DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Mª Rocío Guillán Millán.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso núm. 278/04 (procedemento abreviado) interposto por Mª Rocío Guillán Millán contra a Resolución do 14-10-2003 (DOG nº 205, do 22 de outubro) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de facultativo especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo.

A recorrente pretende que se lle incremente a puntuación obtida polos méritos de experiencia profesional e docencia posgraduada, acreditados no concurso da fase de selección, modificando a súa puntuación e número de orde na listaxe definitiva de aprobados desta fase. Así mesmo, solicita que se corrixa a puntuación outorgada a Eusebio López Mosquera Bayón na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso -administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos