DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a construción e explotación dun aeroclube.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Mazaricos, con domicilio na avda. 13 de abril, 59, A Picota-Mazaricos (A Coruña), teléfono: 981 86 71 04, fax: 981 85 22 17 e e-mail: correo*mazaricos.dicoruna.es.

2. Obxecto do contrato.

Concesión de parcela no monte Vaos nº 103 CUP con destino á construción e explotación dun aeroclube.

3. Lugar de execución: Vaos-Mazaricos.

4. Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso.

5. Canon mínimo: 100 euros/ano.

6. Prazo da concesión: 30 anos.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Documentación: pódese obter na dirección enriba sinalada.

9. Requisitos do contratista: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica polos medios que sinalan os artigos 16 e 18 da LCAP.

10. Presentación de proposicións: trece días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP e DOG.

11. Apertura de ofertas: quinto día hábil seguinte á finalización do prazo anterior, ás trece horas na casa do concello.

Mazaricos, 2 de decembro de 2004.

José M. Santos Maneiro

Alcalde