DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 28 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001/3663/03.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala Norte) da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de outubro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R001/3663/03.

Interesado: Rococo, S.L.

CIF: B-15329329.

Acto notificado: resolución.