DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos interpostos por José Mª Cabaneiro Cabaneiro, Mª Teresa de Jesús García Abeledo, Mª Encarnación Paz Cadabal e Guillermo Gamero Vidal.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítanse os recursos interpostos por José Mª Cabaneiro Cabaneiro (P.A. núm. 409/04), Mª Teresa de Jesús García Abeledo (P.A. núm. 408/04), Mª Encarnación Paz Cadabal (P.A. núm. 432/04) e Guillermo Gamero Vidal (P.A. núm. 431/04) contra a Resolución do 24-6-2004 (DOG nº 126, do 1 de xullo) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de médico de urxencias hospitalarias.

Mª Teresa de Jesús García Abeledo e José Mª Cabaneiro Cabaneiro pretenden que se lles incremente a puntuación obtida polos méritos de experiencia profesional e de formación (obtención do título de especialista) acreditados no concurso da fase de selección, modificando a súa puntuación e número de orde na listaxe definitiva de aprobados desta fase.

Mª Encarnación Paz Cadabal e Guillermo Gamero Vidal pretenden que se anule a resolución impugnada, ao considerar que non procede puntuar a outros aspirantes a obtención do título de especialista na epígrafe de formación, e, por conseguinte que se modifique a listaxe definitiva de aspirantes aprobados da fase de selección. Así mesmo, Guillermo Gamero Vidal pretende que se lle valoren os servizos prestados acreditados, incrementando a súa puntuación total e número de orde na listaxe definitiva da fase de selección.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos