DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo de obras de construción dun campo de fútbol en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 2 de decembro de 2004, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 79/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dun campo de fútbol en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo).

b) Lugar de execución: Castro Ribeiras de Lea, Castro de Rei.

c) Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos cincuenta e cinco mil vinte e cinco euros con vinte céntimos, IVE incluído (555.025,20 A).

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 35.1º, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación: vinte e dous mil douscentos un euros (22.201 A).

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Infraestruturas Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas aos que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da internet:

(www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=4696).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo: C, subgrupo: todos, categoría: d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

A acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación:

No Rexistro de Documentos da Dirección Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou seren enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución e co prazo de garantía da obra.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Dirección Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: estadio Multiúsos San Lázaro.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario, e se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 2-8-2004)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Xuventude, Deporte e Voluntariado