DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2004 pola que se fai pública a adxudicación para a contratación do servizo correspondente á edición de 240.000 exemplares da Guía práctica da enerxía.

Para os efectos do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte expediente de contratación:

Concurso público para a contratación do servizo correspondente á edición de 240.000 exemplares da Guía práctica da enerxía.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descripción do obxecto: edición de 240.000 exemplares da Guía práctica da enerxía.

2.2. Publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 182, do 17 de setembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Oitenta e sete mil euros (87.000 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 4-10-2004.

b) Contratista: Editorial Compostela, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: oitenta e sete mil euros (87.000 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2004.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia