DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2004, da Dirección de Recursos Económicos e Servizos Xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación directa do arrendamento dunha nave destinada a almacén de produtos sanitarios e demais material consumible. (Expediente 038/2004).

A Dirección de Recursos Económicos e Servizos Xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), e modificada pola Orde do 6 de setembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 189, do 28 de setembro) da Consellería de Sanidade, e unha vez formalizados os trámites administrativos correspondentes, resolve convocar a seguinte contratación:

1. Obxecto e orzamento: arrendamento dunha nave destinada a almacén de produtos sanitarios e demais material consumible por un orzamento anual de vinte e un mil sesenta e catro euros con corenta e catro céntimos (21.064,44 A), imposto sobre o valor engadido incluído (1.755,37 euros mensuais), pagadoiros por mensualidades anticipadas.

2. Prazo de execución: un ano, a partir da data de formalización do contrato, acordando as partes expresamente que o contrato será renovable anualmente ata que o arrendamento alcance unha duración de catro anos, á vontade do arrendatario, de tal xeito que a prórroga é voluntaria para o arrendatario e forzosa para o arrendador durante o tempo prorrogable, sempre que o arrendatario cumpra con todas as súas obrigas. O contrato entenderase renovado cada ano, se polo arrendatario non se manifesta a intención de non renovar polo menos con trinta días

de antelación á data do vencemento. Unha vez transcorridos os catro anos, o contrato poderá ser prorrogado expresamente por acordo de ambas as dúas partes.

3. Documentos de interese para os licitadores: as condicións da contratación e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra, nos días laborais, agás sábados, desde as 9.00 ata ás 14.00 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo da internet: www.sergas.es.

4. Garantías: provisional: non se exixe (artigo 39 b) do TRLCAP).

5. Solvencia económica e financeira: ver condicións da contratación.

6. Solvencia técnica: ver condicións da contratación.

7. Criterios de adxudicación: os especificados nas condicións da contratación.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14.00) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez (10.00) horas do carto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achegar os licitadores: os documentos que figuran nas condicións da contratación.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Pontevedra, 1 de decembro de 2004.

Ernesto Tapia García

Director de Recursos Económicos e Servizos

Xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra