DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación de Profesionais do Marisqueo a Pé de Galicia Areal.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou, o 29 de outubro de 2004, acta do Consello Rector da Asociación de Profesionais do Marisqueo a Pé de Galicia Areal, na reunión que tivo lugar o 4 de setembro de 2004, onde se reflite o acordo acadado nela, e que consiste na modificación do domicilio social da asociación, que pasa a ser na rúa Doutor Maceira, nº 24-1º C, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais