DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servizos que se cita.

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudicar o seguinte contrato:

* Contratación polo ente público Portos de Galicia da adquisición, configuración e implantación dun sistema integral de xestión de portos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: ente público Portos de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: adquisición, configuración e implantación dun sistema integral de xestión de portos.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 113, do 14 de xuño de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 285.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de outubro de 2004.

b) Contratista: Prodevelop, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 270.750 euros.

6. Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2004.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia