DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 16 de novembro de 2004 pola que se corrixe o erro observado na publicación no Diario Oficial de Galicia número 220, do 11 de novembro, da cédula do 20 de outubro de 2004, e se publica novamente a resolución do recurso de alzada contra resolución ditada no procedemento administrativo sancionador DH.D15.8101.

De conformidade co disposto no artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia a resolución ditada polo conselleiro de Medio Ambiente no expediente cos datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, que se considera definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Expediente: DH.D15.8101.

Interesada: Asunción Feijoo Fernández.

Último enderezo coñecido: r/ Orzán, 174 (A Coruña).

Obxecto: recurso de alzada.

Pronunciamento: estimar o recurso de alzada interposto por Asunción Feijoo Fernández, contra a resolución ditada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia con data do 20 de xaneiro de 2001, no sentido de considerar o arquivo deste procedemento sancionador producido pola morte do denunciado, sen prexuízo da procedencia da iniciación dun expediente de reposición da legalidade aos herdeiros do denunciado.

Data da resolución: 9 de febreiro de 2004.