceso produtivo.

-Determinar os orzamentos de investimento e funcionamento, así como a previsión de fontes de financiamento que cómpren para a posta en marcha do viveiro.

-Seleccionar os sistemas e as técnicas de reprodución que máis se adapten para multiplicar as diferentes especies e variedades.

-Organizar e supervisar as operacións de obtención, preparación e conservación de sementes e de material vexetal para a reprodución vexetativa, co fin de conseguir a produción de planta prevista.

-Organizar e supervisar os labores de sementeira e os traballos de propagación vexetativa, segundo as técnicas e os procedementos máis axeitados a cada especie ou variedade que se reproduza.

-Organizar e supervisar as operacións de preparación do solo e de substratos de cultivo, elixindo as maquinas e os produtos axeitados segundo especie e a fase de cultivo.

-Planificar os traballos e operacións de repicado, transplante, poda e entitorado, segundo as técnicas establecidas e a evolución dos cultivos, para acadar a calidade de planta exixida polo mercado.

-Planificar as regas e a aplicación de fertilizantes, calculando as doses necesarias en cada fase dos diferentes cultivos.

-Organizar a aplicación de tratamentos fitosanitarios e herbicidas axeitados, respectando as doses e as medidas de seguridade pertinentes.

-Organizar e supervisar as operacións de manexo, mantemento e conservación das máquinas, instalacións e equipamentos, para os manter en perfecto estado de uso.

-Xestionar a comercialización das plantas, realizando a promoción dos produtos e organizando e supervisando os labores de preparación e tipificación, segundo as características de cada especie e as condicións de entrega.

-Organizar as operacións de transporte de plantas, con selección dos medios axeitados segundo o tipo de planta, a cantidade, o destino e os prazos de entrega, e respectando os criterios de recepción e os custos establecidos.

-Coordinar os recursos humanos dunha empresa de produción de plantas, asignando tarefas e funcións, establecendo os informes, os partes de traballo e os sistemas de control de produtividade, e avaliando os resultados.

-Verificar o cumprimento das normativas e os regulamentos específicos de carácter administrativo que afectan á produción e á comercialización de plantas de viveiro.

-Verificar o cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo, nos procesos e operacións propias dos viveiros, por observación directa e polas incidencias anotadas nos partes diarios de traballo.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Planificación do viveiro.

* Análise dos condicionantes de emprazamento dun viveiro.

* Análise de estudos de mercado de produción e comercialización de plantas.

* Elección de especies e variedades para producir, segundo o estudo do mercado, as condicións ambientais e dos medios de produción dispoñibles.

* Planificación do proceso produtivo.

* Determinación das instalacións e infraestruturas necesarias.

* Zonificación do viveiro.

* Cálculo de necesidades de recursos humanos e materiais necesarios.

* Determinación do orzamento de investimento e funcionamento, así como da previsión de fontes de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Organización e supervisión das operacións de obtención, extracción, limpeza e conservación de sementes.

* Organización e supervisión das operacións de obtención, preparación e conservación de material vexetal para a multiplicación vexetativa.

* Organización e supervisión dos tratamentos das sementes previos ás sementeiras.

* Selección dos sistemas e técnicas de reprodución ou multiplicación máis axeitados a cada caso.

* Elección das máquinas para a preparación do solo.

* Elección de máquinas e materiais utilizados na preparación de substratos e outros medios de cultivo.

* Elección de máquinas e equipamentos para a sementeira e plantación.

* Organización e supervisión das operacións de preparación do solo e de substratos de cultivo.

* Organización e supervisión dos labores de sementeira e dos traballos de propagación vexetativa.

Labores culturais.

* Organización e supervisión dos labores de repicado, transplante, poda de formación e entitorado.

* Cálculo de necesidades de auga e fertilizantes en cada fase dos cultivos.

* Planificación e supervisión das regas e das aplicacións de fertilizantes.

* Elección das máquinas e equipamentos para realizar os diferentes labores culturais.

* Organización e aplicación de tratamentos fitosanitarios e herbicidas.

* Organización e supervisión das operacións de manexo, mantemento e conservación das máquinas, instalacións e equipamentos.

Comercialización das plantas.

* Realización de tarefas de promoción de produtos.

* Organización e supervisión dos labores de preparación e clasificación de plantas para a venda.

* Selección dos medios de transporte.

Xestión do persoal.

* Formación do persoal ao seu cargo.

* Asignación de tarefas e funcións adaptadas ao perfil profesional de cada operario.

* Control da produtividade por observación directa e mediante os partes de traballo.

Normativa.

* Supervisión do grao de cumprimento da normativa e dos regulamentos específicos de carácter técnico e administrativo que afectan á produción e á comercialización de plantas de viveiro.

* Supervisión do grao de cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo.

Contidos conceptuais

Planificación do viveiro.

* Condicionantes da localización: topográficos, climáticas, edafolóxicos, ecolóxicos, dispoñibilidade de auga, enerxía eléctrica, man de obra, accesos e transportes.

* Estudos de mercado.

* Especies e variedades: características e limitacións.

* Ciclos produtivos: fases.

* Instalacións e infraestruturas: características.

* Máquinas, materiais e equipamentos: características.

* Estudo económico e de viabilidade do proxecto.

* Fontes de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Técnicas de reprodución e propagación: aplicacións.

* Sementes.

-Métodos e técnicas de obtención. Época.

-Métodos e técnicas de extracción e limpeza.

-Conservación e tratamentos previos á sementeira.

-Pureza e capacidade xerminativa.

* Material vexetal para a reprodución vexetativa.

-Métodos e técnicas de obtención. Época.

-Conservación e preparación.

* Substratos e medios de cultivo: compoñentes e características.

* Sementeiras: tipos.

* Propagación vexetativa: métodos e características.

* Máquinas e equipamentos utilizados na reprodución e multiplicación de plantas: características.

Labores culturais.

* Repicado, transplante, poda de formación, entitorado, regas, aplicación de fertilizantes, herbicidas e tratamentos fitosanitarios.

* Coidados ás instalacións, máquinas e equipamentos.

Comercialización das plantas.

* Promoción de produtos: técnicas.

* Técnicas de arrinca de plantas e preparación do sistema radicular.

* Técnicas de preparación da parte aérea para o transporte.

* Normas de tipificación e etiquetaxe das plantas.

* Embalaxe: técnicas e equipamentos.

* Carga e transporte.

Xestión do persoal.

* Áreas funcionais das empresas de produción de plantas.

* Perfís profesionais para cubrir os postos de traballo. Aptitudes específicas.

* Sistemas de control da produtividade.

Normativa.

* Lexislación e regulamentos de carácter administrativo e técnico aplicables aos centros de produción de plantas.

* Tramites e documentos necesarios: pasaporte fitosanitario, certificados de orixe e de produción, libros de rexistro e declaracións de cultivo.

* Documentos comerciais: albarás, notas de entrega e facturas.

* Normativa sobre seguridade e hixiene no traballo.

Contidos actitudinais

Planificación do viveiro.

* Consciencia da importancia da correcta localización do viveiro.

* Valoración da importancia de producir en función da demanda do mercado.

* Consciencia da importancia de elixir as instalacións e os equipamentos con criterios técnicos e económicos.

* Rigor nos cálculos de necesidades de recursos humanos, materiais e de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Consciencia da importancia de empregar material vexetal de calidade nos procesos de reprodución e multiplicación.

* Hábito de verificar o estado de funcionamento de máquinas, instalacións e equipamentos.

* Rigor na organización e na planificación dos traballos.

Labores culturais.

* Rigor na dosificación e na aplicación de auga, fertilizantes, produtos fitosanitarios e herbicidas.

* Constancia na planificación das operacións de mantemento para que se realicen no momento axeitado.

Comercialización das plantas.

* Valoración da importancia de realizar unha axeitada promoción dos produtos.

* Rigor na verificación das operacións de preparación das plantas e no cumprimento das normas de calidade.

* Consciencia da repercusión que as condicións de transporte teñen nos custos e na calidade das plantas.

Xestión do persoal.

* Valoración da importancia da formación e reciclaxe do persoal.

* Consciencia da importancia de asignar as tarefas e funcións, segundo os perfís profesionais de cada operario.

* Obxectividade na valoración do persoal ao seu cargo.

Normativa.

* Valoración da importancia de se manter actualizado na normativa específica.

* Hábito de verificar o cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 10: relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

-Describir as distintas vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

-Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

-Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

-Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

-Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

-Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

-Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

-Conducir e moderar reunións, e participar nelas colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

-Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

-Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

-Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición de diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación, mediante entrevistas ou observacións, sobre o estilo de mando que predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características e funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación e desenvolvemento de reunións.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e política salarial.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, con valoración das súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición para aceptar con responsabilidade a toma de decisión que o grupo considere como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que se pertence.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Valoración das iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable e creativo, e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Establecer os obxectivos do proxecto empresarial dos recursos naturais e paisaxísticos, analizando as directrices e os condicionantes que inciden no seu desenvolvemento.* Analízanse os recursos dispoñibles: terra, capital e traballo.

* Analízanse e interprétanse os condicionantes climáticos, edafolóxicos e do contorno natural no que se desenvolverá o proxecto.-Analízanse os parámetros climaticos.-Interprétanse os estudos edafolóxicos.-Analízanse os parámetros que caracterizan o contorno natural.

* Analízanse e interprétanse as directrices establecidas polas administracións públicas que incidan na posta en marcha e no desenvolvemento do proxecto.-Interprétanse as directrices técnicas.
-Analízanse os incentivos económicos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Analízase a comercialización dos produtos ou servizos obxecto do proxecto e obtense información sobre mercados, prezos e condicións da distribución.-Analízase a estrutura comercial do sector.
-Planifícanse os traballo de campo que cumpra realizar para obter os datos precisos.
-Realízanse enquisas.
-Avalíanse os resultados.
* Determínase o tipo de produto ou servizo obxecto do proceso produtivo.

2.Analizar as alternativas para obter os produtos ou realizar os servizos obxecto do proxecto empresarial dos recursos naturais e paisaxísticos, utilizando de xeito óptimo os recursos dispoñibles.* Establécense as alternativas.-Analízanse as diferentes técnicas aplicables e os medios tecnolóxicos requiridos para producir o produto ou servizo.-Analízanse os rendementos nas actividades de produción e incidencia na calidade final do produto ou servizo.

* Avalíanse economicamente as alternativas.-Calcúlanse os custos das diferentes alternativas.-Selecciónase a alternativa máis interesante desde o punto de vista técnico-económico.

3.Definir o proceso produtivo, planificando as actividades, as tarefas e os recursos necesarios.* Defínense as actividades do proceso.

* Planifícanse os traballos, establecendo a secuencia, os tempos e os medios de produción requiridos.

* Calcúlanse as necesidades de medios humanos, maquinaria, equipamentos e materiais necesarios para desenvolver o proceso.

* Determínanse as necesidades de obras e instalacións requiridas.
* Elabórase a documentación técnica que reflicta o proceso: memoria e anexos, planos, gráficos e esquemas.

4.Realizar o estudo económico do proxecto, tendo en conta os ingresos previstos e os investimentos necesarios.* Elabórase o orzamento dos investimentos necesarios para o proxecto.

* Calcúlanse os ingresos e os gastos do proceso produtivo.

* Realízase o estudo de viabilidade económica e financeira do proxecto.

5.Elaborar o plan de promoción e venda dos produtos ou servizos.* Analízanse as técnicas de promoción e venda dos produtos ou servizos para determinar as máis axeitadas.

* Planifícase a promoción e a venda dos produto.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Realizar traballos relacionados coa elaboración e a execución de proxectos ou plans técnicos de ordenación e repoboacións do monte.* Realízanse operacións de inventariado.

* Caracterízanse as distintas zonas do monte.

* Determínase a estación forestal.

* Selecciónanse as especies axeitadas para a repoboación.

* Analízanse as necesidades en infraestruturas.

* Particípase nos traballos de realización e conservación de devasas e vías de saca.
* Realízanse operacións de repoboación ou restauración hidrolóxico-forestal.
* Analízanse os medios humanos e materiais necesarios para as operacións de repoboación e ordenación.
* Analízanse rendementos de traballo e custos nas operacións de repoboación e ordenación.

2.Analizar procesos e realizar operacións de produción de planta forestal.* Analízanse as infraestruturas, a maquinaria e as instalacións que se empregan no viveiro de produción.

* Realízanse operacións de preparación de solos e substratos

* Realízanse operacións de sementeira e plantación.
* Realízanse operacións de fertilización.
* Aplícanse tratamentos de control sanitario.
* Realízanse operacións de regulación e mantemento das máquinas e das instalacións.
* Analízanse os medios humanos e materiais necesarios para os diferentes labores.
* Analízanse rendementos de traballo e custos das distintas operacións.

3.A nalizar os procesos e realizar operacións para a implantación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.* Analízanse as necesidades de maquinaria e equipamentos para unha empresa dedicada á xardinaría.

* Particípase na elaboración do deseño e do proxecto dun xardín.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Realízanse operacións de implantación e conservación.
* Analízanse os medios humanos e materiais necesarios para as diferentes operacións.
* Analízanse rendementos de traballo e custos das distintas actividades.

4.Analizar os procesos de control de pragas e doenzas en zonas verdes ou en masas forestais: control de malezas, poda e rareo.* Particípase na elaboración do plan de control.

* Colócanse trampas e realízase o seu seguimento.

* Realízanse as operacións necesarias para aplicar os tratamentos axeitados.

* Analízanse rendementos de traballo e custos dos tratamentos.

5.Analizar os tratamentos silvícolas necesarios para o mantemento das masas forestais.* Analízanse os procesos de control de malezas e determínanse as épocas e os medios necesarios para a súa realización.

* Analízanse as operacións de poda e rareo, e determínanse as épocas e os medios necesarios para a súa realización.

* Realízanse operacións de control de maleza, poda e rareo.

6.Analizar os procesos de aproveitamento forestal, con valoración do produto, da maquinaria e dos medios humanos e materiais necesarios.* Realízanse operacións de dasometría e valoración de produtos.

* Analízanse as necesidades de maquinaria e equipamentos necesarios para unha empresa dedicada aos aproveitamentos forestais.

* Realízanse operacións de conservación e mantemento de maquinas e equipamentos.

* Realízanse operacións de aproveitamento.
* Analízanse os medios humanos e materiais necesarios para as diferentes operacións.
* Analízanse rendementos de traballo e custos das distintas actividades.

7.Analizar os procesos de prevención e control dos incendios forestais, participando na elaboración do programa de vixilancia e realizando operacións de conservación e mantemento de maquinaria.* Particípase na elaboración de programas de vixilancia.

* Realízanse operacións de vixilancia.

* Realízanse operacións de conservación, mantemento e verificación das máquinas e equipamentos de extinción.

* Valóranse os danos ocasionados por incendios.

8.Xestionar e aproveitar os recursos relacionados con actividades de uso público e social dos montes, participando no deseño de áreas paisaxísticas e mantemento de áreas recreativas e especies de caza e pesca.* Particípase no deseño de áreas paisaxísticas e recreativas.

* Organízanse e realízanse operacións de mantemento de áreas recreativas.

* Sinalízanse e mantéñense rutas de sendeirismo.

* Contrólanse e xestiónanse visitas a espazos protexidos.

* Analízanse as tarefas de xestión e mellora dos hábitats das especies de caza e pesca.

9.Aplicar as normas de seguridade e hixiene nos traballos.* Identifícanse e descríbense os elementos de protección utilizados nas distintas tarefas.

* Analízase o cumprimento das normas de seguridade.

* Verifícanse os dispositivos de seguridade.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

-Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

-Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

-Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

-Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

-Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

-Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

-Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

-Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

-Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

-Describir o sistema de protección social.

-Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

-Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

-Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

-Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, e investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos, áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos e alumnas en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existiren prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico do alumno, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Ciencias da terra e do medio ambiente.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha empresa agrariaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

2Xestión dos aproveitamentos forestaisOperacións e equipos de produción agrariaProfesorado técnico de FP

3Xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolasProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

4Xestión silvícolaProcesos de produción agrariaProfesor de ensino secundario

5Protección das masas forestaisProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

6Instalacións e mantemento de xardíns e restauración da paisaxeProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

7Mecanización e instalacións nunha empresa agrariaOperacións e equipamentos de produción agrariaProfesorado técnico de FP

8Xestión do uso público do medio naturalProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

9Xestión e organización da produción de plantasOperacións e equipamentos de produción agrariaProfesorado técnico de FP

10Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

Ciencias da terra e do ambienteProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas; licenciado en ciencias empresariais; licenciado en ciencias actuariais e financeiras; licenciado en economía; licenciado en investigación e técnicas de mercado; diplomado en ciencias empresariais; e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos de produción agraria-Enxeñeiro técnico agrícola, en todas as súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en todas as súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m25%

Laboratorio de análises90 m60 m20%

Taller agrario150 m120 m15%

Parcela: espazo natural (1)5 ha5 ha20%

Superficie de viveiro e de xardín (1)1 ha1 ha20%

(1) Espazo singular non necesariamente situado no centro docente.

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

-O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

-Organización e xestión dunha empresa agraria.

-Xestión silvícola.

-Protección das masas forestais.

-Mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

-Xestión e organización da produción de plantas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

-Xestión silvícola.

-Protección das masas forestais.

-Mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

-Xestión e organización da produción de plantas.

-Formación en centros de traballo.

-Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

-Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades).

-Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades).

-Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades).

-Enxeñeiro técnico de obras públicas (todas as especialidades).

-Enxeñeiro técnico en topografía.

4.5. Distribución horaria.

-Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

135Xestión dos aproveitamentos forestais

135Xestión silvícola

105Protección das masas forestais

265Instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe

240Mecanización e instalacións nunha empresa agraria

4º, 5º e 6º trimestre

110Xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas

185Xestión e organización da produción de plantas

90Xestión do uso público do medio natural

90Organización e xestión dunha empresa agraria

55Relacións no contorno de traballo

Horas totaisDenominación dos módulos

75Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA