DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso, expediente anticipado de gasto, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servizo de limpeza e servizo de mantemento do sistema de extinción de incendios en centros dependentes da delegación provincial e así mesmo se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación (contrato administrativo especial) do servizo de cafetaría no Centro Social de Fene e na Casa do Mar de Ferrol, dependentes desta delegación.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar os concursos que seguidamente se citan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto:

-Exptes. 1/05 a 7/05: servizo de limpeza en diversos centros dependentes da delegación provincial.

-Exptes. 8/05: servizo de mantemento do sistema de extinción de incendios en diversos centros dependentes da delegación provincial.

-Expte. 10/05 e 11/05: servizo de cafetaría no Centro Social de Fene e na Casa do Mar de Ferrol.

b) Lugar de execución:

Exp. 1/05: Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (avda. do Mar, 35-37).

Exp. 2/05: Centro de Formación Ocupacional de Santiago (San Paio do Monte s/n).

Exp. 3/05: Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial (Fdez. Latorre, 132).

Exp. 4/05: Unidade de Acción Formativa de Ames (Alcalde Lorenzo, 12).

Exp. 5/05: Unidade de Acción Formativa de Labañou na Coruña (edif. La Herradura, 11).

Exp. 6/05: Unidade de Acción Formativa de Melide (Doutor Fleming, 2).

Exp. 7/05: Unidade de Acción Formativa de Negreira (Pena Mámoa, s/n).

Exp. 8/05: Delegación Provincial (Concepción Arenal, 7-9, e rúa Fernández Latorre, 132).

Centro Social de Corcubión (Médico Vicente Fraguela, s/n).

Centro Social de Fene (Lugar do Castro-Perlío).

Centro Social de Muros (Hospital, 21).

Centro Social da Pobra do Caramiñal (Castelao, 5).

Centro Social de Santa Comba (Ourense, s/n).

Exp. 10/05: Centro Social de Fene (Lugar de Castro-Perlío).

Exp. 11/05: Casa do Mar de Ferrol (Porto, s/n).

c) Prazo de execución:

Exptes. 1/05 a 8/05 - Dous (2) anos prorrogables por igual período.

Exptes. 10/05 e 11/05 - Tres (3) anos prorrogables por outros dous períodos de 3 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación.

a) Importe total:

Expte. nºCentroCantidade

1/05C.F.O. FerrolOitenta e nove mil vinte e seis euros (89.026,00 euros)

2/05C.F.O. SantiagoCento trinta e seis mil catrocentos dezaseis euros (136.416,00 euros)

3/05Serv. Promoción do EmpregoVinte e nove mil novecentos vinte e oito euros (29.928,00 euros)

4/05U.A.F. AmesQuince mil cincocentos sesenta e catro euros (15.564,00 euros)

5/05U.A.F. LabañouOito mil seiscentos corenta euros (8.640,00 euros)

6/05U.A.F. MelideVinte mil trescentos setenta e oito euros (20.378,00 euros)

7/05U.A.F. NegreiraDezaseis mil cincocentos sesenta euros (16.560,00 euros)

8/05Centros sociais e delegación provincialDous mil oitocentos setenta e dous euros con sesenta céntimos (2.872,60 euros)

10/05Centro Social de FeneCento quince euros (115 euros)

11/05Casa do Mar de FerrolOitocentos euros (800,00 euros)

5. Garantía.

Provisional:

Expte. 1/05-Mil setecentos oitenta euros con cincuenta e dous céntimos (1.780,52 euros).

Expte. 2/05-Dous mil setecentos vinte e oito euros con trinta e dous céntimos (2.728,32 euros).

Expte. 3/05-Cincocentos noventa e oito euros con cincuenta e seis céntimos (598,56 euros).

Expte. 4/05-Trescentos once euros con vinte e oito céntimos (311,28 euros).

Expte. 5/05-Cento setenta e dous euros con oitenta céntimos (172,80 euros).

Expte. 6/05-Catrocentos sete euros con cincuenta e seis céntimos (407,56 euros).

Expte. 7/05-Trescentos trinta e un euros con vinte céntimos (331,20 euros).

Expte. 8/05-Cincuenta e sete euros con corenta e cinco céntimos (57,45 euros).

Expte. 10/05-Non se exixe.

Expte. 11/05-Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Dirección: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña - 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01/12.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais, así como na Secretaría Xeral da Consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: será de sete días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas, deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servizo de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 2º sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ao órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4.

c) Localidade: A Coruña 15011.

d) Data: O sexto (6º) día natural seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se cadra en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador, así como número de inscrición no Rexistro de Contratistas, de ser o caso.

11. Gastos do anuncio.

Serán por conta dos adxudicatarios cun prezo de 9,75 A por liña de 18 cíceros. Esta cantidade distribuirase en proporción á contía de cada adxudicación.

A Coruña, 24 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña