DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 16 de novembro de 2004 pola que se corrixe o erro observado na publicacación no Diario Oficial de Galicia número 220, do 11 de novembro, da cédula do 20 de outubro de 2004, e se publica novamente a resolución do recurso de alzada contra resolución ditada no procedemento administrativo sancionador DH.D15.13924.

De conformidade co disposto no artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia a resolución ditada polo conselleiro de Medio Ambiente no expediente cos datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, que se considera definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous

meses contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Expediente: DH.D15.13924.

Interesado: Mª Francisca Lodeiro Neira.

Último enderezo coñecido: Codesoso, Manciñeiras, 15312 Sobrado (A Coruña).

Obxecto: recurso de alzada.

Pronunciamento: desestimar o recurso de alzada interposto por Mª Francisca Lodeiro Neira contra a resolución ditada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia con data do 24 de xuño de 2002.

Data da resolución: 6 de novembro de 2003.