DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de maio de 2004, acordouse:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o plan de sectorización promovido por Ana Mª Rei Muruais, en representación de Monsa Urbanismo, S.L., en terreos de solo urbanizable de Remior, San Cosme de Barreiros, cunha extensión superficial total de 45.957 m.

Segundo.-Sometelo a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se inserirá no taboleiro de anuncios da casa do concello e se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous días consecutivos nos diarios El Progreso de Lugo e La Voz de Galicia; durante o dito período, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará o expediente na secretaría do concello á disposición de calquera que queira examinalo e formular as alegacións pertinentes, notificándose individualmente a todos os propietarios de terreos, entendendo por tales para estes efectos os que figuren no Rexistro da Propiedade e no catastro.

Terceiro.-Declarar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenza de parcelación, edificación e demolición no ámbito territorial do plan de sectorización, por canto que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente; a dita suspensión extinguirase polo transcurso do prazo de dous anos e en calquera caso; coa aprobación definitiva do plan.

Barreiros, 25 de xuño de 2004.

O alcalde

Rubricado