DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Álvarez Gestoso.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso interposto por Manuel Álvarez Gestoso (P.A. núm. 497/04), contra a Resolución do 6-8-2004 (DOG

nº 158, do 16 de agosto), pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, na categoría de ATS/DUE.

O recorrente pretende que se lle outorguen 35,99 puntos pola experiencia profesional acreditada no concurso da fase de selección, no lugar dos 34,575 puntos obtidos na dita epígrafe, modificando a súa puntuación total e número de orde na listaxe definitiva de aprobados desta fase.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso -administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos