DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de gas natural.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministración de gas natural (CP 12/2004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 12/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de gas natural.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 24 meses, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 36.547,84 A, IVE incluído, dos cales corresponden 18.273,92 A ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 18.273,92 A ao prazo da posible prórroga (24 meses), coa seguinte desagregación por prezos unitarios máximos:

Concepto: aluguer de equipamento de medida (prezo mensual).

Importe unitario: 9,5175 A.

Concepto: prezo kW/h.

Importe unitario: 0,0395 A.

5. Garantía provisional: 365,48 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia técnica e económica, o que se acreditará polos medios establecidos na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público, o décimo día hábil seguinte ao do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas, técnica e económica.

e) Hora: 11:30 horas.

10. Outras informacións: deberá acreditarse inscrición no Rexistro Administrativo de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores Cualificados, na sección correspondente a Comercializadores, de conformidade co artigo 126 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

11. Gastos de anuncios: 700 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica