DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Secundino Cigarrán Guldrís.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso interposto por Secundino Cigarrán Guldrís (P.A. núm. 134/04), contra a Resolución do 14-10-2003 (DOG nº 205, do 22 de outubro) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de facultativo especialista de área de nefroloxía.

O recorrente pretende que se lle valoren os méritos de experiencia profesional, formación, traballos científicos e docencia posgraduada, acreditados no concurso da fase de selección, outorgándolle un total de 141,900 puntos no lugar dos 116,300 obtidos nesta fase.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos