DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.336

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria das seguintes prazas vacantes, para a súa cobertura con carácter indefinido:

Acceso: libre.

Grupo profesional: 4.

Posto: técnico superior radioterapia.

Referencia: 6-TER.

Nº postos: 4.

Grupo profesional: 6.

Posto: técnico protección radiolóxica.

Referencia: 6-TPR.

Nº postos: 1.

Grupo profesional: 8.

Posto: auxiliar clínica.

Referencia: 8-AC.

Nº postos: 1.

Acceso: promoción interna.

Grupo profesional: 4.

Posto: técnico superior radioterapia.

Referencia: 6-TER.

Nº postos 1.

Grupo profesional: 9.

Posto: auxiliar sanitario e de SS.XX.

Referencia: 9-ASX.

Nº postos: 1.

Acceso: cota de discapacidade.

Grupo profesional: 4.

Posto: técnico superior radioterapia.

Referencia: 6-TER.

Nº postos: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O procedemento de selección constará de tres fases: realización de proba teórico práctica segundo os temarios expostos, a valoración de méritos segundo os baremos para cada referencia e unha entrevista persoal a cargo da comisión de selección. A proba teórica práctica realizarase como mínimo, un mes despois da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio.

As bases da convocatoria así como os requisitos de obrigado cumprimento ademais de toda a documentación do proceso pode ser consultada nos taboleiros do instituto e na súa páxina web: www.medtec.org.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.