DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución da obra do proxecto de clave OH.215.624.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto do contrato.

Outras actuacións. Dotación de servizos de abastecemento. Rede de abastecemento de auga potable na zona: depósito-hospital-Bretal-Oleiros-Olveira. Ribeira (A Coruña).

Número de expediente: OH. 215.624.

Orzamento base de licitación. Importe total: un millón seiscentos oito mil douscentos corenta e nove euros con cincuenta e sete céntimos (1.608.249,57 A).

Prazo de execución (meses): vinte (20).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Garantía provisional: non se exixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención dos pregos de cláusulas administrativas particulares e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/ 981 95 74 27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistería Copynino na rúa Xeneral Pardiñas nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela, teléfono e fax: 981 58 89 38.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratación.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 29 de decembro de 2004.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a exixida, para o contrato do punto 2 anterior.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 29 de decembro de 2004, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: segundo o especificado no cadro de características do contrato.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura realizarase o 17 de xaneiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para o contrato indicado no punto 2 anterior.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Cofinanciamento da Unión Europea: a actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun setenta por cento (70%).

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos